Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Novas. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Novas. Mostrar todas as postagens

01 maio, 2025

Informativo semanal FilispiM, 1/05/2025

 
SUMARIO do informativo semanal da Rádio FilispiM, 1 de maio de 2025.

  • O grande Apagón. A nosa compañeira  Ana Faba Loba, falou coa veciñanza de Trasancos e realizou unha pequena reportaxe sobre este novo feito que marcará a nosa memoria...

  • Novas dialogadas, diálogo de novas. Lupe e Inacio reflexionan verbo da faciana humana que se agocha tras destes acontecementos que nos soprepasan, como o do xa famoso Apagón... mais tamén sobre as consecuencias do "parón" en instalacións críticas, nomeadamente as depuradoras de augas residuais que funcionan na cidade de Ferrol.

  • Edu Comochoconto, reflexiona sobre o Día do infindo Apagón que levan sofrendo milleiros de familias na Cañada Real, mesmo o pobo palestino desde 1947.

  • A pasada fin de semana aconteceu unha nova edición da Feira da plantación en San Sadurniño. Os informativos de Rádio Filispim estivemos alí e realizamos unha reportaxe. Falamos con resposábeis de Agronuquel e Vacatola, presentes na Feira.

  • Presentación do Centro de Estudios Anarcosindicais da Galiza, o pasado sábado 26 de abril no Centro Ágora de Coruña. Economía, Ecoloxía e Traballo, foron os eixos vertebradores deste novo evento libertario. Nolo conta o noso compañeiro Antonio.

  • Lupe Ces fálanos do 25 de abril, en Portugal e na Italia. Do antifascismo. Mais, non esquece Palestina. "Seguimos a denunciar o xenocidio", manifesta.

  • AXENDA. 1º Feira Multisectorial Agrícola en As Somozas. 3 e 4 de maio na praza do Concello

  • AXENDA. A Asociación Recreativa de Camouco en Ares anuncia a expo do Clube de Prensa de Ferrol, "Galicia en Foco". Poderá visitarse a partir do 18 de maio.

  • AXENDA. A veciñanza de Canido en Ferrol celebra Os Maios, entre o 30 de abril e 4 de maio. Unha chea de actividades animarán esta tradición festeira (avcanido.org)- Entre as actividades, o domingo 4 de maio ás 13:00 h-, sesíon vermú. Entre os grupos, un clásico "canidiense", Sr. X, co seu reggae ska findamos.

Conduce: pequenomonstro.
Equipa Informativos Rádio FilispiM

24 abril, 2025

Informativos semanais Rádio FilispiM, 24/04/2025


SUMARIO: 

  • Montse Fraga, veciña de Narón, denuncia a paulatina privatización da Unidade de Atención Temperá dependente do Servizo Galego de Saúde. Informa André pequenomostro.
  • Diálogo de Novas. Galiza perceptora de residuos industriais. Por Lupe e Inácio
  • Ataques aos cárceres franceses. Por EduComochoconto.
  • Actividades na Associaçóm Cultural Artabria, XVII edición da Poesía Salvaxe, Clube de lectura e celebración do LI aniversario da Revoluçon dos Cravos. Por Jorge Mirancos.
  • XXVIII Feira da Plantación en San Sadurniño, este domingo. Por André pequenomostro.
  • Pechamos cunha peza: Anti KKK (XeRoots y La142).


17 abril, 2025

Informativos da Rádio FilispiM, 17/04/2025

Sumario:

- A A.C. Memoria Histórica Democrática anuncía a exposiçom de gravados “Fardel da Guerra” na Casa da Cultura de Pontedeume.

- Ana Lucecú convida á conferencia dentro da campaña informativa e de debate a prol da conexión ferroviaria das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Esta conferencia terá lugar o día 24 de abril no local do antigo hospicio de Ferrol ás 19:30 horas e estará a cargo de Miguel Pazos Otón.

-Menores migrantes e o PP de G”, por Edu Comochoconto da Radio Raposeira.

-Noticias Dialogadas con Lupe e Inacio: Anúncio de proposta da estrutura de custos do servizo de limpeza viaria e de recollida de resíduos polo concello de Ferrol.~

-Co gallo do 20 aniversario da Radio Filispim, André PequenoMonstro embárcanos na máquina do tempo filispiniana até o VI Festival Conspirando por unha radio libre, que se fixo en 2009.

- Lupe Cés comenta a publicaçom do libro “ As ben faladas” de María Xosé Porteiro.

-Reportaxe de André PequenoMonstro sobre o festival musical Mocidade coa Lingua que se realizou o pasado día 11 de abril no Auditorio de Ferrol.

-Rutas Xeoparque Cabo Ortegal para esta semana de feiras. Informa Ana Faba Loba. 

-Inácio Caranza informa sobre o certame de Poesía Salvaxe deste ano que se realizará os días 24, 25 e 26 de abril.

-No Centro Social Artábria no día 20 de abril váise celebrar o Domingo de Insurreiçom cos concertos de Manu Kasoaparte e de Fran Zélop. Informa Jorge Mirancos.

-Condución: Silvia Bogo.  

-Edición: Jorge Mirancos. 

-Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Revoluciónate! Comparte! 

10 abril, 2025

Informativo semanal da Rádio FilispiM, 10/4/2025

 

Informativo semanal de RFM, 10/4/2025

SUMARIO:

  • Reportaxe sonora da pasada manifestación nacional, convocada por SOS Sanidade Pública, o domingo 6 de abril en Compostela. Realizada por Montse Fraga e Inacio Caranza, recolle comunicado, entrevistas e audios daquela xornada. (Edición: Ana Lucecú / pequenomonstro).

  • “Dúas Manis, dúas maneiras”. Por Edu Comochoconto (dende Radio Raposeira).

  • Asociación Memoria Histórica Democrática celebra o aniversario da proclamación da 2ª República con actos en Narón, Pontedeume e Cedeira; do 12 ao 14 de abril. Informa Fernando Ocampo.

  • Leitura do comunicado da Marcha Mundial das Mulleres na pasada concentración do 8 de abril en repulsa ao asasinato machista cometido en O Bolo nos últimos días.

  • NOTICIAS DIALOGADAS. Lupe e Inácio informan da sentenza no caso de explotación sexual a mulleres en pisos de Narón e Ferrol.

  • “POLA PAZ, NON Á GUERRA”. Leitura do comunicado da concentración convocada pola plataforma ‘Galiza pola Paz’, do pasado 9 de abril na Praza Vella, en Ferrol.

  • Silvia Bogo, dende o Centro Social Artábria, cóntanos as actividades que terán lugar nos vindeiros días no local do Esteiro (Ferrol).

  • Pechamos cunha peza musical de Baldo Martínez Sexteto, que chegará ao Jofre o día 11 de abril coa súa “Música Imaginaria”.

Condución/edición: Ana Lucecú.

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

03 abril, 2025

Informativos semanal RFM, 3/4/2025


Informativo semanal da Rádio FilispiM, 3/4/2025

SUMARIO:

  • A intervención da portavoz da Plataforma S.O.S Sanidade pública no Pleno municipal do Concello de Ferrol do pasado xoves 27 de marzo, pon nervosos aos monaguillos do Partido Popular desta cidade. Nolo conta Antonio.
  • Noticias Dialogadas. O traballo dos coidados as persoas maiores é un servizo maiormente en mans do sector privado. Grandes corporaçons repartem-se o pastel de milleiros de milhons de euros. Un deses doces chámase Galiza, un pais envellecido onde máis do 25 por cento da poboazón supera os 65 anos. En Ferrol os dados de persoas con dependenza recoñecida non atendida son alarmantes. Nolo contan Lupe e Inacio.
  • Precisamente, O Faladoiro de Filispim, tratou na súa última edición do Edadismo, da soidade non desexada e mortes sen compañia, que comezan a ser habituais na cidade de Ferrol. O sicólogo Manolo Castro e a arquitecta María Fernández Lemos, foron convidados nesta ocasión. Un impulsores do programa, Cesar Pita, lembra que podemos volver ouvilo a través desta sintonía ou podcast 🎧.
  • A pasada segunda feira en Ferrol tivo lugar umha nova concentraçom convocada pola Coordenadora Galega de Solidariedade coa Palestina, dentro dumha jornada nacional contra o genocídio e o apartheid. Bruno Teixeiro leu o comunicado e o médico gazatí afincado em Ferrol, Amir Ismail Hejazy, tivo umhas palavras de agradecimento. Inacio, estivo alí.
  • "De minas e lixo". Comochoconto, da Radio Raposeira, de novo na FilispiM.
  • Mortes na mina. Cinco traballadores mortos e catro graves no concello de Degaña en Asturies. A mina non tiña permiso para extración deste minera. Informa Oskar, desde Rádio Raposeira.
  • Nace na Galiza a Plataforma Galega pola paz, contra o militarismo, a OTAN e a guerra. Para o mércores 9 de abril convocan concentracións nas sete cidades do noso país. Informa, Lupe Ces.
  • O Colectivo Memoria Histórica Democrática presenta o libro "Alejandro Viana, un galego ao fronte do rescate dos refuxiados republicanos", escrito por Roberto Meras Cobas. Será o vindeiro sábado 5 de abril, no Museo de Humor de Fene. Informa Fer Ocampo.
  • A segunda novela de Miguel Castro Serantes, "La Cuadrilla de las Olas Rotas", está publicada por Fuco Buxán e será presentada o xoves 10 de abril as 7 do serán no CC de Canido en Ferrol. Informa pequenomonstro.
  • As Comadres das Letras presentan o seu segundo libro "Cereixas Roubadas" nunha sesión vermú literaria con música en directo, este sábado 5 de abril, ás 13h, no Centro Cívico de Canido (Ferrol). Informan Flora Miranda e Ana Lucecú.
  • Un clásico no informativo da Rádio FilispiM, as actividades do Centro Social Artábria para a semana. En detalle nolo conta Jorge Mirancos.
  • A plataforma SOS Sanidade Pública, convoca a unha manifestación en Compostela o domingo 6 de abril. (redación)
  • Marchamos a ritmo de jazz. Baldo Martínez Sextet, o novo proxecto do mítico contrabaixista ferrolán,  aterrará no Teatro Jofre de Ferrol o venres 11 de abril. (pequenomonstro)
Condución/edición: pequenomonstro. Redación: equipa informativos RFM.-


13 março, 2025

Informativo semanal da FilispiM, 13/03/2025

Informativo semanal da Rádio FilispiM, 13/03/2025

SUMARIO:

  • A editorial ferrolá (sen ánimo de lucro) ‘Libros del Océano’ ven de publicar o libro “Al borde de tu orilla” do fotógrafo Pablo Fernández. Informa Vicente Irisarri.

  • A asociación para o apoio á lactancia BBTTA organiza actividades para este fin de marzo de 2025 no centro comunitario Manuela Pérez Sequeiros de Narón. O venres 21, entre as 5 e 7 do serán terá lugar un obradoiro titulado: "Ferramentas para unha experiencia positiva no parto". Ao día seguinte, sábado 22, entre as 11 e 01 do mediodía, terá lugar outro obradoiro: "Medicina Tradicional Chinesa no embarazo, parto e puerperio".Ambas actividades estarán conducidas pola Matrona Susana Iglesias, non teñen coste algún, mais precisan inscrición previa no email: bbttarrss@gmail.com ou no teléfono: 680.11.38.45. Informa André PequenoMonstro.

  • NOTICIAS DIALOGADAS, con Lupe e Inacio: A contaminaçom por ferro em dous colegios públicos de Esteiro e a necessidade da gestiom pública do serviço de águas e que este sexa um serviço mancomunado dos concelhos de Ferrolterra, para garantir a calidade do o mesmo, assim como a sua sustentabilidade, fuxindo assim do negócio e o ánimo de lucro que implica a sua privatizaçom.

  • "Eu aponto-me a guerra sob uma só condiçom..." Comochoconto (Radio Raposeira).

    AXENDA:

  • Mesa redonda “Ferrol e os seus lugares, o Monumento ó 10 de Marzo”, que terá lugar o xoves 13 de marzo, ás 19h, no Ateneo Ferrolán coa intervención de: Enrique Barrera, Maricarmen Tapia e Begoña Hermida. Organizada por Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática. Informa Fernando Ocampo.

  • CONCENTRACIÓN ANTIOTAN. Que non nos arrastren á guerra. Movilización galega contra a lóxica belicista e o xenocidio en Palestina. Terá lugar o domingo 16 de marzo, ás 13h, na Praza Vella (diante do arsenal) en Ferrol. Informa Fernando Ramos.

  • Jorge Mirancos, dende a Fundaçom Artábria, fai un repaso das atividades que se levarán a cabo nos vindeiros días no centro social: Apresentaçom do livro “Galizan Nation” (Uma distopia Kpop) de Isabel Rei Samartim, o vindeiro 14 de marzo ás 19.30h e apresentaçom do livro “Mulleres na Construción da Nación Galega” con Lucía Veciño e Margarida Corral, o 18 de marzo, ás 20h.

  • Despedida co tema musical “Urrun” de Fermin Muguruza e recordatorio do seu concerto o día 15 de marzo, no Multiusos do Sar de Compostela. Con saúdo incluido do artista para Rádio FilispiM.

Condución/edición: Ana Lucecú.

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

06 março, 2025

Boletín informativo semanal Rádio FilispiM (6/03/2025)

 

 Sumario, semana do 6 de marzo de 2025.

  • 8 de Marzo, Día da Muller e da Loita Feminista, nun 2025 no que a organización Marcha Mundial das Mulleres cumpre 25 anos, na Galiza e no mundo. Recuperamos do arquivo sonoro de Rádio FilispiM unha conversa con Noelia (MMM Ferrolterra) en outubro de 2008, co gallo do primeiro encontro na Europa, que se levou a cabo en Vigo.

    Entroido en Ferrolterra. Revolta en Trasancos! A nosa compañeira Lupe Ces estivo no festival de comparsas do pasado luns en Ferrol realizando unha sonora reportaxe.

    C.S. Artábria, actividades para esta fin de semana:

    - Sexta feira 7 de marzo. Exposición fotográfica “A Musica Galega ten nome de Muller” (Mario Martinho).

    - Sábado 8 de Marzo, Día da Muller. Manifestación ás 20:00 pm, Praza Amada García. Convoca: Marcha Mundial das Mulleres. Ás 22:00 pm, concerto.

    - Domigo 9 de marzo. Sesión Vermú co grupo folc Mediarea. Despois, foliada.

    Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán. Actos polo 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega:

    - Luns 10 de marzo, 19:00 pm, no Ateneo Ferrolán, recital poético “Poemas como disparos de luz contra o esquecemento”.

    - Xoves 13 de marzo, no CC Torrente Ballester. Mesa redonda: “Ferrol e os seus lugares de Memoria. O Monumento ao 10 de Marzo”.

    Atrasar a idade de xubilación, crime de Estado. Reflexión amplificada por Comochoconto (Rádio Raposeira).

    Concentración anti-OTAN. Domingo 16 de Marzo ás 13:00 pm, diante da porta do Arsenal (Ferrol).

    Fermín Muguruza celebra o 15 de marzo ás 21:00 pm, un akelarre antifeixista en Compostela (Multiusos do Sar). Escoitaremos unha mensaxe de Muguruza para as ouvintes da FilispiM.

    Despedimos co ambientazo do Entroido ferrolán e a comparsa “Revolta de Trasancos”.

    Redación Infomativos de Rádio FilispiM.-

    Conduce: p.m.


13 fevereiro, 2025

Informativo, 13/02/2025


Informativos da Rádio FilispiM, 13/02/2025

Sumario:

- Fernando Ocampo informa sobre o 1º Consello da A.C. Memoria Histórica Democrática (M.H.D.) en Narón.

- A compositora Carme Rodríguez fala sobre o seu traballo na BSO da película “Prefiro Condenarme” de Margarita Ledo Andión. Por André Pequeno Monstro.

- Audio da rolda de prensa do 12 de febreiro na Gentalha: "9 detencons 0 explicacons". Campaña pola absolución des 9 detides o 6 de outubro de 2024 en Compostela, durante a Manifestación en apoio a Palestina. Informa (enlace): Comochoconto.

- “Comedia de Enredo no Cortelho de Menestras”, por Comochoconto.

- Noticias Dialogadas, por Lupe e Inácio: Reganosa contamina con dióxido de nitróxeno.

Axenda:

- QUEREMOS GALEGO cara a Grande Manifestación do domingo 23 de febreiro en Compostela, baixo o lema: “Ante a emerxencia lingüística: Lingua Vital Xa!”

- Xornadas Agroforestais en Canido. Organiza: Opa Cabaré e Asoc, Veciñal de Canido.

- Palestra “Mudar o rumo do galego. Reintegracionismo para a socialización do galego”, com Adela Figueiroa (AGLP) e Marinha Area (AGAL) o 14 de febreiro, ás 20h. Ademáis, concerto de Ruxe Ruxe presentando “Xabral” o 15 de febreiro, ás 22:00 h. no CS Artábria. Informa, Silvia Bogo.

- Entroido 2025 na Agrupación Instrutiva de Caamouco (Ares).

- Na despedida, André Pequeno Monstro preséntanos o novo single da ferrolá Lidia India: “Aire”. 

Condución/edición: Ana Lucecú.

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

06 fevereiro, 2025

Informativo, 6/2/2025

Boletín informativo da FilispiM, 6/2/2025

SUMARIO:

- Noticias Dialogadas. Lupe e Inacio fálannos da nova axuda fake da Xunta de Galiza, un capítulo máis do servizo de propaganda do Partido Popular.

- Comunicado Galiza Anti-OTAN. O noso compañeiro Comochoconto, da Radio Raposeira, fáise eco dunha convocatoria co gallo do famoso referendum da OTAN en 1996. Unha Xornada Galega contra a OTAN e pola paz mundial prevista para o 12 de marzo en toda Galiza.

- Nace "O Faladoiro", un novo programa realizado polas persoas integrantes e colaboradoras do Colectivo Opaíí-Rádio FilispiM. O noso compañeiro Vicente cóntanos os detalles desta iniciativa, informativa, comunitaria e participativa.

- Presentación do xogo "Feminismos no Tempo". Sexta feira 7 de febreiro as 7:30 pm no local da Asociación Artábria en Esteiro, nolo conta Xorxe Mirancos.

- Ciclo de Cultura Democrática, "Cóntamo ti", organizado pola Asociación de Veciñanza de Canido e Colectivo Muiño do Vento. Venres 21 de febreiro ás 7:30 pm no CC de Canido. Abrirán esta nova edición xornalistas da CRTVG que sofren a intromisión política do seu traballo informativo. Nolo conta Celia Fernández.

- A Escola Universitaria de Enxeñaría de Ferrol xunta o venres 7 de febreiro a máis de 20 firmas no seu I Encontro con Empresas. A xornada inclúe dúas mesas redondas: "Retos para as Enxeñarías 2030" e "Hai vida máis aló das grandes empresas".

- O autor ferrolán Marcos Mella convídanos a acudir á presentación da reedición de 300 Meses. Hotel La Torre do Lago (Valdoviño), venres 7 de febreiro ás 7:00 pm. Haberá música e sinatura de exemplares do CD.

- Despedimos con tralla. Ghorxa, unha banda ferrolá, entre a sicodélia, o grunge e outras herbas, que acaba de lanzar un novo traballo resultado dunha sesión de directos. Ferror Records, que vén de cumprir 10 anos, publica o artefacto.

Condución/edición: equipa informativos


30 janeiro, 2025

Informativo, 30/01/25


Informativos de Rádio FilispiM, 30/01/2025

Sumario:
  • Decreto Ómnibus AntiOkupa, por Edu Comochoconto.
  • Celia Fernández infórmanos sobre a nova edición do ciclo de cultura democrática Contamo Ti!, no CC de Canido. 

  • Ana Lucecú lémbranos a charla coloquio O Colapso 50 anos dos limites do decrecemento no Ateneo Ferrolán. 
  • Lupe e Inacio dialogan ao respecto da saída recente dos buques da armada dende Ferrol.

    Políticas de Paz ou Guerra?

  • Concentración, salarios e pensións dignas este sábado 1 ás 12 no Cantón, convoca Traballadorxs Pensionistas.
  • Queremos Galego lanza unha nova manifestación para o día 23 de Febreiro baixo o lema Lingua Vital Xa!

  • Gala youtubeiras+ no Pazo da Cultura de Narón o Sabado 1.
  • Sr Salvaje na Sala Room o venres 7 de Febreiro.

22 janeiro, 2025

Informativos da Rádio FilispiM 23/01/2025

Informativos da Rádio FilispiM 23/01/2025

Sumario:

- A A.C. Memoria Histórica Democrática anuncia os atos a celebrar en Narón o día 27 de xaneiro (Día Mundial das víctimas do Holocausto).

- A A.C. Memoria Histórica Democrática organiza un ato de lembranza e oferta floral a Amada Garcia, os seus sete compañeiros e a todas as víctimas da ditaduta tamém no día 27 de xaneiro no Castelo de San Felipe

- André PequenoMonstro convídanos a participar no Obradoiro de Educación Sexual para Familias. Este obradoiro será impartido por Susana Iglesias (Matrona) no Polideportivo Municipal de Cedeira o sábado 25 de xaneiro.

- “Maus tempos para a información libre”, con Edu Comochoconto da Radio Raposeira.

- Ana Lucecú convídanos a participar na charla/coloquio co xeólogo e investigador Oscar Pazos no Ateneu Ferrolán o día 31 de xaneiro baixo o título “O colapso – 50 anos dos límites do crecemento”. Organiza a Rede Decrecemento Eo-Navia/Galiza/O Berzo.

- A Asociación para a Custodia do Bosque Atlantico Bétula organiza un roteiro nas Fragas do Eume o sábado 25 de xaneiro.

- Inácio Caranza envíanos o audio co comunicado lido na concentración en solidariedade co povo palestino no pasado luns 20 de xaneiro.

- Inácio Caranza envíanos unha curta reportaxe gravada na concentración do pasado día 22 de xaneiro contra a convalidación do Decreto que regula a Xubilación Parcial.Un novo recorte no Sistema Público de Pensións.

- Axenda:

- No Centro Social Artábria o día 23 de xaneiro temos unha nova sesión do clube de leitura co libro “Galaicofobia” de Alexandre Peres Vigo e o día 24 temos unha nova sesión do Obradoiro de construción de Xigantes e Cabezudos.

-  Concerto da fadista portuguesa Lina no Auditorio Cine Alovi n' As Pontes o día 31 de xaneiro.

-  A Agrupación Instrutiva de Caamouco (en Ares) organiza a festa de San Vicente, o patrón daquela parróquia, con rock, callos e propostas infantís. O sábado 25 celébrase o Callos&Rock coa banda Cranio e o domingo 26 terá lugar o baile infantil, con xogos e distintas actividades.

Condución/edición: Jorge Mirancos

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

16 janeiro, 2025

Informativos, 12/01/2025

 

Informativos de Rádio FilispiM, 16/01/2025

Sumario:

- André pequenomonstro adianta a publicación dun novo poemario do ferrolán Paco Peste García "Introspecciones y viajes a mi oniria. El hombre de la pipa de cáñamo". Ademáis, Paco Peste recítanos un dos novos poema-bomba, acompañado da harmónica de Sony Boy Williamson.

- Falemos de Lumes, con Edu Comochoconto.

- Noticias Dialogadas, con Lupe e Inacio: Outra volta coa vivenda. A vivenda nom é um negócio, é um direito humano que cumpre umha funçom social.

- Lupe Ces, dende Caranza, convídanos a participar no Plenario de Queremos Galego, baixo o título: “Mudemos de Rumbo. O galego ten futuro.” O 23 de xaneiro, ás 20h, no Antigo Hospicio de Ferrol.

- A Fundaçom Artábria organiza a presentación do libro “A Culpa foi de Zënzar. 35 anos de rock en galego.” O sábado 18 de xaneiro, ás 20h, no CS Artábria.

- Nova concentración en solidariedade co povo palestino: Luns 20 de xaneiro, ás 20h, diante do concello de Ferrol. Informa Lupe Ces.

- Charla do médico palestino Mohamed Safa baixo o título “Ano e medio de Xenocidio na Palestina. 76 anos de colonización israelí”. Será o 23 de xaneiro ás 19h, no Ateneo Ferrolán. Organiza: Asociación cultural Fuco Buxán. Informa Pablo Melaski.

- Despedimos coa peza musical “La Rossa Palestina” de Umberto Fiori.

Condución/edición: Ana Lucecú.

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

10 janeiro, 2025

Informativos Rádio FilispiM, 10/01/2025


Informativos de Rádio FilispiM, 10/01/2025

Sumario:

  • Edu Comochoconto deixanos a peza Non a mina! en Covas de Barroso (Portugal).
  • André falaranos do xogo interactivo e geocatching "Ferrol a todo FilispiM" creado por Paula Castro, Loli Pol e Mercedes Orbaneja.
  • En novas dialogadas Lupe e Inacio conversan sobre a poxa de 58 vivendas en Ares promovida pola Sareb.
  • Nova concentracion por Palestina o dia 20 deste mes.

20 dezembro, 2024

O Apalpador e as súas trasnas pasaron por Radio FilispiM. O que pasou non o podes perder...!

O Apalpador e os trasnos

O Apalpador e o Exército Rimbombante dos Trasnos e Trasnas Elegantes, pasaron polos informativos de Rádio FilispiM, cargados de castañas ben quentiñas e moitos agasallos para a rapazada galega. Unha das súas trasnas falou para nós en exclusiva mundial. Traen unha máxica mensaxe para todas as nenas e nenos de Trasancos! Non perdas o audio...

Lembramos algunhas das visitas que o Apalpador fará na Comarca de Ferrolterra:
  • O sábado 21 de Nadal. Nadal na Lareira, no Local da Veiga de Naraío (San Sadurniño). A partir das 18:00 h. da tarde, obradoiro de panxoliñas e cantos de Nadal con Vai Rañala Meu. As 19:30 h. do serán, visita do Apalpador, con lambetadas para as crianzas. As 21:00 h., continúa a festa cunha grande foliada libre e petiscos de balde. Organiza Asociación O Castelo de Naraío.
  • Luns 23 de Nadal. A partir das 17:00 h. O Apalpadore chega a Ferrole, cunha Ruada espectacular. Partirá de Batallóns, decorrerá por Esteiro, Recimil, Porta Nova, Rúa Galiano, Praza do Concello, Rúa Dolores, Praza Amboaxe, Rúa Real, regresando á Praza de Armas. Organiza a Asociación Artábria. Colabora Concello de Ferrol.
  • Xoves 26 de Nadal. A partir das 18:00 h. Ruada con partida do CC do Alto do Castiñeiro, Narón. Organiza Semente de Trasancos. Colabora: Concello de Narón.

Boas Festas a todas e todos!!!
Peza musical utilizada: Cantiga do Apalpador (Malvela)
Debuxo Apalpador (detalle): Leandro Lamas

19 dezembro, 2024

Informativos, 19/12/2024


Informativo de Rádio FilispiM, 19/12/2024
Sumario:
  • Crónica da Manifestación contra ALTRI, do pasado domingo 15 de decembro en Compostela. Máis de 100.000 persoas contra a contaminante macrocelusosa que a Xunta de Galicia quere instalar en Palas de Rei (Lugo), con toneladas de verquidos químicos no Río Ulla. Nolo conta unha testemuña da xornada reivindicativa, Antía Cortizas.
  • Umha empresa de Elche, Greene, e a ferrolá Recinor constrúem umha planta de valorizaçom de resíduos industriais nom aproveitaveis en As Somozas. Dim que vam a tratar 40.000 toneladas deste resíduos. Falan verbo desta nova, Lupe e Inacio, na sección "Noticias Dialogadas".
  • "Eu tivem um sonho", un alegato a favor da mobilidade humana asinado por Edu Comochoconto.
  • María Teresa Bustamente Fernandez (Maite Bustamente), avogada especializada en estranxeria, e Presidenta da Asoc. de Emigrantes de Galicia, estivo esta pasada fin de semana no CC de Canido. Falou da nova normativa sobre migrantes que entrará en vigor en maio de 2025. Inacio Caranza estivo alí, e nolo conta.
  • Chega o Apalpador! cargado de castañas ben quentiñas e moitos agasallos para a rapazada galega. Unha das súas trasnas falou para este informativo en exclusiva mundial. Trae unha máxica mensaxe para todas as nenas e nenos de Trasancos!
  • Ademaís, lembramos algunhas das visitas que o Apalpador fará na Comarca de Ferrolterra:
- O sábado 21 de Nadal. Nadal na Lareira, no Local da Veiga de Naraío. A partir das 18:00 h. da tarde, obradoiro de panxoliñas e cantos de Nadal con Vai Rañala Meu. As 19:30 h. do serán, visita do Apalpador, con lambetadas para as crianzas. As 21:00 h., continúa a festa cunha grande foliada libre e petiscos de balde. Organiza Asociación O Castelo de Naraío de San Sadurniño.

- Luns 23 de Nadal, segunda feira. A partir das 17:00 h, o Apalpadore chega a Ferrole, cunha Ruada espectacular.Partirá de Batallóns, Esteiro, e continuará por Recimil, Porta Nova, Rúa Galiano, Praza do Concello, Rúa Dolores, Praza Amboaxe, Rúa Real, regresando á Praza de Armas. Organiza a Asociación Artábria coa colaboración do Concello de Ferrol. Xoves 26 de Nadal.

Xoves 26 de Nadal. A partir das 18:00 h. Ruada con partida do CC do Alto do Castiñeiro en Narón.

  • Despedimos con música. O noso compañeiro Joaquín Enríquez nos achegará unha cantiga de Nadal, con letra de Antón Cortizas, voz de Lucía Pérez e música do propio Joaquín.
Condución/edición: pequenomonstro.

12 dezembro, 2024

Informativos, 12/12/2024


Informativo de Rádio FilispiM, 12/12/2024

Sumario:

  • Montse Fraga,  ASPANEMI (Narón), fala do Día Internacional da Discapacidade e do seu fillo Brais.

  • Chamado á participación na convocatoria da CIG, o 12 de decembro en Ferrol, pola defensa das pensións.

  • “ALTRI NON! Nem eiquí, nem em Madrid”. Informa Edu “Comochoconto”, dende Radio Raposeira.

  • Noticias dialogadas: “Umha volta sobre resíduos e reciclagem”. Da man de Lupe e Inácio.

  • AXENDA: Libros e música na Fundaçom Artábria. Presentación do libro “Runrún” de Ana Varela, clube de leitura e concerto de “Exquisitos Ghipes de Merda”.

  • AXENDA: Galiza con Palestina. Ferrol e Pontedeume, vindeiro luns 16 de decembro, ás 20h, diante dos concellos.

  • AXENDA: Concerto de Adrian Timms no Cuerda Floja (Ferrol) o vindeiro venres 13 de decembro, ás 21h. Como despedida, ficamos cunha das súas pezas musicais.

06 dezembro, 2024

Informativo, 05/12/2024

Informativo local da Rádio FilispiM do 05/12/2024

Sumario:

  • Crónica da concentración convocada pola Coordinadora Galega de Solidariedade coa Palestina do 2/10/24 na praza do Concello de Ferrol por Inácio Martínez.
  • "Dezembro, mes da publicidade e da hipocrasía" por Comochoconto.
  • Ecos do 25 N por Ana Fernández.
  • Novas Dialogadas: A folga no transporte e o movemento veciñal.
  • Axenda Cultural: Concerto de Membrillo Fanegas e La Rabia Saudí na sala ruido (07/12/24 ás 23:00)
  • Canción de peche: Milaka lore/Miles de Flores Süne, Antía Muíño e Greta Ch'aska.

28 novembro, 2024

Informativo, 28/11/2024

 

Informativo Rádio FilispiM, 28/11/2024

Sumario:

  • "É tanto pedir?" O ANPA da Escola Galiña Azul de Esteiro Ferrol, reclama á Consellaría de Política Social da Xunta de Galicia melloras para o cadro de persoal e servizos educativos na etapa preescolar.

  • Pleno no Concello de Ferrol. Este xoves 28 de novembro terá lugar un Pleno, que entreoutros asuntos tratará a proposta inicial para os orzamentos municipais de 2025. Nolo explica Inacio.

  • Aliana Corral do Colectivo BBTT, fala do 17N, Día Mundial das Crianzas Prematuras.

  • Partera Guerrillera, sanitaria, co gallo do 25N, "Día Internacional para a Erradicación das Violencias Contras das Mulleres", fálanos dunha delas, a Violencia Obstétrica.

  • Nerea Calvo Beceiro, co gallo do 25N, fala da histórica Fábrica de Conservas El Cisne de San Sadurniño, resultado das ZUR, Zonas de Urxente Reindustralización, a mediados dos anos 80 como consecuencia da crise do sector naval na nosa comarca.

  • Noticias Dialogadas, Inacio e Lupe seguen... "A voltas co tren".

  • Edu, "Comochoconto" desde Radio Raposeira, fálanos da Cume do Clima e da Conferencia das Partes (COP), que vén de levarse ao cabo en Bakú, capital de Azerbaixán.

  • O filme Prefiro Condenarme parte dun xuízo por adulterio contra unha mariscadora da ría de Ferrol durante a ditadura, en 1972. A violencia, o abuso, a falta de dereitos das mulleres xunto a un ambiente social opresivo, forman parte desa historia real. A cantante i experimentadora galega Mónica de Nut, fálanos do proceso colaborativo e compositivo nunha das pezas desta cita, que vén de ser apresentada en Ferrol.

  • AXENDA. Concerto de Zavala, sábado 30 de novembro, ás 10:00 pm no centro social Artábria, na rúa Batallóns de Esteiro. Presentarán o seu traballo "Pequeno Manual para Grandes Cambios", publicado por Ferror Rcds. Entrada de balde.

  • AXENDA.Xornadas VIHsibles Ferrolterra, en xornada de mañá, o sábado 30 de novembro e domingo 1 de decembro, no Ateneo e CC de Canido respectivamente. Organiza AVANTE LGTB+ Ferrolterra.

  • AXENDA. Galiza con Palestina. Ferrol e Pontedeume, luns 2 de decembro ás 8:00 pm nas prazas dos concellos.

    Condución/edición: pequenomonstro.

21 novembro, 2024

Informativos, 21/11/2024

 

Informativos de Rádio FilispiM, xoves 21/11/2024

Sumario:

- A editorial ferrolá “Libros del Océano” ven de publicar o libro “Cuaderno de Cultura Oceánica”. Vicente Irisarri achéganos un fragmento da súa entrevista co seu autor, Juan José González Trueba, en Musica, Suf e Medio Ambiente.

- Crónica da xornada da “Esfolla do Mainzo” en Doso (Narón), asina pequenomonstro.

- Comochoconto, dende Radio Raposeira, envíanos a súa homenaxe ás vítimas da Dana en Valéncia.

- Última hora sobre o traslado dos arquivos militares de Ferrol. Informa Fernando Ocampo e a Asociación Cultural da Memoria Histórica Democrática.

- Noticias Dialogadas: Ferrol, escudo antimisís.

- AXENDA. Convocatoria para o 25N “Día Internacional contra a Violencia Machista” e lectura das demandas feministas recollidas no Manifesto da Marcha Mundial das Mulleres.

- AXENDA. “Magusto en Canido”. O 24 novembro, no Centro Cívico de Canido. Organizado pola Asociación Veciñal de Canido, Ferror Récords, Fundaçom Artábria e Muíño do Vento.

- AXENDA. Concerto do grupo portugués Caravananana, o xoves 21 de novembro no Cuerda Floja, ás 21h. Entrada de balde.

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!


13 novembro, 2024

Informativos, 13/11/2024


 Informativos de Rádio FilispiM, mércores 13/11/2024
Sumario:
  • A asociación cultural Memoria Historica e Democratica solicita ao concello de Ferrol a convocatoria da mesa de memoria para evitar o traslado dos fondos documentais do arquivo intermedio militar.
  • A asociación BBTTA achega a Alba Padró para falarmos do "destete".
  • A represión contra as solidarias proPalestina en Compostela (crónicas, 3 e final).
  • Noticias dialogadas: Máis Tren.
  • Nova convocatoria en Galiza e Ferrol, en apoio ao pobo palestiniano.
  • Lidia India presenta 'No mare'.

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte! 

Related Posts with Thumbnails
Envia umha mensagem de voz!