Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador franquismo. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador franquismo. Mostrar todas as postagens

19 outubro, 2024

Os restos do Franquismo em Ferrol

 Palestra "Os restos do Franquismo em Ferrol" a cargo de Manuel Monge, no Centro Social Artábria no dia 18 de outubro de 2024.




09 agosto, 2019

A Xanela das fucas nº 26


A Xanela dás Fucas  recorda que este   5 de Agosto cumprironse   80 anos dos fusilamentos de 'As Trece Rosas' .
O ditador mandou executar a 13 mulleres de entre 18 e 29 anos pola súa militancia na JSU (Mocidades Socialistas Unificadas) e a defensa da legalidade do goberno da República tras a Guerra Civil.
 Os arrestos destas mulleres tiveron lugar entre maio e xuño do 39, baixo cargo de reorganizar e pertencer ás JSU. En concreto, estiveron presas no recinto das Ventas durante semanas, acusadas por "adhesión á rebelión".
 O 29 de xullo dese ano,, asasinaron o comandante da Garda Civil, Isaac Gabaldón, á súa filla e ao seu chofer. A sentenza do Consello de Guerra só tardou cinco días en chegar: pena de morte para as 13 mozas. Os fusilamentos só tardaron 48 horas en realizarse. De madrugada, foron conducidas en camións ao cemiterio madrileño da Almudena de Madrid, onde se lles disparou. A día de hoxe, unha placa lémbralles na tapia do campo santo: "As novas chamadas 'Trece Rosas' deron aquí a súa vida pola liberdade e a democracia o día 5 de agosto de 1939.  Ese día  tamen foron fusilados  43 homes dos cales 15 eran menores de edade.
Estos   son os nomes   das   fusiladas Carmen Barrero Aguado, modista. 20 anos;  Martina Barroso García. modista. 24 anos;    Blanca Brisac Vázquez, pianist,  29 anos;    
Pilar Bueno Ibáñez,  modista, 27 anos; Julia Conesa Conesa, modista. 19 anos; Adelina García Casillas, activista,  19 anos;  Elena Gil Olaya, activista,  20 anos;   Virtudes  González García, modista,  18 anos;   Ana López Gallego, modista, 21 anos;  Joaquina López Laffite,  secretaria, 23 anos;  Dionisia Manzanero Salas, modista,  20 anos;   Victoria Muñoz García. Activista. 18 años.   

Convidada:  Cristina Sobrino  López    quen realizou esta  ilustración mentras  escoita o programa . 
Fucas que participan:    Chelo Carballal Balsa,     Sonia Fernández Bellas,  Ana Belén López Verez, Eva   Tizón    Bouza.
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;
Canción  inspirada na  carta que Julia Conesa escribeu  a su familia pouco antes de ser asesinada( Francisco Narváez).
Diversos  audios  de  distintos testimonios de mulleres que  compartiron a militancia e  a situación de presas no recinto  das Ventas. 

Related Posts with Thumbnails