Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Foro Galego Inmigración. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Foro Galego Inmigración. Mostrar todas as postagens

29 abril, 2015

Aparecen pintadas xenófobas no Parque do Inferniño, Ferrol.


Aparecen pintadas con contido xenófobo no Parque do Inferniño, bairro de Ferrol, onde moran numerosas persoas inmigrantes.
O Foro Galego de Inmigración vén de fazer público un comunicado denunciando a aparición de pintadas de carácter xenófobo no Parque do Inferniño en Ferrol, un barrio onde moran gran cantidade de persoas inmigrantes.
Na pintada, na que pode lerse en grandes letras “4.000.000 de parados, 4.000.000 de inmigrantes menos”, tenta relacionarse o número de parados coa presenza de inmigrantes no noso país, una relación absolutamente falsa e indigna. As persoas inmigrantes non son responsábeis da crise, nen do paro, non son bultos, nen máquinas, son pesoas. Son ademaís persoas traballadoras que desenvolven a súa actividade laboral, que contrubúen a cotizar a Seguridade Social e pagan os seus impostos, en moitas ocasións asumindo traballos, tarefas e situación laboráis, que non aceitaría outra persoa “natural” do estado. Cando unha persoa inmigrante queda desempregada, non é menos ca nós, é unha persoa que está a sofrer unha crise da que non é responsábel, inda por riba, pola súa condición de inmigrante é moi posíbel que fique sen Seguridade Social ou mesmo con perda de dereitos de permanencia no país, ao ficar desempregado.
As persoas inmigrantes que teñen a desgraza de estar en situación irregular no noso país, o están por motivos alleos a súa vontade, non porque desexen autocondenarse á irregularidade administrativa e ao traballo clandestino.
O menos que debemos ter, as persoas humanas e os representates políticos de quenda, é respecto cara isas persoas que están en situación de flagrante desigualdade e vulnerabilidad. Un discurso que homologue o número de inmigrantes cunha situación de crise ou índice de desemprego, ten unha intención política xenófoba e racista, indigna dun ser humano, lonxe dos datos e argumentos razoábeis. Os discursos valeiros, malintencionados como os que reflicte a pintada aparecida no parque do Inferniño, contribúen a sembrar descoñecemento, intolerancia e, pode que até, violencia cara as persoas inmigrantes.
Unha pesoa inmigrante debe ser o noso amigo; o noso inimigo deben ser aqueles que coas suas políticas ou prácticas traen situación de desigualdade, onde o pan, traballo e teito se convirten en demandas en troques de dereitos fundamentais aos que ter acceso tod@s, con indiferencia da orixe ou cor da pel. O noso inimigo é o totalitarismo, o populismo, a avaricia e o Capitalismo salvaxe que nos levou a esta crise. As persoas inmigrantes son as nosas amigas.
Dende os informativos de Rádio FilispiM, solidarizámonos co Foro Galego de Inimigración, e con todas as persoas inmigrantes, esiximos a persecución de calquer acto ou manifestación xenófoba, nas rúas, prazas, campos de fútbol e claquera outro recuncho das nosas vidas.
Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria que emite dende Ferrol.

20 fevereiro, 2014

O Recuncho nº 173


Mércores, 19 de febreiro de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 173, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitados:
José Ángel Fernández Díaz, para analizar a actualidade en Venezuela.
Carlos Varela Fernández, Presidente de Lazos pro Solidariedade, para falar do drama da Inmigración.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: ”Tiro al negro”
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Olga Novo
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás: “Que hacemos con las fronteras”
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música:
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

19 dezembro, 2013

O Recuncho nº 168


Mércores, 18 de Decembro de 2013, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 168, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitado: Juan Carlos Valle “Karlotti” para falar da súa viaxe a China e da presentación – o vindeiro xoves – do libro “Karlotti : Un poema crónico” de Marcos Lorenzo.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: ”Sen cartucho de Nadal ”
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Poemas das Migracións
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.
Músicas de Inmigrantes e Emigrantes.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

25 outubro, 2013

Novas Locais. A Semana Galega de Loita contra as Fronteiras" este venres 25 de outubro no Ateneo.


A "Semana Galega de Loita contra as Fronteiras" chega este vernres 25 de Outubro às 20h. ao Ateneo Ferrolán.

Durante esta semana unha serie de colectivos sociais (Foro Galego da Inmigración, Raias Travese iras, Grupo de Axitación Social, ODS-Coia e Liga Estudantil Galega) organizan a Semana Galega de Loita contra as Fronteiras, con actos en Vigo, Compostela, Ourense, A Coruña e Ferrol (en Ferrol será o venres 25 a partir das 20h. no Ateneo Ferrolán), e que contará coa participación de Eduardo Romero, integrante do colectivo asturiano Cambalache, autor de diferentes textos sobre políticas migratorias e co-autor do libro ¿Qué hacemos con las fronteras? (AKAL), que presentará en todas as cidades.


En Ferrol estarán Eduardo Romero, Carlos Piñeiro (Profesional do SERGAS) e Maite Bustamante baixo o título "Fronteiras. Diferentes dispositivos, mesma función. Políticas migratorias e exclusion de dereitos."


Texto: http://artabra21.blogspot.com.es/

Audio: Miguel Castro de Rádio FilispiM entrevista a Eduardo Romero (integrante do colectivo asturiano Cambalache) no programa O Recucho. 

Related Posts with Thumbnails