Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Conspirando. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Conspirando. Mostrar todas as postagens

09 abril, 2018

Escoita o programa especial do X Conspirando por umha Rádio Livre


O pasado xoves 29 de marzo, o Colectivo Opaii! – Rádio FilispiM celebrou a X edición do “Conspirando por unha radio libre” coa actuación de Oscar Fojo, compositor e letrista de “El Viejo Caracol” , “Blah!” e integrante das míticas bandas locais: Zinza, Morecegos, Retobato e Os Derradeiros. Actualmente, ultima a gravación do seu primeiro disco en solitario, “De ventos e lúas”.

Dende as 12:00 do mediodía, a radio libre e comunitaria de Trasancos  apresentou a toda a comunidade o seu novo estudio no Centro Cívico do bairro alto de Ferrol, Canido. Ademáis, no transcurso do festival houbo radio ao vivo con entrevistas, photocol, sorteo de camisolas de Rádio
FilispiM e riquísimos petiscos...


Contas do X Conspirando por umha Rádio Livre do 29-03-2018

Pedimos colaboraçom e participaçom para realizar o VIII Conspirando por umha Rádio Livre a grupos, ouvintes, soci@s, público, e ajudar à financiaçom da rádio sem ter que depender de ninguem nem estar subordinadas a nadasomos livres graças a vos.
 
Aquí tendes as contas do VIII Conspirando por umha Rádio Livre que se celebrou este ano 2018:

30 março, 2018

X CONSPIRANDO POR UNHA RADIO LIBRE, xoves 29 de marzo , 12:00 am, Centro Cívico Canido (Ferrol).


CONSPIRANDO POR UNHA RADIO LIBRE, este xoves en Canido.
Este xoves 29 de marzo, o Colectivo Opaii! – Rádio FilispiM celebrará a X edición do “Conspirando por unha radio libre” coa actuación de Oscar Fojo, compositor e letrista de “El Viejo Caracol” , “Blah!” e integrante das míticas bandas locais: Zinza, Morecegos, Retobato e Os Derradeiros. Actualmente, ultima a gravación do seu primeiro disco en solitario, “De ventos e lúas”.

Dende as 12:00 do mediodía, a radio libre e comunitaria de Trasancos apresentará a toda a comunidade o seu novo estudio no Centro Cívico do bairro alto de Ferrol, Canido. Ademáis, no transcurso do festival haberá radio ao vivo con entrevistas, photocol, sorteo de camisolas de Rádio FilispiM e riquísimos petiscos...

Se ben o “Conspirando” se emitirá no 93.9 da FM, o Colectivo Opaii! convida a todas a sumarse á festa da radio libre no Centro Cívico de Canido.

Rádio FilispiM, nacida libre.
--
Audio promo X Conspirando:

Colabora na autoxestión de Rádio FilispiM: Triodos Bank, ES06-1491-0001-2120-2936-2023. Titular: Colectivo OPAíí!! [Ondas Para Activación Información Independente - Rádio Filispim].

04 abril, 2017

IX Conspirando por umha Rádio Livre - Cunha Promo

Este Joves 13 de Abril, ven celebrar com nós a novena ediçom do Conspirando por umha Rádio Livre.
Participa na autogestiom da livre e comunitária da Terra de Trasancos e do Ateneo Ferrolán, vindo á Sessiom Vermú que celebraremos no Ateneo a partir das 12 do meiodia, com a actuaçom de Eugenia Sanmartín.
Já à noite, a isso das 10h., na sala Super8, disfrutaremos do clássico concerto "Conspirando por umha Rádio Livre" com as actruaçons do grupo de "música Surf" KANALOAS e o de "Rap&Roll" SOKRAM.
Lembra, este Joves 13 de Abril, toca conspirar por umha rádio livre, Rádio FilispiM.

05 abril, 2016

As contas do VIII Conspirando por umha Rádio Livre


Pedimos colaboraçom e participaçom para realizar o VIII Conspirando por umha Rádio Livre a grupos, ouvintes, soci@s, público, e ajudar à financiaçom da rádio sem ter que depender de ninguem nem estar subordinadas a nada, somos livres graças a vos.


Aquí tendes as contas do VIII Conspirando por umha Rádio Livre que se celebrou este ano 2016:




04 abril, 2016

VIII Conspirando por unha radio libre_Radio FilispiM, xoves 24/03/2016 (audio)

Espejos y Diamantes conspirando

Gravación do VIII CONSPIRANDO por unha radio libre, celebrado o xoves 24 de marzo de 2016 na sá Super8 de Ferrol, pola autoxestión da Rádio FilispiM, coas presentacións, entrevistas filispinas e concertos de Alberto Knox, Espejos y Diamantes e Blah! (Oscar Fojo).

Grazas aos grupos, artistas e xente que colaborastes!!!



Toma de son: Jorge Mirancos.
Edición e montaxe: Pequeno Monstro.

Escoitao en diferido este domingo ás 18:00 h. na Rádio FilispiM, 93.9 FM

25 março, 2016

VIII Conspirando por umha Rádio Livre


O VIII Conspirando por umha Rádio Livre, será o joves 24 de Março de 2016 às 22h:00hs. na Sala Super8 de Ferrol.

Com as atuaçons das bandas ferrolás:
ALBERTO KNOX
BLAH!
ESPEJOS Y DIAMANTES

Petiscos, Photocall e sorteio de camisolas filispinianas, e para rematar a festa, pinchada de ANDRÉS (Alarido Mongólico).

A entrada será de 5€ e destinarase integramente para a autogestom da Rádio Livre e comunitária da Terra de Trasancos, Rádio FilispiM.

23 março, 2016

A historia do Conspirando por unha radio libre, da I á VI edición - Divertimento (26/03/2009, Rádio FilispiM)

Imaxe do VI Conspirando, 9/4/2009. Praza Inferniño, Ferrol
(26/03/09 - resubida) A piques de celebrar a VIII edición do Conspirando (xoves 24/03/2016), recuperamos esta gravación de Divertimento para pequenos monstros dende o estudo "metro cadrado" do Ateneo Ferrolán, na que faciamos un repaso das edicións do festival Conspirando por unha radio libre que se realizaran dende o ano 2004 até o 2009, ou o que é o mesmo: dende a primeira até a sexta edición.

A historia do Conspirando por unha Radio Libre.

Na última edición de Divertimento, co gallo da inminencia da particular penitencia ferrolá, fazemos un resumo a vista de paxaro de todas e cada unha das edicións do Conspirando por unha radio libre, lembrando os grupos que participaron, o lugar onde se celebraron e as datas.

O vindeiro xoves (insano) 9 de abril de 2009 volvemos conspirar, nun festival que cada ano medra en interés e alternativa na semana onde puidera parecer que tod@s os ferrolás comungan con rodas de múiño. Mais non. Este ano, ademáis da II edición da Feira de Colectivos, haberá chourizada e remataremos de conspirar coas actuacións de tres grupazos: Sacha na Horta (Compostela), Roger de Flor (Fene) e Retobato (Ferrol).

A idea do Conspirando nace da necesidade de darlle publicidade á creación dunha radio libre e comunitaria en Ferrol (Trasancos) e conquerir cartos para a merca dos equipamentos técnicos, sen axudas externas que condicionaran a nosa independencia coma medio (nen cartos das institucións, nen cartos de empresas). Coa entrada ao Conspirando de 3€ púñase a venda diverso material editado polo colectivo: camisolas, chapas, autocolantes, cedés compilatorios de grupos locais... Xa no 2008 o festival crece en organización e infraestrutura é pasa a ser de balde e ao ar libre, baixo unha inmensa carpa na Praza do Inferniño de Ferrol  (o Inferno).

Unha anédota do festival é que entre as propostas para darlle nome estivo "Contaminando por unha radio libre", mais a asemblea decidiuse pola variante "Conspirando", xa que cadraba mellor canto as nosas intencións, "conspirar". Outra das anédotas, a segunda edición estivo a piques de celebrarse fóra de xoves "insano". Así, prevista para o 25 de xuño de 2004 (logo do éxito da primeira edición) dias antes do festival cando xa estaba todo preparado, @s integrantes do Colectivo Opaii! se atopan cunha chea de cartazes de cor fosforita pegados por todo Ferrol que anuncian unha "festa universitaria" o mesmo día, hora e no mesmo sitio que tiñan previsto para o II Conspirando, a West Saloon. Logo dun mosqueo monumental cos (i)rresponsábeis da sá da Estación de Ferrocarril de Ferrol, tiveron que pospoñer o evento. Aquela noite ficou alcumada para a historia filispiniana como "A noite dos cartazes fosforitos". Finalmente, a segunda edición se celebraría na Fundaçom Artábria.

