Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador lactancia. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador lactancia. Mostrar todas as postagens

14 outubro, 2013

Novas Locais. O Casino Ferrolano non quere saber nada de tetas.

Hai cuestións que van máis aló dos usos e costumes de entidades privadas coma o Casino Ferrolano e até do recollido nos seus Estatutos. Así o considera a asociación BBTTA de Narón, que estes dias recibiu unha denuncia dunha familia afectada pola prohibición do Presidente do Casino de amamantar a un bebé nun recuncho da coñecida coma "pecera". Como resposta, nun acertado comunicado, BBTTA convida ao seu Presidente a permitir a impartición dunhas xornadas sobre lactancia dentro do Casino, organizadas pola propia asociación de fomento da lactancia. Ditas xornadas estarían dirixidas á Directiva da entidade, socias e socios e calquer interesado en xeral. Según puido saber a redacción dos informativos de Rádio FilsipiM, ao non se ter dado resposta ao oferecemento de BBTTA, esta vén de reiteralo cun segundo comunicado que transcribimos deseguido: 
"Boas tardes. Dende a asociación BBTTA dirixímonos a vostede para facerlle saber que, todo o incidente acontecido causou un gran malestar na comunidade de nais lactantes de Ferrolterra.
Varios días despois do sucedido todavía non obtivemos ningunha resposta pola súa parte. Nin disculpas públicas á familia, nin unha explicación aclaratoria de todo o sucedido, nin unha resposta ó comunicado que emitimos dende a nosa asociación.
Polo tanto, pedímoslle que nos conteste dalgún xeito, afirmativa ou negativamente, á nosa proposta, na que plantexamos unha sinxela charla de información sobre lactación materna nas súas instalacións.
Un saúdo. BBTTA Narón" (luns, 14 de outubro de 2013)

O certo é que son moitas xa as voces que, nas redes sociais, reclaman coma resposta ao silencio unha tetada masiva no exterior da particular sociedade ferrolá, fronte a "pecera".


Redacción Informativos Rádio FilispiM.

12 outubro, 2013

DIVERTIMENTO - Casino Ferrolano (Talibano) - Entrevista a Roger de Flor, apresentando o seu novo álbum xunto a "Os Silvestres".


Divertimento para pequenos monstros, edición do venres 11 de outono de 2013. Dúas horas de monstrosos contiúdos...

- Contacto telefónico con Ana Fernández de BBTTA-Narón quen nos fala da situación que se deu esta semana no Casino Ferrolano ao prohibir o Presidente de dita sociedade a unha socia, utilizar a sá coñecida coma "pecera" para a lactancia dunha crianza de tan só tres meses.


- Entrevista ao autor pop Roger de Flor (Rogelio Arias), quen apresenta o seu novo cedé realizado xunto a formación Os Silvestres, "Hai un Lugar no Norte". Máis dunha hora de música e de agradábel conversa co autor de Limodre (Fene).

Conduce: André "Pequeno Monstro".

Emisión: Rádio FilispiM (Ferrol), Rádio Kalimera (Compostela) e Cuac FM (Corunha).

+ info http://pequenosmonstros.blogspot.com 

07 outubro, 2013

DIVERTIMENTO - Especial lactancia: Asociación BBTTA - Axenda concertos - Ultima hora: desafiuzamento o luns en Cabanas


Divertimento para pequenos monstros, emisión do venres 04/10/2013. Dúas horas de monstrosos contiúdos...

Especial Asociación BBTTA.
- Isaura González, matrona, falou dos inicios de BBTTA no 2005.
- María Barrio, falou do que a levou a BBTTA cando ainda estaba embarazada.
- Semana Mundial do Aleitamento Materno, actividades organizadas por BBTTA en Narón.
- BBTTA na procura dun cambio do paradigma na sociedade canto a crianza dos fillos e fillas.

...e ademáis, música en directo, no estudio, con Sabela González na guitarra e voz.

Nos últimos 30 minutos do programa escoitamos:
- Axenda de concertos.
- Chamada de urxencia de Stop Desafiuzamento convocando ante un desafiuzamento no veciño concello de Cabanas o luns 7 de outubro de 2013.

Conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Conduce charla de lactancia: Ana Fernández, integrante de BBTTA.

Audio chamado de urxencia ante desafiuzamento este luns en Cabanas:
 
Related Posts with Thumbnails