Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador CNT. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador CNT. Mostrar todas as postagens

09 maio, 2015

DIVERTIMENTO - Especial "Ferrol Mola en Eleccións" _ 08/05/2015

Instantanea do especial "Ferrol Mola en Eleccións".

Edición de DIVERTIMENTO para pequenos monstros do venres 8 de maio de 2015, na Rádio Filispim, 93.9 FM, libre e comunitaria dende Ferrol.

Especial, "FERROL MOLA EN ELECCIÓNS".

Coa presenza de:
  • MELI CRIADO. Comandanta en Xefa do blog: http://labocadelaria.blogspot.com
  • XABI PORTO. Comandante en Xefe de ningúen. Espazo Libertario (CNT-Unión Libertaria).
  • PEDRO FERRÁNDEZ. Comandante en Xefe do seu pensamento. Ideologo e pensador no Diario de Ferrol, no seu tempo en Rádio FilispiM, con "Aquiloquevibra".
  • ELENA. Comandante en Xefa da súa natureza. Integrante da Sociedade Galega de Historia Natural, cantante de samba, boas vibracións.
Neste program xuntamos a persoas para falar de política con maiúsculas, que é como fala a xente do pobo. Así, Meli contounos máis da Ria de Ferrol, do Porto e do seu blog (La Boca de La Ría) onde a Ría, coma ser vivo de natureza rebelde que é, toma a palabra. Elena, lembrou a Manolo de Vite, ser humano que soubo pasar polas persoas e terras que camiñou, integrante da Sociedade Galega de Historia Natural. Xabi, falou do 1º de Maio e Pedro pensou en Ferrol. Despois, entre tod@s falamos do inicio da campaña eleitoral en Ferrol... e así pasaron case dúas horas con xente que fala de corazón.

Apresentan e conducen: Ana Lucecú e Pequeno Monstro.

03 maio, 2015

As Marchas da Dignidade de Ferrolterra e a CNT repensaron o 1º de Maio en Ferrol.


Coa perspectiva do vindeiro 22 de outubro, data na que as Marchas de Dignidade convocan unha Folga Xeral en todo o Estado español, o pasado 1º de maio de 2015 tivo lugar en Ferrol unha manifestación convocada polas propias Marchas da Dignidade de Ferroterra e o Sindicato de Oficios varios da CNT na cidade, ao igual que aconteceu en outros puntos do Estado donde as Marchas uniron forzas con este e outros sindicatos alternativos, para por o contraponto a esta data e tentar recuperar a súa esencia, repensando o 1º de Maio.
No caso de Ferrol a manifestación partiu ás 6 da tarde do Cantón e rematou, logo dun longo percorrido por diversos bairros da cidade, na Praza 10 de Marzal, ao pé da estatua en homenaxe aos obreiros abatidos por disparos da policia, de Amador e Daniel, un 10 de marzo de 1972.
Os informativos da Rádio FilispiM seguimos o descorrer da manifestación dende o Cantón até o Praza 10 de Marzo, e realizamos unha pequeña reportaxe sonora coas voces das pesoas participantes, dos colectivos organizadores e finalmente, ao pé ao monumento a Amador e Daniel, recollimos o son do comunicado final confeccionado e lido en conxunto por integrantes das Marchas de Dignidade e dos sindicatos alternativos convocantes a nível de Galiza.
Posteriormente houbo un espazo de micros abertos para quen quixer participar donde ouvíronse diversas voces, coma a dun traballador das contratas de Telefónica que denunciou a ocultación por parte dos medios de comunicación de masas, da folga indefinida que están a levar adiante, pola readmisión dos despedidos e demandando un emprego con dereitos e non esclavo.  Para finalizar outras persoas dos colectivos convocantes en Ferrol, Marchas da Dignidade e CNT, tomaron a palabra e fixeron pequeñas alocucións.        
O Pequeno Monstro para os informativos da libre e comunitaria de Ferrol.

30 abril, 2015

As Marchas da Dignidade e o Sindicato de Oficios Varios da CNT, convocan un 1º de Maio alternativo en Ferrol.


1º de maio alternativo en Ferrol, este venres ás 18:00 no Cantón (Ferrol).

As Marchas da Dignidade e o Sindicato de Oficios varios da CNT, convocan en conxunto unha manifestación en Ferrol o vindeiro 1º de Maio de 2015 as 6 da tarde con saída do Cantón en Ferrol.
Ao igual que noutros puntos do Estado español, as Marchas da Dignidade suman forzas  ao sindicalismo alternativo co obxecto de crear as condicións para unha mobilización de carácter estatal e xeral,  unha folga laboral, social e de consumo para o vindeiro 22 de outubro de 2015.  Con esta mobilización tentarán denunciar un cambio de modelo social, que actualmente condea a maioría da poboazón a vivir na precariedade e na falta total de expectativas.

 En diversas cidades do Estado español son 10 as organizacións que convocan esta mobilización xunto a todos os colectivos sociais e organizacións que conforman as Marchas da Dignidade, baixo o lema “Polo reparto dos traballos e a riqueza: camiñando cara a Folga Xeral”. Sen esquecer a principal consigna da loita das Marchas dende o 22 de marzo de 2014: " Pan, traballo, teito e dignidade".
Segundo os colectivos e sindicatos organizadores “para que toda a poboazón síntase convocada e partícipe da Folga Xeral do vindeiro 22 de outubro de 2015, esta debe plantexarse da forma máis imaxinativa posíbel, tratando de recoller a realidade social que está a mudar”, por iso queren involucrar a toda a sociedade dende xa.

A cita para participar no primeiro de maio alternativo en Ferrol, é o venres 1 de maio as 6 da tarde, con saída do Cantón. Na nosa cidade organizan: as Marchas da Dignidade de Ferrolterra e o Sindicato de Oficios Varios da CNT.

O Pequeno Monstro para os informativos locais da libre e comunitaria de Ferrol.
Montaxe sonora, mobilización Marchas da Dignidade: galizacontrainfo

28 março, 2014

Divertimento para Pequenos Monstros. Especial post 22M, con voces de aquí.

Madrid 22M, 2014

Especial edición de Divertimento para pequenos monstros, donde persoas e Colectivos da Comarca de Ferrolterra e de Compostela, que participaron activamente nas Marchas da Dignidade en Madrid, 22M, cóntannos as súas impresións sobre o humano das mobilizacións, máis tamén do "divino"...

O programa contou coma convidados a Inacio e Daniel da Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra e da Columna caranzeira, así como a Lorena e Fran da CNT de Compostela. Como copresentador especial do programa estivo Miguel Castro. No transcorrer do programa interviron Celso e Jorge (Stop Desafiuzamentos de Ferrolterra) que se achegaron ao estudio para dar a súa opinión.
Ademáis, escoitamos música de Hechos Contra el Decoro, Todos tus Muertos, Aztlan Underground ou Nación Reixa ... A disfurtar.
Conduce: Pequeno Monstro. 
Difunden: Rádio FilispiM, Rádio Kalimera e Cuac FM.
Todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com

22 outubro, 2013

Novas Locais. Comunicado da sección sindical da CNT no Ateneo ante impagos de nóminas e seguridade social do cadro de persoal.


No transcurso do programa especial "FilispiM vai ... ao Ateneo Ferrolán", do pasado venres 18 de outubro de 2013, chegou a nosa redacción un comunicado da sección sindical da CNT no Ateneo, donde se denuncia o impago de nóminas e débedas a seguridade social relativas ao cadro de persoal, dos que se responsabiliza a actual directiva do Ateneo. Transcribimos de seguido o comunicado completo en texto e audio:

"A Sección Sindical da CNT no Ateneo Ferrolán quere denunciar publicamente que nos últimos 10 meses a entidade endebeda 3 nóminas e media aos/as traballadores/as e ten pendente o pagamento de varias cotas dos seguros sociais. A complicada situación económica da entidade non impide que se fixeran outros pagos aprazables ou prescindibles, en troques de priorizar o pagamento das nóminas e os seguros sociais do cadro de persoal.

Sorpréndenos enormemente as declaracións nos medios de comunicación de Rosa Méndez (secretaria do Ateneo) e de Ramón Veloso (presidente) nas que declaran sentirse satisfeitos pola xestión levada a cabo nos case que dous anos na Xunta Directiva, pois foi precisamente neste período cando a situación laboral das traballadoras e traballadores empeorou notablemente.

A Sección Sindical da CNT no Ateneo Ferrolán considera nefasta a xestión por parte de todos os membros desta Xunta Directiva e unha deixadez nas súas funcións."

Sección Sindical CNT no Ateneo Ferrolán

18 de outubro de 2013

05 março, 2013

NOVAS LOCAIS. Cafetaría Warhol. Impago a unha empregada. Sindicato Oficios Varios (CNT).


A Cafetaría Warhol está na rua Dolores nº 54 de Ferrol, o seu dono chámase Massimiliano Mariella e, según comenta na prensa local, gosta moito do caldo galego e os callos, pero o que xa non lle gusta tanto e pagar a xente que traballa nos seus negocios. Debeu pensar que para vivir estupendamente nada mellor que contratar e non pagar, así o fixo no restaurante Rigoletto no que algún traballador aínda anda agardando a que lle page os seis mil e pico euros que lle adebeda, e así o esta tentando facer cunha ex traballadora da Cafetaria Warhol antes de que a despedise alegando "causas obxetivas" aproveitando a última reforma laboral do dereitista partido do goberno, o PP. Entre nóminas atrasadas e finiquitos, a cantidade que lle adebeda a esta traballadora é de 8.400 €. O que non sabía o nachiño e que na Galiza, ademáis de caldo e de callos, tamén hai organizacions obreiras. Casualmente unha das traballadoras afectadas forma parte dunha organización desta comarca, o Sindicato de Oficios Varios da CNT; dende iste sindicato rápidamente activaron o principio de apoio mútuo levando ao cabo diversas accións que hoxe vos contamos nos informativos de Rádio FilispiM.

Ir a descargar

Redacción informativos RFM
Related Posts with Thumbnails