Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador radio. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador radio. Mostrar todas as postagens

16 outubro, 2020

A Xanela das Fucas nº 42 (15-10-2020)

Programa  nº 42-  (15- 10-2020

  A Xanela das   Fucas   acercase o  Centro Cultural Torrente Ballester a exposición transdisciplinar colectiva Eau de femme  e entrevista a  sua   comisaria  Dulce Anca.

A través da escultura, a pintura, artesanía, fotografía, instalacións varias, do cinema, o son ou as palabras, os artistas presentes no xardín que é Eau de femme logran sacudir a nosa memoria.

32  Artistas de aquí, de Ferrol, de Bélxica, de Foz, A Coruña, Lugo, Boqueixón, San Sadurniño, Ourense ou Pontevedra, unha amálgama de voces que convidan ao espectador a experimentar   con todos os sentidos,  coma si paseásemos por un xardin.

 Cando finalmente o xardín Eau de femme se peche o domingo 18 de outubro, a revista-catálogo quedará como testemuña desta singular experiencia comisariada pola artista fenesa Dulce Anca que explica que a idea orixinal da mostra ven de vello, e na inspiración ten moito que ver a profesora Dolores Villaverde, autora de “La imagen en la publicidad y el arte” e experta na historia do perfume na publicidade.

   Dulce   falounos de como  comenzou a pintar   e como a Pinruta converteuse na sua pasión ……….. Grazas

Artistas que expoñen en Eau de femme:

Andrés Gabarres, Carolina Bouza, Daniel Caxigueiro, Dolores Villaverde, Dulce Anca, Gozalo Pérez del Castillo, Gosia Trebacz, Idoia Cuesta, Isabel Pintado, Iván Prieto, Jesús Otero Iglesias, José Gascón, Luisa Valdés, Lupe Vázquez, Luz Darriba, Manoel Bonabal, María José Leira, María Ribero, María Xosé Díaz, Michelle Williams Gamaker, Mieke Bal, Mónica Fernández, Noemí Lorenzo, Nuria Ruibal, Pablo Orza, Pitusa Arias, Reina D´hoore, Ruth Lodeiro, Soledad Penalta, Víctor G. Novás, Viki Rivadulla, Xurxo Gómez Chao.

 


  Convidadas: Dulce   Anca  e   Cristina   Sobrino  López , Serea Ventureira Fdez.

Fucas que participan:  Chelo Carballal Balsa,  Sonia Fernández Bellas,   Ana Belén Lopez   Verez.

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;  Mares igual que tú  (Amaral);

.

09 outubro, 2020

A Xanela das Fucas Nº 41

A Xanela dás fucas faise eco do 10 de Outubro día Mundial da Saúde Mental porque preto de 1000 millóns de persoas teñen un trastorno mental e calquera persoa, en calquera lugar, pode verse afectada. A pesar da universalidade e magnitude das enfermidades mentais, a diferenza entre a oferta e a demanda de servizos de saúde mental segue sendo considerable e son relativamente poucas as persoas que teñen acceso en todo o mundo a servizos de saúde mental de calidade. A estigmatización, a discriminación e os atentados contra os dereitos humanos das persoas con afeccións de saúde mental seguen sendo frecuentes. No caso da muller é aínda mais grave a situación xa que se une á condición de persoa cun diagnóstico de saúde mental o feito de ser muller e vivir nunha sociedade onde a presión sobre as mulleres pola maternidade, a sexualidade, o ser para os demais e o coidar gratuitamente segue sendo habitual. Ás mulleres séguesenos educando no ser para os demais, en estar para todo, edúcasenos na submisión, no canto de en a defensa dos nosos dereitos. Ás nenas dificúltaselles a aprendizaxe de habilidades básicas para a vida como ter seguridade persoal, tomar decisións, ser independentes e autónomas e ser asertivas. Naturalizamos as relacións de dominación e subordinación aos homes. Todas estas circunstancias e, ademais, ter que cumprir cos mandatos de xénero (todo o que se espera dunha muller) fai que en moitos casos se desenvolva unha alteración da saúde mental. Audios: Salud mental y mujer , Video resumen jornada, mujer y salud. Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa, Sonia Fernández Bellas, Eva Tizón Bouza A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova) ;

