Pesquisar neste blog

Mostrando postagens com marcador ensino publico. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador ensino publico. Mostrar todas as postagens

07 março, 2020

                                        


FILISPIM  VAI  AO  CRA VALDOVIÑO  (6-3-2020)


Un grupo de mestras invitáronnos a que visitásemos o CRA Valdoviño. Un compañeiro, mestre, e amigo persoal delas, prepara conxuntamente con elas a escaleta e alí ímos.

Coa ilusión e á vez o vértigo de “unha primeira vez”, mestras, concelleira@s  nenas e nenos enfróntanse aos micros.

Este mes é o mes de solicitude de matriculas polo que elas queren ofrecer o seu proxecto educativo ás familias da zona.

Invitaron tamén a nais implicadas neste proxecto , que puideron confirmar a idea do que supón ofrecer un “ambiente preparado” para “promover a independencia” do nen@ na exploración e o proceso de aprendizaxe. A liberdade e a autodiscuplina que fai posible que cada participante atope actividades que dean resposta ás súas necesidades evolutivas.
Participamos como preparaban un almorzo saudable con froitas do momento á vez que nosoutr@s tamén gozamos dun delicioso café.

Puidemos comprobar como o que sabemos das teorías educativas alternativas,  aquí lévano á práctica co entusiasmo e a crenza de que a súa profesión é unha parte moi importante da súa vida.
 O tempo  se nos quedou corto  quedando  moitas  preguntas  pendentes  de  responder…. polo que QUEREMOS  QUE VEÑAN  un   día a   Canido  o  noso estudio     e    continuar   disfrutando  dos  seus  proxectos….
Convidad@s: Rosana García Lopez; Alberto  Gonzalez Bello;  Lucía  Leira  Martinez;  Vanesa Muiño  Rodriguez;  Ana Cristina Perez Campos;  Maria  Rodeiro Casas.
 Concelleira@s: Rosana García Lopez;  Benito  Vega  Fernadez;
 Redactor@s  Radio   Filispim: Antonio,   Cesar,  Chelo, Fran, Jorge,  Vicente.
A música que escoitamos:   Bule   bule    ( Paco  Nogueiras);   Baldomero ( Pacolas); Xoaniña   (  Orquesta Pantasma );   Isto bailase  asi ( Uxia Lambona)   O Mar (  Magin Blanco ); Marcho  que teño que marchar ( Magin Blanco).



Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails