Programa
nº 25- (11-7-2019)
A Xanela dás Fucas recibe as
profesionais que puxeron en marcha
a Biblioterapia ( lecturas
saludables) na Area Sanitaria
de Ferrol.
Consiste no uso da lectura cun obxectivo terapéutico
(libros de autoaxuda) ou de desenvolvemento (novelas). Recórrese a ela
principalmente para apoiar o tratamento de trastornos mentais e problemas
emocionais e para promover a saúde mental.
Ter
acceso aos libros recomendados pode axudar a usuarios e familiares a entender mellor e afrontar os
problemas de saúde, así como a mellorar o seu benestar.
E un proxecto galego promovido pola Axencia de Coñecemento en Saúde e a
Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, coa colaboración da Rede Galega de
Bibliotecas, colexios profesionais e sociedades científicas, asociacións de
pacientes e expertos en saúde e literatura.
Esta baseado na
evidencia científica e cocreado con
doentes e expertos. Consta de 142
libros recomendados , de distintas temáticas, e
distinto contido , dende a autoaxuda, a
novela ou os comics.
Eva Tizon
Bouza na sua
doble condición de
integrante da Xanela das Fucas e
profesional activadora na Area Sanitaria de Ferrol deste proxecto, foi quen fixo posible
esta participa neste programa.
Convidadas: Bea Casal, de Avalia-t, cocreadora
de biblioterapia. Uxía Gutiérrez
Couto, bibliotecaria do Hospital Arq. Marcide, responsabel do
proxecto na área de Ferrol, Elena
Quintela Varela, enfermeira do Centro de saude de Narón, especialista en Enf. Familiar e
Comunitaria,
Fucas
que participan: Ana
Amigo Ventueira, Chelo Carballal
Balsa, Sonia Fernández Bellas, Ana Belén López Verez, Eva Tizón
Bouza.
A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita
E Bella, (Nicola Piova) ;
Girasoles ( Rozalen
) ; Abriendo
puestas ( Gloria Estefan)
Nenhum comentário:
Postar um comentário