A Xanela dás Fucas recorda que este 5
de Agosto cumprironse 80 anos dos
fusilamentos de 'As Trece Rosas' .
O ditador mandou
executar a 13 mulleres de entre 18 e 29 anos pola súa militancia na JSU
(Mocidades Socialistas Unificadas) e a defensa da legalidade do goberno da
República tras a Guerra Civil.
Os arrestos destas mulleres tiveron lugar
entre maio e xuño do 39, baixo cargo de reorganizar e pertencer ás JSU. En
concreto, estiveron presas no recinto das Ventas durante semanas, acusadas por
"adhesión á rebelión".
O 29 de xullo dese ano,, asasinaron o
comandante da Garda Civil, Isaac Gabaldón, á súa filla e ao seu chofer. A
sentenza do Consello de Guerra só tardou cinco días en chegar: pena de morte
para as 13 mozas. Os fusilamentos só tardaron 48 horas en realizarse. De
madrugada, foron conducidas en camións ao cemiterio madrileño da Almudena de
Madrid, onde se lles disparou. A día de hoxe, unha placa lémbralles na tapia do
campo santo: "As novas chamadas 'Trece Rosas' deron aquí a súa vida pola
liberdade e a democracia o día 5 de agosto de 1939. Ese día
tamen foron fusilados 43 homes
dos cales 15 eran menores de edade.
Estos son os
nomes das fusiladas Carmen Barrero Aguado, modista.
20 anos; Martina Barroso García.
modista. 24 anos; Blanca Brisac
Vázquez, pianist, 29 anos;
Pilar Bueno Ibáñez,
modista, 27 anos; Julia Conesa Conesa, modista. 19 anos; Adelina García
Casillas, activista, 19 anos; Elena Gil Olaya, activista, 20 anos;
Virtudes González García, modista, 18 anos; Ana
López Gallego, modista, 21 anos;
Joaquina López Laffite,
secretaria, 23 anos; Dionisia
Manzanero Salas, modista, 20 anos; Victoria Muñoz García. Activista. 18
años.
Convidada: Cristina Sobrino López quen realizou esta ilustración mentras escoita o programa .
Fucas que participan: Chelo
Carballal Balsa, Sonia Fernández Bellas, Ana Belén López Verez, Eva Tizón
Bouza.
A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita
E Bella, (Nicola Piova) ;
Canción inspirada na
carta que Julia Conesa
escribeu a su familia pouco antes de ser
asesinada( Francisco Narváez).
Diversos audios de distintos
testimonios de mulleres que compartiron
a militancia e a situación de presas no
recinto das Ventas.