Pesquisar neste blog

Mostrando postagens com marcador 25 Avril. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador 25 Avril. Mostrar todas as postagens

01 maio, 2025

Informativo semanal FilispiM, 1/05/2025

 
SUMARIO do informativo semanal da Rádio FilispiM, 1 de maio de 2025.

  • O grande Apagón. A nosa compañeira  Ana Faba Loba, falou coa veciñanza de Trasancos e realizou unha pequena reportaxe sobre este novo feito que marcará a nosa memoria...

  • Novas dialogadas, diálogo de novas. Lupe e Inacio reflexionan verbo da faciana humana que se agocha tras destes acontecementos que nos soprepasan, como o do xa famoso Apagón... mais tamén sobre as consecuencias do "parón" en instalacións críticas, nomeadamente as depuradoras de augas residuais que funcionan na cidade de Ferrol.

  • Edu Comochoconto, reflexiona sobre o Día do infindo Apagón que levan sofrendo milleiros de familias na Cañada Real, mesmo o pobo palestino desde 1947.

  • A pasada fin de semana aconteceu unha nova edición da Feira da plantación en San Sadurniño. Os informativos de Rádio Filispim estivemos alí e realizamos unha reportaxe. Falamos con resposábeis de Agronuquel e Vacatola, presentes na Feira.

  • Presentación do Centro de Estudios Anarcosindicais da Galiza, o pasado sábado 26 de abril no Centro Ágora de Coruña. Economía, Ecoloxía e Traballo, foron os eixos vertebradores deste novo evento libertario. Nolo conta o noso compañeiro Antonio.

  • Lupe Ces fálanos do 25 de abril, en Portugal e na Italia. Do antifascismo. Mais, non esquece Palestina. "Seguimos a denunciar o xenocidio", manifesta.

  • AXENDA. 1º Feira Multisectorial Agrícola en As Somozas. 3 e 4 de maio na praza do Concello

  • AXENDA. A Asociación Recreativa de Camouco en Ares anuncia a expo do Clube de Prensa de Ferrol, "Galicia en Foco". Poderá visitarse a partir do 18 de maio.

  • AXENDA. A veciñanza de Canido en Ferrol celebra Os Maios, entre o 30 de abril e 4 de maio. Unha chea de actividades animarán esta tradición festeira (avcanido.org)- Entre as actividades, o domingo 4 de maio ás 13:00 h-, sesíon vermú. Entre os grupos, un clásico "canidiense", Sr. X, co seu reggae ska findamos.

Conduce: pequenomonstro.
Equipa Informativos Rádio FilispiM

25 abril, 2014

Rádio FilispiM vai... a Escola Oficial de Idiomas de Ferrol.


Rádio FilispiM vai... á Escola Oficial de Idiomas de Ferrol. 

Programa especial realizado desde a biblioteca da Escola Oficial de Idiomas da nosa cidade, coa participación especial do Departamento de Portugués para conmemorarmos o 25 de Abril. Ademáis contaremos coa actuación especial do cantor Jorge Mirancos.

      Acude a gravación en vivo do programa especial o v
enres 25 de Abril a partir das 17:00 h (prégase puntualidade).


      Escoita a emisión do programa en Rádio FilispiM, 93.9 FM e para todo o mundo, vía streaming (http://opaii.blogspot.comos días:
  •  Venres a partir das 20:00 h.
  •  Sábado a partir das 19:00 h. 
O ciclo de programas "FilispiM vai..." é unha outra aventura comunitaria do Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, para achegar o medio libre e comunitario aos colectivos e espazos do noso entorno.

FilispiM vai; vén ti!


+ info:
Podes ver imaxes do"FilispiM vai á E.O.I de Ferrol", aquí: https://www.facebook.com/radiofilispim.opaii/media_set?set=a.10202021226000051.1468153325&type=3

En breves colgaremos o audio...

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails