Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Movida Ferrol. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Movida Ferrol. Mostrar todas as postagens

13 outubro, 2015

Divertimento - Colectivo CGTH, 10 anos + Danza, con Suso Perez Lago e Mar Sanchez

Mar Sánchez e Suso Pérez Lago, en Divertimento

Edición do venres 9 de outubro de DIVERTIMENTO para pequenos monstros...

Contidos:
  • O Colectivo ferrolán CGTH anda a cumprir 10 anos, e para cebralo programan unha festa para o vindeiro venres 16 de outubro na sala Super 8 de Ferrol, coas actuacións de Bala, Klute e Os Novos. Oscar e Olaia, integrantes de CGTH, estiveron no estudio...
  • O mundo da DANZA e da DANZATERAPIA en Ferrol. Coa presenza do bailarín Suso Pérez Lago e da danzaterapeuta Mar Sanchez Fraga​, que afondaron no mundo da danza e nos contaron as actividades para este novo curso e da áula de danzaterapia que impartirá Mar Sanchez a partir do xoves 15 de outubro.
  • Recomendacións para a fin de semana...


Difunden:
 Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol) & Rádio Kalimera, 107.9 FM.
Conducen: Ana Lucecú​ e o Pequeno Monstro​.
+ info: http://pequenosmonstros.blogspot.com

05 outubro, 2015

Divertimento - `Apaga la tele, enciende tu vida´ + Presentación de Ferror Records (Espejos y Diamantes, Alarido Mongólico & Carrero Bianco).

Rubén Artabe, Erika Road e Luis Kaf, "Apaga la tele.."

Divertimento para pequenos monstros, edición do vernes 2 de outono de 2015  na Rádio FilispiM, 93.9 FM

Contidos:
  • "Apaga la tele. Enciende tu vida", proposta interdisciplinar protagonizada por Rubén Artabe (músico e cantos), Luis Kaf (poeta) i Erika Road (performer). Os tres estiveron no estudio e contaron de que vai este proxecto que percorrerá a xeografía galega. Ese mesmo venres estiveron subvertindo o Ateneo Ferrolán.
  • "Ferror Records" é un selo de música e músicos locais, creado por Serxio Peck Retropower e Fernando Fernández Rego. Afondamos neste proxecto feito realidade e ouvimos (en exclusiva mundial) parte do primeiro cedé recompilatorio deste selo ferrolterráqueo, adiantándonos ao acontecido na presentación do mesmo, o sábado 3 de outubro de 2015, na Sala SUPER 8 Ferrol. Na actualidade a `escudería´ de Ferror Records está formada pola triada: Espejos y Diamantes, Alarido Mongólico e Carrero Bianco.
  • Recomendacións para esta finde...


Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro
Transmiten, radios libres: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol) & Radio Kalimera, 107.9 (Compostela).

+ info: http://pequenosmonstros.blogspot.com

07 junho, 2015

DIVERTIMENTO - Milómanos + Campaña apoio programa "Planeta Furancho" (Vituco Neira)

Manu e Milo (Milómanos) e banner de programa Planeta Furancho  (Vituco Neira)

Edición do venres 5 de xuño na Rádio Filispim, 93.9 FM, de DIVERTIMENTO para pequenos monstros...

CONTIDOS:
  • Na primeira hora do acudiron ao estudio da FilispiM, os integrantes da banda ferrolá MILÓMANOS, Milo e Manu, que co seu pop acústico e incisivo, conversaron e perpetraron pezas da súa primeira maqueta e algunha que outra sorpresa ao vivo... 
  • Na segunda hora, especial PLANETA FURANCHO, con conexións con Leonardo Fernández Campos (LEO ARREMECÁGHONA) e Xose Anton BOCIXA (ZENZAR), que nos falaron da campaña en apoio a continuidade de emisións na radio publica galega (Radio Galega Música) de Planeta Furancho, programa que até o pasado venres 29 de maio conducía Vituco Neira. Sumarémonos a campaña difundindo este novo episodio de "auto-odio" (á cultura propia do país) nos medios públicos de Galicia. 

Apresentan e conducen: Ana Lucecú o Pequeno Monstro.
Difunden: Rádio Kalimera, 107.9 e Rádio FilispiM, 93.9 FM, radios libres (GZ).
Rádio FilispiM, 10 anos compartindo.

12 abril, 2015

Divertimento - Especial Post Conspiratorio + Ruben Artabe_proxecto Cataratas_10 04 2015

Carrero Bianco explosionando no VII Conspirando (3/4/2015)

Edición do venres 10 de abril de 2015 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio Filispim, 93.9 FM.

Na primeira media hora visitounos RUBÉN ARTABE, quen dentro do seu proxecto "CATARATAS" vén de gravar unha nova peza musical, "A los ojos de los demás";  nola interpretou en directo, ademáis dunha outra peza en exclusiva mundial. Ademáis, acompañando no estudio a Rubén estivo Maca.