Esta é a cronoloxía do Conspirando, dende a súa creación no 2004, cando a Rádio FilispiM tan só emitía nos nosos maxíns, até o ano no que se realiza este especial Divertimento, 2009:


Cronoloxía do Conspirando por unha radio libre do Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM

8 de abril de 2004: I Conspirando por unha radio libre – Estación Ferrocarril (Ferrol). Músicos: Miguel Alonso, Window Pane, Funky Brewster, Loom, Oscar Fernandez Sanjurjo, IV Guerra Mundial.

26 de marzo de 2005: II Conspirando por unha radio libre – Fundaçom Artábria (Esteiro-Ferrol). Músicos: Vladi, Misquious, Kobe.

13 de abril de 2006: III Conspirando por unha radio libre – Local Social de San Carlos (Esteiro-Ferrol), Músicos: Strutter, IV Guerra Mundial, Sociedade Protectora del Hombre Mono (Cristobal Veiga + Rogelio Arias) coa colaboración de Boy Elliot, Os tres Trebóns e o Vendaval do Roxal (A Corunha).

5 de abril de 2007: IV Conspirando por unha radio libre – DZINE (San Sadurniño). Músicos: La Sentina, Os Chiquilicuatres (Ribeira), ex Lamatumbás (hoxe O Sonoro Maxín, Ourense).

20 de marzo de 2008: V Conspirando por unha radio libre (Praza do Inferniño-Ferrol, baixo carpa). Müsicos: Dakidarría (Nigrán), The Sweat, Ta´Crack, 1º Feira de Colectivos.

9 de abril de 2009: VI Conspirando por unha radio libre (Praza do Inferniño-Ferrol, baixo carpa). Músicos: Retobato (Trasancos), Roge de Flor (Trasancos), Sacha na Horta (Compostela), 2º Feira de Colectivos.

---
Nun futuro Divertimento faremos un repaso polas seguintes edicións do Conspirando retomadas no ano 2015 (tras un parón de cinco anos), cadrando co 10 aniversario das emisións de Rádio FilispiM, cando unha nova xeración de filispinia@s, e outros que retornan, collen o testigo e volven activalo pasando a ser o espazo elixido para a súa celebración (nas súa VII e VIII edición), unha sá comercial de concertos cos seus propios medios técnicos, característica que simplifica a súa realización sen perder o seu obxectivo orixinal: acadar autofinanciamento con achegas da comunidade e colectivos afíns.

Documentación e condución: Pequeno Monstro.
Sintonizamos... (26/03/2009)

21 abril, 2015

As contas do VII Conspirando por umha Rádio Livre


Pedimos colaboraçom e participaçom para realizar o VII Conspirando, e ajudar à financiaçom da rádio sem ter que depender de ninguem nem estar subordinadas a nada, somos livres grazas a vos.

Aquí tedes as contas do VII Conspirando por umha rádio libre que se celebrou este ano 2015:


12 abril, 2015

Divertimento - Especial Post Conspiratorio + Ruben Artabe_proxecto Cataratas_10 04 2015

Carrero Bianco explosionando no VII Conspirando (3/4/2015)

Edición do venres 10 de abril de 2015 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio Filispim, 93.9 FM.

Na primeira media hora visitounos RUBÉN ARTABE, quen dentro do seu proxecto "CATARATAS" vén de gravar unha nova peza musical, "A los ojos de los demás";  nola interpretou en directo, ademáis dunha outra peza en exclusiva mundial. Ademáis, acompañando no estudio a Rubén estivo Maca.

Nas páxinas centrais do programa tivemos un Especial POST-CONSPIRATORIO.
Un respaso ao acontecido no "VII CONSPIRANDO por unha radio libre" o pasado 2 de abril, cun adianto da gravación dos tres concertos na Super 8. Escoitamos parte das actuacións de Saravá Criôlo (Indio e Lidia), SkyHooks (no seu debut) e Carrero Bianco, todos ao vivo no Conspirando. Este audio cuxa duración total é de 3 horas poderá ser ovido íntegro en breve, sen interrupcións, no tempo de "Programas Especiais" da Rádio FilispiM.

No estudio Ana Lucecú, sobre quen pivotou a grande parte da organización do VII Conspirando, Fran Perez (Sonido Emergente) e o Pequeno Monstro, comentaron os recortes sonoros do Conspirando que fomos seleccionando.

Apresentaron e conduciron: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Difunden: Radio Filispim 93.9FM (Trasancos) e A Kalimera Rádio Livre, 107.9 FM (Compostela)

02 abril, 2015

Regresa o CONSPIRANDO por unha Rádio Libre, na súa VII edición; xoves "santo" 2 de abril de 2015 en Ferrol.

Audio promo do VII Conspirando
O Colectivo Opaii! celebra os 10 anos das emisións da Rádio FilispiM, 93.9 FM, con diversos actos, dentre deles a reactivación dun clásico dos xoves "santos" ferrolterráqueos, o Conspirando por unha Rádio Libre, na súa VII edición.

Apresentado e animado pola actriz Cristina Moreira, contará coas actuacións dos grupos da comarca: SARAVÁ CRIÔLO (Música brasileira),  SkyHookS (Basket-Roll Band) e CARRERO BIANCO (Synth pop).

Durante os concertos haberá petiscos, sorteo de estupendas camisolas filispinianas e até un photocall...

Entrada: 5€ (para a autoxestión da radio). Apertura portas: 22:00 hrs. Sala Super 8 (R/ Real). Ferrol. 
Non o podes perder...  

Rádio FilispiM, 10 anos compartindo.

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/1559033914362272/

20 abril, 2009

026 Divertimento Para Pequenos Monstros

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiOTvp4JfsnVy9bMylWU268OSVWtn3ENi5o3SJl6w6-fPjxjkB6zjsuTbychMMyx0fhws-nCYdINSWPnM-pYTUueX_EaAXFlrpzOOpU7Eyng_gGrcteWVInPFGKRX5n_5te_xlF/s1600/divertimento.jpg
Post conspirar: acción filispina de reflexión logo de activar disidencia en peridodo sospeitosamente santo.

Ista podería ser unha definición do que vimos de fazer na última edición do Divertimento para pequenos monstros na Rádio FilispiM. Nela, amplificamos as reflexións dalgúns dos colectivos participantes na II Feira de Colectivos dentro da VI edición do CONSPIRANDO, ouvimos música e collimos un trauma.

Pequenos monstros, tod@s xunt@s, por Finispinilandia: Viva o mal!!! viva o Capital!!!

Descargar o arquivo

02 abril, 2009

Programaçom do VI Conspirando por umha Rádio Livre (09/04/2009)

[FINAL+Cartel+VI+Conspirando+COR+PUBLIS+BLOG.jpg]
Esta é a programaçom programada do VI Conspirando por umha Rádio Libre, o festival que organiza o Colectivo OPAII para o apoio e difussom de Rádio FilsipiM, a rádio livre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite desde Ferrol.
  • Data: Xoves 9 de abril de 2009
  • Lugar: O Inferno [Pista polideportiva da praza do Inferniño – Ferrol]
  • Entrada: Gratuita
ACTIVIDADES PROGRAMADAS:
  • Programa de radio especial: Dende o estudio de Rádio Filispim, 93.9 FM, emitirase um programa especial cas voces d@s protagonistas, durante e tarde-noite do xoves 9 de abril.
  • Feira de Colectivos: A partir das 18:00h.
  • Colectivos inscritos até o momento: Rede FerrolTroca, ONG Lena, LiberaONG, A.C. Fuco Buxán, Ateneo Ferrolán, Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, El Militante, Espazo Libertario, Fundaçom Artábria, Briga, Coop. Xoaniña, Artefeitocaseiro, Mesa pola Normalización Lingüistica, Colectivo Opaii!–Rádio FilispiM.
  • O Colectivo de Uruguayos en Ferrol instalarán un “tanque” donde asarán chourizos.
  • A Massa Crítica Ferrolá, convoca unha “bicicletada” aberta a tod@s @s afeccionad@s que partirá baixo da carpa ás 20:00 h., en punto, para dar unha volta por Ferrol.
  • Festival de música: A partir das 22:00 h.:
  • Retobato (Punk Rock) – Ferrol
  • Roger de Flor e amigos (Pop-Swing) – Fene
  • Sacha na Horta (Fusión) – Compostela
Todos os actos na Praza do Inferniño levaranse ao cabo baixo umha carpa, con entrada de balde.

