Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Fundaçom Artábria. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Fundaçom Artábria. Mostrar todas as postagens

24 novembro, 2014

FilispiM vai a Fundaçom Artábria, 21/11/2014 (audio)

 FilispiM vai a Fundaçom Artábria (21/11/2014)
O Colectivo Opaíí! apresentou unha nova edición do ciclo "Filispim vai...".
"Filispim vai... á Fundaçom Artábria", un programa especial adicado á mítica asociación cultural da lingua, realizado ao vivo dende o seu local social, na Travesía de Batallóns, 7 - Esteiro (Ferrol). Ademáis contamos coa música de Oscar Fojo e Fausto.
A gravación ao vivo do programa especial, tivo lugar o venres, sexta feira, 21 de novembro de 2014 entre as 20:00 e as 22:00 h. Agora, oférecémosvos o audio evento, dúas horas de radio ao vivo, coa intervención de moitas persoas relacionadas directa ou indirectamente coa Fundaçom Artábria.
O ciclo de programas "Filispim vai..." é unha outra aventura do Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, para achegar o medio libre e comunitario aos colectivos e espazos sociais da nosa contorna.

Podes ver aquí algunhas imaxes do evento: https://www.facebook.com/radiofilispim.opaii/

21 novembro, 2014

FilispiM vai á Fundaçom Artábria. Gravación ao vivo este venres, as 20:00 h. no local social de Artábria.

O Colectivo Opaíí! apresenta unha nova edición do ciclo "FilispiM vai..."

FilispiM vai... á Fundaçom Artábria. Programa especial adicado á asociación cultural, realizado ao vivo dende o seu local social, na Travesía de Batallóns, 7 - Esteiro (Ferrol), perto da Biblioteca do Patín. Coas actuacións especiais dos músicos Oscar Fojo e Cächi Xefe Indio.

Acude a gravación en vivo do programa especial, este venres 21 de novembro entre as 20:00 e as 22:00 h. (prégase achegarse con antelación).

E, ao día seguinte, sábado, ás 19:00 hr. escoita a emisión do programa en Rádio FilispiM, 93.9 FM (para todo o mundo vía streaming, en: http://opaii.blogspot.com/).

O ciclo de programas "FilispiM vai..." é unha outra aventura do Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, para achegar o medio libre e comunitario aos colectivos e espazos sociais da nosa contorna.

FilispiM vai; vén ti!

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/558781240920348/?pnref=story

03 novembro, 2014

15 anos da Fundaçom Artábria, documentário (cortes 4, 5 e 6)


Continúan os ecos da apresentación, o pasado 24 de outubro de 2014, do documentario "15 anos da Fundaçom Artábria". Neste boletín informativo da FilispiM oferecémosmos tres novos cortes de audios gravados durante o acto da apresentación nos cinemas Dúples de Esteiro-Ferrol.

Aproveitamos para confirmar a celebración do vindeiro programa especial "FilispiM vai..." no local da Fundaçom Artábria, o venres 21 de novembro de 2014, entre as 20:00 e 22:00 h. A gravación do programa será pública e a entrada de balde. Ampliaremos info neste mesmo blog, en breve.







Redacción Informativos da Rádio FilispiM.

26 outubro, 2014

Apressentouse o documentário "15 anos da Fundaçom Artábria".

Dentro das atividades do seu XVI aniversário a passada sexta-feira, 24 de outubro, às 20.00hs, os cinemas Duplex de Ferrol acolherom a estreia do documentário "15 anos da Fundaçom Artábria". A entrada foi livre até que se completou o aforo.
Este projeto audiovisual estivo financiado popularmente através de umha campanha de crowfunding, que permitiu recolher os fundos necessários para levar adiante este trabalho.
No documentário participam ativistas que realizarom trabalho na Fundaçom Artábria desde a decáda de 90 até o dia hoje, dando umha visom histórica dos 15 anos, que já som 16, da entidade. A obra que se apressentou vai ser editada em formato DVD com umha versom extendida que contará com subtítulos em diferentes línguas entre elas catalám, inglês ou castelám.
O documentário foi realizado por Xosé Antom Moure, ganhador do Mestre Mateu 2008, ao melhor programa de televisom galego.

Boa parte do tecido cultural e social da cidade acudiu à estreia. Foi o caso da AC Fuco Buxán, o Ateneu Ferrolano, Medúlio, Rádio Filispim, CNT, Associaçom de Vizinhança de Esteiro, Esquerda Unida, NÓS-Unidade Popular, AGAL ou BRIGA.
Nos informativos da Rádio FilispiM, livre de Ferrol, oferecémosvos umha serie de mini reportagems coas vozes que protagonizan o documentário, gravadas a passada sexta feira no descorrer da súa apressentaçom nos cinemas Duplex de Esteiro-Ferrol... 



Informou o Pequeno Monstro,
Informativos da Rádio FilispiM, livre de Ferrol.

11 fevereiro, 2013

NOVAS LOCAIS. 15 anos da Fundaçom Artábria: Proxecto documentario.


15 anos da Fundaçom Artábria: proxecto documentario.
"Son xa 15 os anos que vén de cumprir a Fundaçom Artábria na nosa comarca, polo que pensaron que ben merecen unha pequena retropectiva e a plasmaçom de todo ilo nun documentario que fique para a historia dos movimentos sociais galegos. Nese documentario haverá entrevistas, material de arquivo e inédito sobre a historia da Fundaçom Artábria.
O orzamento dese traballo documental é de 5000 euros e para ilo na Asociación puxeron en marcha unha campaña de financiamento do mesmo ao través da plataforma VERKAMI. Todas as persoas que contribúan recibirán un agasallo, mesmo un exemplar do DVD co documentario.
Na metade do tempo que se propuxeron para acadar o propósito acadaron o 50 % do presuposto, polo que te convidan a participar e contribuir a fazer realidade este documento audio-visual dos 15 anos de vida da Fundaçom Artábria. Podes participar dende unha aportación de tan só 5 euros.
Ficades coas verbas de Vitor, un dos integrantes da Fundaçom Artábria quen estes días pasou polo programa de Rádio FilispiM, Divetimento para pequenos monstros... "

Ir a descargar

+ info do proxecto en: artabria.net
Related Posts with Thumbnails