Nas páxinas centrais do programa tivemos un Especial POST-CONSPIRATORIO.
Un respaso ao acontecido no "VII CONSPIRANDO por unha radio libre" o pasado 2 de abril, cun adianto da gravación dos tres concertos na Super 8. Escoitamos parte das actuacións de Saravá Criôlo (Indio e Lidia), SkyHooks (no seu debut) e Carrero Bianco, todos ao vivo no Conspirando. Este audio cuxa duración total é de 3 horas poderá ser ovido íntegro en breve, sen interrupcións, no tempo de "Programas Especiais" da Rádio FilispiM.

No estudio Ana Lucecú, sobre quen pivotou a grande parte da organización do VII Conspirando, Fran Perez (Sonido Emergente) e o Pequeno Monstro, comentaron os recortes sonoros do Conspirando que fomos seleccionando.

Apresentaron e conduciron: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Difunden: Radio Filispim 93.9FM (Trasancos) e A Kalimera Rádio Livre, 107.9 FM (Compostela)

16 fevereiro, 2015

DIVERTIMENTO. Pablo Portero & Kozmic Blues - Roger de Flor & William Blake

Pablo Portero, Kozmic Blues & Roger de Flor.

Divertimento para pequenos monstros. Edición do venres 13 de febreiro de 2105, na Rádio Filispim Colectivo Opaii!, 93.9 FM, o programa máis subterráneo da Rádio FilispiM, libre e comunitaria.

Neste programa:
  • PABLO PORTERO apresenta AMAR1, a primeira das 17 pezas do seu novo proxecto audiovisual, AMAR. Ademáis falounos doutros doutras iniciativas, da súa relación co mundo da música e, especialmente, co dúo KOZMIC BLUES, que estiveron no estudio e nos interpretaron varias pezas en rigoroso directo. 
  • ROGER DE FLOR apresenta o súa nova peza e videoclip, "Ferrol Vello". Ademáis falounos da súa recente viaxe pola Europa e interpretounos en exclusiva mundial, algunha das novas pezas que vén de compoñer inspiradas nos versos de William Blake. 
  • AXENDA DIVERTIMENTO. O vagalume da noite ferrolá, Ana Lucecú, selecciona as citas que non debes perder nos vindeiros días. 
Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Difunden: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Terra de Trasancos) & Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela) e vía streaming para toda a galaxia en: http://opaii.blogspot.com

                               Todos os Divertimentos en: http://pequenosmonstros.blogspot.com

12 janeiro, 2015

Cultura en Ferrol. Audacia fronte mezquindade.




Germán Coppini deu un concerto no Teatro Jofre de Ferrol o pasado sábado 18 de abril de 2009, xunto a Comando Delta,  que vén de ser publicado en CD e vinilo, baixo o título de "Semper Audax" (Lemuria Discos) no que Coppini xunto a unha sección da Orquestra OMEGa (Orquestra de Música Espontánea de Galicia) repasa temas de Golpes Bajos, baixo un prisma novidoso onde a espontaneidade é a protagonista. Desafortunadamente, Coppini, faleceu o pasado decembro de 2013; vén de cumprirse un ano do seu pasamento.

Froito das circunstancias, si, mais o certo é que houbo un tempo non moi lonxano en que a programación cultural en Ferrol foi audaz e adiantouse ao futuro con formatos novidosos. Iso é facer cultura, apostar, sorprender. O produto daquel "atrevemento" poderá ser disfrutado hoxe en calquer parte do mundo, coa marca Ferrol por diante.

Paradoxo do presente, a actividade promotora que deu vida a aquela iniciativa, a Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol, non conta con apoio algún do actual grupo de goberno do PP na cidade, máis ben cunha chea de atrancos. Según verbas dun dos seus promotores, o profesor Guillermo Ferrández, na última das súas edicións, a sétima, en abril de 2014, "Xa non é que desde o departamento de Cultura do Concello de Ferrol, non nos dean axudas, senón que, directamente, nos negan poder actuar en espazos públicos coma os mercados, Ferrol Vello e a praza de Canido. Fixemos a solicitude en tempo e forma e denegóusenos. Se a sétima edición da Semana da Poexía Salvaxe celebrouse foi grazas a veciñanza. A actitude do Concello é sorprendente, máxime cando parece que nos pón paos nas rodas".

Non esquecemos a notoria persecución de carácter político ao Ateneo Ferrolán, que estivo en serias dificultades por mór dunhas obras contratadas e dirixidas desde o Concello. Actualmente, grazas ao bon facer da súa directiva e soci@s, afronta as difucultades con audacia sen deixar de ofertar Cultura con maiusculas, que volve situar a Ferrol no mapa por razóns de novo extraordinarias, coma aconteceu na organización do Congreso adicado a centenaria figura de Hildegart Rodríguez Carballeira, celebrado no mes de decembro de 2014 na súa sede da rúa Madalena. O certo é que o titular de cultura do Concello de Ferrol, Manuel Reyes García-Hurtado, non acudiu a ningunha das numerosas ponencias das Xornadas. Lembramos que o Ateneo Ferrolán, coma institución privada centenaria, é patrimonio cultural de tod@s @s ferroláns, incluidos eles.

En resumidas contas, audacia fronte mezquindade.

Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria de Ferrol, Rádio FilispiM.

09 dezembro, 2014

80 Vinilos/h - programa 72

Fáticos, 80´s Ferrol

Edición nº 72 de 80 Vinilos/h.
- Volume nº 27 da Enciclopedia Musical Estatal dos 80s.
      De FARENHEIT 451  á  FERNANDO MÁRQUEZ (El Zurdo)

Contido:
  • FARENHEIT 451.
        - Ojos a tu alrededor (Lp compilatorio, 4473910. MR, 1983).
        - Taxi al aeropuerto (Lp compilatorio, Maquetas. MR, 1982).
  • FARMACIA DE GUARDIA.
        - Bronca callejera (Single. Xirivella Records, 1982).
        - Cazadora de cuero (Single. Xirivella Records, 1982).
        - Vivir en Beirut (Mini Lp. DRO, 1986).
  • FÁTICOS.
        - Por qué has dudado de mi (Single. Citola, 1983).
        - Qué me importa (Single. Citola, 1983).
  • FERNANDO MÁRQUEZ.
        - Aquella canción de Roxi (CD. Para Ti. Lollipop, 1995).
        - Música moderna (CD. Para Ti. Lollipop, 1995).
        - Sunset Boulevard (CD. Sangre Sabia. Lollipop, 2002).
        - Drama (CD. Sangre Sabia. Lollipop, 2002).
          Bola extra:
        - Paraiso (Fernando Márquez) - Para ti  (Single. Zafiro, 1980).
Conduce e apresenta: André "Pequeno Monstro".
Emisión: Rádio Filispim, 93.9 FM (Ferrol), Radio Redondela, 94.9 FM e TT Radio, online.
Para difundir este programa noutra emisora, contacte co Pequeno Monstro.

+ info en: http://80vinilos.blogspot.com

11 outubro, 2014

Divertimento. Especial XI Aniversario do Manchita Cosa, Ferrol.

Edición do 10 de outubro, entre as 6 e 8 do serán, Divertimento para pequenos monstros, na Rádio Filispim Colectivo Opaii, 93.9 FM e vía streaming en http://opaii.blogspot.com. Desta vez, unha hora de anti-radio
Contidos:
  • No estudio Suso Eiroá, elemento maior do Manchita Cosa, que este sábado 11 de outubro, celebra o seu XI aniversario coa actuación estelar de Joe Crepúsculo

  • Conexión con Ana Lucecú, o vagalume da noite ferrolá, quen nos comenta a Axenda Divertimento e un particular ranking de hixiene dos baños públicos nos locais da noite ferrolá. 

  • Despedida e feche do estudio. 

  • Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
    Transmiten: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol) e Rádio Kalimera, 107.9 (Compostela).


    Todos os incidentes en: http://pequenosmonstros.blogspot.com

    04 outubro, 2014

    Divertimento para pequenos monstros - 03/10/2014

    Este programa, basicamente, é un aparato de gostosa tortura...

    Venres 3 de outubro de 2014, na Rádio Filispim Colectivo Opaii, 93.9 FM, dúas horas de radio, dúas horas de DIVERTIMENTO para pequenos monstros.
    Contidos:
    • Presentación e Axenda Divertimento. 
    • Especial "Radio-psicografía d@s ferrolás". *
    (*) No estudio:
    - Ana Fernández. Vasca, residente en Ferrol. No pasado residíu en Lugo, Coruña e Vigo.
    - Miguel Castro. Ferrolán, vive en Ferrol. No pasado viviu en Lugo e A Coruña.
    - Carmen Loureiro. Ferrolá, vive en Ferrol. No pasado residiu nas Illes Balears, Muxia e Irixoa.
    - Macarena Soto. Chilena, residente en Ferrol, no pasado viviu en Compostela.
    - Tania Vila. Luguesa, reside en Ferrol.
    - Ánxela Martínez. Mugardesa, vive en Ferrol. No pasado residiu en Pontevedra, Compostela, Lugo, Arzúa, Miño, Baiona, Mondoñedo...
    - Antía Cortíças. Ferrolá, de procedencia extraterrestre. Reside en Ferrol.
    - Carlos de Francisco, psicólogo.

    Conducen: Pequeno Monstro e Ana Lucecú.
    Todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com
                                  Nota: este especial foi producido coa colaboración de tod@s as persoas interviñentes.

    27 setembro, 2014

    Divertimento para pequenos monstros - 26/09/2014

    Movida ferrolá. Sala Super 8
    Venres 26 de setembro de 2014, entre as 6 e 8 do serán... DIVERTIMENTO para pequenos monstros, na Radio Filispim 93.9FM, dúas horas de radio.


  • 1º hora. Enchimos o estudio de MOVIDA FERROLÁ... Propietarios dalgúns locais da noite ferrolá aterraron en Divertimento. Falaron dos seus locais, da noite, da movida ferrolá... No estudio contamos coa presenza de humanos procedentes de PUB INDIE, SALA SUPER 8, PUB CARTELES...


  • 2ª hora. Enchimos o estudio de FEMINISMO. O domingo 28 de setembro, as 12:00 do mediodía as mulleres galegas volven á rúa contra a reforma da lei do aborto, baixo o lema: “Tomamos as prazas. Polos nosos dereitos sexuais e reprodutivos”. Pese retirada do Decreto e dimisión de "Fachardón", as feministas non baixamos a garda. Os actos están convocados pola PLATAFORMA GALEGA POLO DEREITO AO ABORTO*.  En Ferrol o domingo 28 un pasarrúas partirá ás 12h. do Cantón e rematará na Praza do Inferniño ás 13h.

  •  (* ) Pese a estaren convidadas, finalmente non tivemos presenza nen comunicación telefónica coa Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, como tiveramos gostado dende Divertimento e a radio libre de Trasancos, para darlles voz.


  • Cara a última media hora do programa demos conta da Axenda de concertos que, como sempre, prepara Ana Lucecú, o vagalume da noite ferrolá.



  • Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
    DifundeRádio Filispim Colectivo Opaii, 93.9 FM

    24 novembro, 2013

    DIVERTIMENTO - Especial concertos Colectivos CGTH & Chimarrao.

    Os cartaces de ambos eventos unidos para sempre...
































    DIVERTIMENTO para pequenos monstros. Emisión do venres 22 de novenbro de 2013; dúas horas de perigosos contiúdos...
    • No estudio WEATHER UNDERGROUND (Oscar Quant, Oscar Kay & Porto Rightnow) que xunto á CURTINAITIS, tocarán o vindeiro venres 29 de novembro na Sala Super Ocho de Ferrol, dentro da festa rockandroleira do Colectivo CGTH (Cretins Go To Heaven), con pinchada final no Pub Carteles.
           + info: https://www.facebook.com/events/647265388657995/
           & https://www.facebook.com/weatherundergroundGZ/info

    • No estudio o COLECTIVO CHIMARRAO do bairro de Bertom, Ferrol. Apresentando os concertos que explosionarán o vindeiro sábado 30 de novembro no Chima: THE BROSAS + ESQUIOS + OS DERRADEIROS. Entrada anticipada 3 €, em bilheteira 5 €. Conversamos con Cipri, Fran, Chute, André, Brais e Paki e tivemos contacto con integrantes das perigosas bandas: The Brosas, Esquíos e Os Derradeiros.
           + info: https://www.facebook.com/events/590390637687173/?fref=ts 
           & https://www.facebook.com/coletivo.chimarrao?directed_target_id=0 

    Conduce a apresenta: o Pequeno Monstro.

    Transmite: Rádio FilispiM, 93.9 FM  (Ferrol), Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela) & Cuac FM, 103.4 (A Corunha).

    + info: http://pequenosmonstros.blogspot.com

    28 novembro, 2010

    Divertimento - Grupos musicais e locais ensaio no Concello de Ferrol [25/11/2010].

    No Divertimento para pequenos monstros do pasado xoves 25 de novembro de 2010, fixemos un programa especial adicado a algúns dos grupos de música de Ferrol, que están a utilizar os locais de ensaio que o Concello de Ferrol habilitou no Mercado da Madalena.
    Pasamos a tarde con Carlos e Mundo [Habitación 92], Eloy [Vinyl Death], Brais [Wings of Liberty], Emilio e Rubén [proxecto en elaboración] e Noe, coordenadora dos locais de ensaio [Escola da Vaca].
    Ademáis escoitamos música da primeira maqueta dun destes grupos: Habitación 92.
    Divertimento é un programa de radio da Productora Imaxinaria [PID], presentado polo Pequeno monstro. Podes ouvilo en Rádio FilispiM: directo: xoves de 6:30 á 8:00 da tarde + diferido: luns de 9:00 á 11:00 da noite, sábados de 2:00 á 4:00 da madrugada e de 2:00 a 4:00 da tarde.
    Na rede: ao través deste blogue e máis en: www.pequenosmonstros.blogspot.com e www.podgalego.org
    Related Posts with Thumbnails