Colaboran:
  • Ateneo Ferrolán, Asociación Cultural "Castelo de Moeche",Colectivo Fervesteiro e a Concellaría de Cultura – Ferrol.
Apoiam:
  • A.VV O Rosario-Inferniño, A.VV Ensanche A, Colectivo Ártabra21, Fundaçom Artábria, Marcha Mundial das Mulleres, Pizzería Rincón Argentino, Ganya GrouShop, Pub Manchita Cosa, Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ONG Lena, A.C. Fuco Buxán.

Ver mapa máis grande
Descargar o arquivo

28 março, 2009

Novas do VI Conspirando por umha Rádio Livre

Temos novidades para o VI Conspirando por umha Rádio Livre, a maiores do concerto, a Feira de Colectivos e a festa, a rede TrocaFerrol, organizará um mercadinho de troco na praza do Inferninho, e também desde esta praza infernal, às 20hs., sairá umha bicicletada organizada pola Masa Crítica de Ferrol.

Seguiremos Informando!

Onde é o Conspirando?

Ver mapa más grande

12 março, 2009

VI Conspirando por umha Rádio Livre

Este ano estamos preparando para o 9 de Abril, "Xoves Santo", o que pode ser o melhor Conspirando por umha Rádio Livre de todos os tempos.

Seguindo o esquema do ano passado, teremos unha Feira de Colectivos que comezará às 18hs. na carpa que instalaremos na praza do Inferninho, Ferrol.

Às 22hs. comezará o concerto con tres grupos de estilos bem diferentes, primeiro RETOBATO [Punk-Rock] de Trasancos, depois baixaremos um pouco o volume com ROGER DE FLOR [Pop-Swing] também desde Trasancos, e para rematar a festa, SACHA NA HORTA [Fussiom] desde Compostela.

Também a rede TrocaFerrol, organizará um mercadinho de troco na praza do Inferninho, e desde esta mesma praza infernal, às 20hs., sairá umha bicicletada organizada pola Masa Crítica de Ferrol.


Ver mapa más grande

Descargar o arquivo


Retobato: Maria Teresa Campos.

Roger de Flor: Os dous amigos.

Sacha na Horta: Biocultivos.

30 março, 2008

Comunicado POST-CONSPIRATORIO


COMUNICADO POST-CONSPIRATORIO do COLECTIVO OPAII -
- Rádio FilispiM 93.9FM.

O Colectivo Opaii! - RFM, quere co presente comunicado agradecer a resposta á convocatoria da 5ª edición do Conspirando por unha radio libre, do pasado xoves 20 de marzo de 2008.


Agradecemos a participación dos colectivos de base da comarca na Feira de Colectivos: Marcha Mundial das Mulleres, ONG Solidariedade Internacional Galicia, Cometa, Comité Antisida Lazos, Fuco Buxán, Espazo Libertario, Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Ateneo Ferrolán, así como aos diversos artesáns que encheron coas súas diversas propostas a carpa instalada na pista polideportiva do Inferniño.

Agradecemos especialmente a colaboración, polo seu apoio totalmente desinteresado, do colectivo Fervesteiro e Asociacións Culturais, DZINE e Irmandiño de Moeche, que foron quen de aportarnos experiencia, apoio técnico e humán, para poder afrontar o noso primeiro (dos cinco) festivais ao ár libre.

-->Agradecemos a entrega dos grupos musicais locais: The Sweat e Ta´Crack, que tocaron e trunfaron na noite, de xeito totalmente desinteresado.

Agradecemos a asistencia dos centos de persoas que ao longo da tarde, noite e madrugada, pasaron pola nosa carpa, interesad@s nas propostas que amosaban os colectivos instalados na Feira de Colectivos, primeiro e, xa á noite, disfrutaron coa música dos grupos: Dakidarría, The Sweat e Ta´Crack. Unhas cincocentas persoas chegaron a concentrarse baixo a carpa instalada para a ocasión na praza do Inferniño, en Ferrol, mais, estimamos que perto dun milleiro puideron pasar durante toda a xornada do Conspirando. En todo caso, todo indica que, esta ten sido a edición que máis xente ten convocado.

Finalmente, nos congratulamos de ter sido partícipes activos desta quinta edición, que ten sido, tan especial pra tod@s nós.

Findamos este comunicado cunha petición e unha convocatoria.