04 setembro, 2020

 Programa  nº 39 -  (3- 9--2020)


A Xanela das Fucas convida a Mho Dueñas, artista de Martorell  que xunto con outros 29 creadoresparticiparán no evento anual de arte urbana, Las Meninas de Canido, que se celebrará esta fin de semana en Ferrol.
Mho cóntanos por que comezou a pintar, como desenvolveu un proxecto de creación artística que inclúe a varios artistas da cidade de Martorell.Nesta edición ten previsto repintar un dos seus traballos anteriores entre o xoves e o domingo. A nova creación quere facer reflexionar ao espectador sobre as mulleres como obxecto de intercambio ao longo da historia.Dueñas participa desde 2015 neste certame que o artista local Eduardo Hermida creou en 2008 para intentar frear a degradación do seu barrio, Canido. Un evento que, ano tras ano, convida a artistas de todo o mundo a reinterpretar un dos cadros máis coñecidos do museo do Prado, Las Meninas, de Velázquez.

Durante a entrevista falounos   de moitas   cousas e  tamén compartiu as súas experiencias cunha muller nova, Seara, que este ano iniciou as súas clases de pintura ... ..

Mho non deixes de vir todos os anos e aporta as túas reflexións sobre a arte, sobre as mulleres e sobre a vida ...

 Convidadas:  Mho   Dueñas ,  Seara Ventueira Fdez

Fucas que participan:  Chelo Carballal Balsa,      Sonia Fernández Bellas,  Eva  Tizón   Bouza

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;    I put a spell on you  (Angelina Jordan ); Na  Szczycie ( Grubson ); Lost  on you (LP Song 2016); Tempestades  de sal   (Ses). 





14 agosto, 2020

A Xanela das Fucas Nº 38 ( 13-8-2020)


Programa  nº 38 -  (13-8--2020)
Na Xanela dás Fucas convidamos a Ana Jesús López por varios motivos: por ser proposta polo Consello dá Muller de Ferrol para a medalla Emilio Pardo Bazán, por ser unha das autoras do informe que presenta os resultados obtidos dunha enquisa promovida por AMIT sobre o Sexenio de Transferencia da universidade e tamén porque é a nosa amiga coa que participamos nos últimos anos en distintos proxectos e sempre aprendemos coa súa compañía.
 Como é habitual nela, fai unha valoración do proceso de concesión do sexenio de transferencia , desde unha perspectiva de xénero. Reflexiona sobre o rumbo mercantilista de maneira que non se recoñece o que non xera relacións entre empresas ou con institucións públicas e tampouco se recoñece o que non está cuantificado en ingresos "novos" para as universidades ou para os investigadores. –
 O resultado reflicte unha desigualdade estrutural que vén de lonxe, pregúntase cal é o período de avaliación solicitado, seguramente toda a carreira no caso de moitas persoas. As mulleres estiveron excluídas dese mercado de conectividade academia-mundo real, moitos homes venderon o seu coñecemento e agora recoñécenllo. Fixan as regras do xogo a metade da partida.
 Comenta distintos exemplos de traballos de investigación de gran proxección social, pero non foron valorados `por non ter proxección económica.
 Despois de moito insistir, conseguimos que nos falase dos seus traballos como profesora investigadora: Aplicación do técnica láser á restauración e conservación do patrimonio. Sorprendentemente foron moi pouco valorados en canto ao sexenio de transferencia aínda que se este moi valorados como investigación punteira a nivel internacional.
Moitas grazas  polo teu  traballo  de  anos …..de facilitar o encontró con moitas mulleres.