A petición: de terdes tirado fotos ou gravados vídeos, achegádenolos, precisamos documentar o Conspirando, como FilispiM
-->manda. Podedes enviar todos eses documentos gráficos á filispina@gmail.com

A convocatoria: este domingo 30 de marzo a partir das 5 da tarde ao través de Rádio Filispi M, 93.9FM, lembraremos os mellores momentos do V Conspirando, coa re-difusión do programa especial, que realizamos o mesmo xoves 20 de marzo, dende o estudio de Rádio FilispiM, con múltiples conexións en directo dende a praza do Inferniño e a participación de muitos dos colectivos participantes no Feira de Colectivos.

Emplazámosvos a tod@s a achegarnos os comentarios e suxerencias que estimedes (abaixo, no sitio habilitado) pra poder mellorar a vindeira edición do Conspirando que, se ninguén nolo impide, volverá a ser no lugar que semella temos achado como máis axeitado as nosas propostas: o inferno.
--> Opaii!!!!

13 março, 2008

V CONSPIRANDO por unha radio libre. Ferrol (20/03/2008)


Xa está aquí a 5ª edición do CONSPIRANDO por unha radio libre!

Como todos os anos o Colectivo Opaíí!–Rádio FilispiM, organiza para o vindeiro xoves "santo", 20 de marzo, una nova edición do festival "CONSPIRANDO por unha radio libre". Este ano cumprense cinco edicións. Todas as actividades incluidas no "V CONSPIRANDO", terán lugar baixo unha carpa instalada na pista polideportiva da PRAZA do INFERNIÑO en Ferrol.
Dadas as particularidades da organización do festival nunha praza pública, contamos coa colaboración puntual da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol.


PROGRAMA do "V CONSPIRANDO por unha radio libre".
MÚSICA:

Na 5º edición do "CONSPIRANDO", tocarán tres grupos, dous locais e un de fóra. Os estilos musicais serán variados: Funk, Pop e Punk-Rock. A parte músical do festival comezaría cara as 22:00 h. e remataría de madrugada.
  • Un dos grupos (do máis aló), xa confirmados, son DAKIDARRÍA. Fan un estupendo punk/reggae/ska. Orixinarios de Nigrán, chegarán nunha furgoneta camuflada, directamente dende Madrid, nunha xira total que os levou por Alacante e Valencia.
    + info en:
    http://es.myspace.com/dakidarria
  • Outro dos grupos locais dos que xa podemos confirmar a súa presenza é
--> -->THE SWEAT, que executan un irresistíbel funk-rock. Foron teloneiros de Macaco, nas pasadas festas de vrao de Ferrol.
+ info en: http://es.myspace.com/thesweatfunk
  • O terceiro nome do cartel e Ta'crack, fan Pop-Funk Rock e son de Naron:
    +
    info en: http://myspace.com/tacrack

  • ACTOS PARALELOS:
    • - PROGRAMA DE RADIO ESPECIAL, en directo dende o estudio de Rádio FilispiM. 93.9FM, con conexións en directo, horas antes do festival.
    • - FEIRA DE COLECTIVOS, con postos e material divulgativo de diversos colectivos, sociais, culturais, ecoloxistas, artesáns, da nosa comarca. Esta feira se desenvolverá nos postos que os colectivos instalarán na propia carpa, cara as 6:00 h. do serán e até que desexaren.
    • - GRAVACIÓN ÍNTEGRA DO FESTIVAL en formato radiofónico, para a súa futura emisión en Rádio FilispiM, 93.9FM

    OBXECTO do "V CONSPIRANDO por unha radio libre".

    O festival, como todos os anos, ten como obxecto a recadazón de fondos para autofinanciar Rádio FilispiM. Emisora, que non pertence a institución nen empresa con ánimo de lucro algunha, autoxestionada e ao servizo da comunidade, de aí que a proposta sexa libre e comunitaria, enmarcada dentro do terceiro sector da comunicación. Ademáis, pretende a difusión dos artistas e grupos locais e a interelación das asociacións e grupos de base, que desexen participar na "FEIRA DE COLECTIVOS" que estara amenizada por unha Charanga, para a difusión e mostra das iniciativas cidadás, a poboazón en xeral.

    Colectivo Opaíí! (Ondas Para Activación Información Independente) -
    -->Rádio FilispiM, 93.9FM
    Inscrito no rexistro de asociacións culturais da Xunta de Galiza, con nº 2004/007965/1 (AC)
    Inscrito no rexistro de asociacións culturais do Concello de Ferrol, con nº 346
    Related Posts with Thumbnails