Convidada:  Ana Jesús Lopez Díaz
Fucas que participan:  Chelo Carballal Balsa,   Laura  Couto  Vilches,     Eva   Tizón    Bouza.
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;    Voy   en coche   ( Cristina   y los Subterraneos )   Girls Just Want  to  Haven   Fun    ( Cyndi  Lauper

20 junho, 2020

A Xanela das Fucas programa nº 36





Programa  nº 36 -  (18- 6--2020)
Despois dos  meses   do aillamento    a   Xanela    das Fucas regresa para compartir    algún evento  sucedido .
Cada ano, o 28 de maio lémbrase como o Día Mundial de Acción pola Saúde das Mujeres, para, difundir e reivindicar o dereito de toda muller a gozar dunha saúde (sexual, mental, reprodutiva...) de calidade e gratuíta. Este ano non tubo unha celebración ou evento público tan especial  coma outros anos,  debido á pandemia que azouta a toda a humanidade
Esta crise afecta as mulleres de maneira moi relevante en varias dimensións: os coidados (esenciais para abordar a pandemia) recaen maioritariamente nas mulleres, que asumen maior carga nas tarefas domésticas e o coidado de menores, en particular co peche dos colexios; nun contexto de eventual destrución de emprego, as mulleres parten dunha situación de desigualdade no mercado de traballo e a violencia de xénero vese agravada en contextos de confinamento como o actual, nos que as mulleres ven obrigadas a convivir co seu agresor.
Desde o noso programa queremos facer recoñecemento a tantas e tantas mulleres que estiveron e están a traballar en primeira liña de batalla nesta crise sanitaria.
 Tampouco queremos esquecer as últimas palabras de George Floyd, un home de 46 anos que morreu despois de que un oficial de policía de EE. UU. inmobilizáseo, presionando o xeonllo contra o seu pescozo durante case nove minutos. Por iso poñemos de manifesto na voz de Desiré 5 exemplos de Microracismo no noso país .

Fucas que participan:  Chelo Carballal Balsa,   Laura  Couto  Vilches,   Sonia Fernández Bellas,   Eva   Tizón    Bouza.
Audios:    5 ejemplos de Microracismos (Desiré), 28  de Mayo día internacional por la salud de las mujeres,   Arresto  e norte      de George  Floyd, Racismo.  
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;      Respect (Aretha   Franklin) .

07 março, 2020

                                        


FILISPIM  VAI  AO  CRA VALDOVIÑO  (6-3-2020)


Un grupo de mestras invitáronnos a que visitásemos o CRA Valdoviño. Un compañeiro, mestre, e amigo persoal delas, prepara conxuntamente con elas a escaleta e alí ímos.

Coa ilusión e á vez o vértigo de “unha primeira vez”, mestras, concelleira@s  nenas e nenos enfróntanse aos micros.

Este mes é o mes de solicitude de matriculas polo que elas queren ofrecer o seu proxecto educativo ás familias da zona.

Invitaron tamén a nais implicadas neste proxecto , que puideron confirmar a idea do que supón ofrecer un “ambiente preparado” para “promover a independencia” do nen@ na exploración e o proceso de aprendizaxe. A liberdade e a autodiscuplina que fai posible que cada participante atope actividades que dean resposta ás súas necesidades evolutivas.
Participamos como preparaban un almorzo saudable con froitas do momento á vez que nosoutr@s tamén gozamos dun delicioso café.

Puidemos comprobar como o que sabemos das teorías educativas alternativas,  aquí lévano á práctica co entusiasmo e a crenza de que a súa profesión é unha parte moi importante da súa vida.
 O tempo  se nos quedou corto  quedando  moitas  preguntas  pendentes  de  responder…. polo que QUEREMOS  QUE VEÑAN  un   día a   Canido  o  noso estudio     e    continuar   disfrutando  dos  seus  proxectos….
Convidad@s: Rosana García Lopez; Alberto  Gonzalez Bello;  Lucía  Leira  Martinez;  Vanesa Muiño  Rodriguez;  Ana Cristina Perez Campos;  Maria  Rodeiro Casas.
 Concelleira@s: Rosana García Lopez;  Benito  Vega  Fernadez;
 Redactor@s  Radio   Filispim: Antonio,   Cesar,  Chelo, Fran, Jorge,  Vicente.
A música que escoitamos:   Bule   bule    ( Paco  Nogueiras);   Baldomero ( Pacolas); Xoaniña   (  Orquesta Pantasma );   Isto bailase  asi ( Uxia Lambona)   O Mar (  Magin Blanco ); Marcho  que teño que marchar ( Magin Blanco).



15 fevereiro, 2020

    A  Xanela  das Fucas   Nº  34  ( 13-2-2020)


A Xanela  das Fucas,  convida  a ASCM  unha entidade sen ánimo de lucro que ten como obxectivo prioritario a plena inclusión das persoas con discapacidade.
Iniciou a súa traxectoria en 1987  sendo    declarada como Entidade de Utilidade Pública pola Xunta de Galicia no ano 2010.
A chave é sensibilizar á cidadanía sobre a riqueza das distintas capacidades existentes na sociedade. Porque todos somos persoas con algún tipo de discapacidade nalgún momento da nosa vida, xa sexa temporal o permanentemente… E porque é unha realidade que pode cambiar unha vida nun só intre: un accidente laboral, doméstico ou de tráfico poda mudar a nosa realidade e   o xeito de ver as cousas.
 Esther  e Elba  nos responderon a un  grupo de  preguntas dende  o uso do termino de  discapacidade e  o termino de   diversidade  o que lles  aporta a asociación  o  nivel  de autonomía  no eido familiae  as  dificultades na formación  nos  distintos  niveis educativos….    E  as suas vivencias personais ….
  O tempo  se nos quedou corto  quedando  moitas  preguntas  pendentes  de  responder…. polo que volvermos a convidadlas   …..  sin lugar a dudas…
Convidadas:     Elba  de la Barrera  Agullo, Esther   Martinez   Bouza 
Fucas que participan:  Chelo Carballal Balsa,   Laura  Couto  Vilches,   Sonia Fernández Bellas,  Ana Belén López Verez, 
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;    Las que se ponen bien la falda ( María José);  Que bonito (Soraya); Somos una marea de gente (Macaco).

04 outubro, 2019

A Xanela das Fucas Nº 27-b

Programa  nº 27-b-  (3-10-2019)


A Xanela dás Fucas  recibe a   Chelo   Facal Casado  quen   inaugurará este venres unha exposición de pintura e escultura na que mostrará unha selección da súa obra máis recente no  ateneo  Ferrolan .

As pinturas -óleos e acrílicos, fundamentalmente-,  son de corte figurativo e fusionan os aspectos máis impulsivos dos seus inicios co maior grado de reflexión e precisión técnica alcanzados nas súas etapas posteriores.
Nos encontramos  con unha   muller  de apariencia muy fraxíl,  un  sorriso   que te desarma  e unha profundidade de  pensamento que te cautiva e  desexas  que non pare de falar.
Titula  esta exposición:  “Un mundo de luz  un mundo de  cores”, nos comenta   cando hay luz  os corazons  non  se endurecen.

A súa traxectoria valeulle   distintos  recoñecementos como o Premio Internacional de Cerámica do Museo Pazo Módena (Italia, 2003),  entre outros.

Convidada:  Chelo  Facal  Casado

Fucas que participan:    Chelo Carballal Balsa,     Sonia Fernández Bellas,   Eva   Tizón    Bouza.
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;
Desde que te perdí, ( Kevin  Johason); Pedro Navaja (Ruben Blades);  A  Galopar (Paco Ibañez e Rafael Alberti

09 agosto, 2019

A Xanela das fucas nº 26


A Xanela dás Fucas  recorda que este   5 de Agosto cumprironse   80 anos dos fusilamentos de 'As Trece Rosas' .
O ditador mandou executar a 13 mulleres de entre 18 e 29 anos pola súa militancia na JSU (Mocidades Socialistas Unificadas) e a defensa da legalidade do goberno da República tras a Guerra Civil.
 Os arrestos destas mulleres tiveron lugar entre maio e xuño do 39, baixo cargo de reorganizar e pertencer ás JSU. En concreto, estiveron presas no recinto das Ventas durante semanas, acusadas por "adhesión á rebelión".
 O 29 de xullo dese ano,, asasinaron o comandante da Garda Civil, Isaac Gabaldón, á súa filla e ao seu chofer. A sentenza do Consello de Guerra só tardou cinco días en chegar: pena de morte para as 13 mozas. Os fusilamentos só tardaron 48 horas en realizarse. De madrugada, foron conducidas en camións ao cemiterio madrileño da Almudena de Madrid, onde se lles disparou. A día de hoxe, unha placa lémbralles na tapia do campo santo: "As novas chamadas 'Trece Rosas' deron aquí a súa vida pola liberdade e a democracia o día 5 de agosto de 1939.  Ese día  tamen foron fusilados  43 homes dos cales 15 eran menores de edade.
Estos   son os nomes   das   fusiladas Carmen Barrero Aguado, modista. 20 anos;  Martina Barroso García. modista. 24 anos;    Blanca Brisac Vázquez, pianist,  29 anos;    
Pilar Bueno Ibáñez,  modista, 27 anos; Julia Conesa Conesa, modista. 19 anos; Adelina García Casillas, activista,  19 anos;  Elena Gil Olaya, activista,  20 anos;   Virtudes  González García, modista,  18 anos;   Ana López Gallego, modista, 21 anos;  Joaquina López Laffite,  secretaria, 23 anos;  Dionisia Manzanero Salas, modista,  20 anos;   Victoria Muñoz García. Activista. 18 años.   

Convidada:  Cristina Sobrino  López    quen realizou esta  ilustración mentras  escoita o programa . 
Fucas que participan:    Chelo Carballal Balsa,     Sonia Fernández Bellas,  Ana Belén López Verez, Eva   Tizón    Bouza.
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;
Canción  inspirada na  carta que Julia Conesa escribeu  a su familia pouco antes de ser asesinada( Francisco Narváez).
Diversos  audios  de  distintos testimonios de mulleres que  compartiron a militancia e  a situación de presas no recinto  das Ventas. 

12 julho, 2019

A Xanela das Fucas programa Nº 25



Programa  nº 25-  (11-7-2019)
A Xanela dás Fucas recibe as  profesionais   que puxeron    en marcha  a  Biblioterapia  ( lecturas   saludables)  na Area Sanitaria de  Ferrol. 
Consiste no uso da lectura cun obxectivo terapéutico (libros de autoaxuda) ou de desenvolvemento (novelas). Recórrese a ela principalmente para apoiar o tratamento de trastornos mentais e problemas emocionais e para promover a saúde mental.

 Ter acceso aos libros recomendados pode axudar a usuarios  e familiares a entender mellor e afrontar os problemas de saúde, así como a mellorar o seu benestar.

E  un proxecto galego  promovido pola Axencia de Coñecemento en Saúde e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, coa colaboración da Rede Galega de Bibliotecas, colexios profesionais e sociedades científicas, asociacións de pacientes e expertos en saúde e literatura.

Esta  baseado na evidencia científica e cocreado con    doentes  e expertos. Consta de 142 libros recomendados ,  de  distintas temáticas,  e  distinto  contido ,  dende a autoaxuda,  a   novela  ou os  comics.

  Eva   Tizon   Bouza  na   sua  doble condición de  integrante  da Xanela das Fucas e profesional activadora  na   Area Sanitaria de Ferrol  deste proxecto,   foi quen fixo  posible  esta participa neste programa.

  Convidadas:  Bea Casal, de Avalia-t,   cocreadora   de  biblioterapia. Uxía Gutiérrez Couto, bibliotecaria do Hospital Arq. Marcide, responsabel  do  proxecto   na área de Ferrol, Elena Quintela Varela, enfermeira   do  Centro de saude  de Narón, especialista en Enf. Familiar e Comunitaria,

Fucas que participan:   Ana  Amigo  Ventueira, Chelo Carballal Balsa,     Sonia Fernández Bellas,  Ana Belén López Verez, Eva   Tizón    Bouza.
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;
Girasoles  ( Rozalen ) ;  Abriendo puestas  ( Gloria Estefan)   


10 junho, 2019

A Xanela das Fucas programa nº 24 ( 6-6-2019)




A Xanela dás  Fucas  entrevista a    Helena de  Alfonso,    compoñente   do proxecto    Barahúnda,    que  o día  7  desde  mes  presentará  en Ferrol o seu novo traballo   “Onde  vai o mar”  que   culmina   20  anos  do “universo  Barahúnda”.

A  entrevista  foi  unha  continuación  da  sua música,  todo  rezuma  sabor Atlantico,   lugar desde donde  foi creado. 
E imposible deixar de   escoitar a sua  voz ,  cantando ou  contándote como  foi o proceso de creación  dos temas  a o largo deste anos…..dende  a investigación de pezas do romancero tradicional  español, de cantigas galaico potugueas a jarchas arábigo-anadaluzas, pasando polas sefardíes…..
 Ahora nos   mostran 20  anos    que cristalizan neste traballo   gravado   durante o ano  2018,  coma  unha auto-producción realizada por un grupo de persoas  dirixidas por   José  Lara  Gruñeiro e  Helena  de Alfonso que  crearon  o proxecto Barahúnda nun momento dado en  Madrid  pero un dia chegaron a Rianxo   e   xa votaron raíces  ali…
  Recorda con nos lugares  emblemáticos   donde  actuaron en Madrid… .e  que ahora xa non  existen…..e  alaba    espacios  que   apostan co compromiso ca cultura …. como  Artabria onde   actuaran tamen    xunto con unha  boa  anfitriona    como e Maria Manuela…..
Grazas   Helena…queremos seguir  sendo acariciadas   pola tua voz….

  Convidada:  Helena  de Alfonso

Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa,   Laura  Couto  Vilches,   Sonia Fernández Bellas,  Ana Belén López Verez,
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;   Onde  vai o mar  ( Barahúnda); Vento do mare ( Barahúnda).

08 março, 2019







Resumen do programa  nº 21.-  (7-3-2019)
    A Xanela das FUCAS o día antes da gran manifestación   decide    que e importante  asomarse a xanela   e dar a coñecer os eventos do día seguinte   e falar de porque e importante este día  e  os motivos  da  manifestación.
    Falamos sobre a manifestación  do día  3 en Lugo   (Unitaria   en  Galicia)  e os eventos realizados no  día  de hoxe  a si   coma  as xornadas  de prostitución organizada polo noso colectivo celebrada no Campus Universitario de Ferrol, a entrega do  XI Galardónen 8 de Marzo a Rebecca Atencia, o tributo ás mulleres que protagonizarón a Revolta das Pedras e todo o traballo que Gallegas 8 M Ferrolterra desenvolveu estes meses,  anteriores a 8 M.
   Convidamos a  Mercedes Lomba Lamas participante  no  8M e promotora da Plataforma de Ferrolterra na defensa das pensións públicas. Ela díxonos sobre a dobre situación de discriminación sufrida por as pensionistas galegas. Galicia é a segunda comunidade en España onde son as máis baixas. Animo Mercedes, eres  moi necesaria.
      Damos  conta    dos eventos que se celebrarán o día 8 e  seguintes.
 Convidada:  Mercedes Lomba   Lamas
Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa,   Laura  Couto  Vilches,   Sonia Fernández Bellas,  Ana Belén López Verez,   
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;
  Vai ti,   vou  eu,  vai  ela,   (Mariel Norat Deza);   Hemisferios (8 mulleres, 8 voces,  8 marzo);    cuña   de Radio Filispim  convocando a    manifestación  e a folga


Related Posts with Thumbnails