Pesquisar neste blog

Mostrando postagens com marcador O Faladoiro. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador O Faladoiro. Mostrar todas as postagens

17 julho, 2025

O Faladoiro, nº 11. Un achegamento á Mocidade.


O Faladoiro Nº 11 (15/7/2025)

Un achegamento á Mocidade.

Despois de abordar distintos temas no Faladoiro decidimos adicar un programa a debater sobre a mocidade, convidando a tres persoas que cremos responden a esta perfil. Ademaís, algunhas das persoas condutoras do espazo lembran as súas vivencias naquela etapa vital e circunstancias socioculturais naquela altura na Galiza e España, marcando diferenzas co momento actual.

Despois da súa presentación, a mocidade convidada (Celia, Laura e Xaquín) relatan cales son as súas circunstancias persoais e como non son alleos ao momento social que lles toca vivir. Fáise referencia aos datos que recolle o “Informe Mocidade en España 2024”, unha radiografía das persoas mozas que permite observar os cambios na mocidade nas ultímas catro decadas. Ademáis, falamos do estudio do historiador Steven Forti quen sostén que “Entre os venes a insatisfación leva a un rexeitamento da democracia” e como nalgunhas enquisas se cuestiona "democracia forte ou ecomomia forte", observando tendencias que comezaron mesmo antes da crise de 2008, nas que se valora a economía por riba da democracia.

Como acontece en moitos "Faladoiros" nalgúns momentos o debate foi acalorado o que fixo que as participantes deixaran constancia da súa opinion, mesmo promoveran debates a desenvolver en futuros programas.

Como proposta de futuro apóstase por un mundo no que se produza un maior coñecemento das loitas sociais acadadasunha sociedade máis empática, a necesidade da colectivización e un achegamento ao mundo rural.

Participan: Alexandre, Vicente, Cesio e Chelo.

Convidadas: Laura Couto, Celia Moreno e Xaquín Morillo.


02 julho, 2025

O Faladoiro nº 10 - De Trasancos á Gaza (1/7/2025)



O Faladoiro Nº 10 (1/7/2025)

As persoas que facemos habitualmente este programa sentímonos moi contentos porque a cadeira que estaba baleira neste programa xa esta ocupada pola persoa que cada programa aporta unha opinión
sempre con moito fundamento, Inacio Martínez.  A súa ausencia estaba máis que xustificada pola súa participación, xunto co compañeiro Xan Lópes, á Marcha a Gaza.

Durante o programa fálanos das súas motivacions para particuipar na mesma. Relátanos as distintas etapas polas que pasaron, as dificultades e como as foron superando. A verdade e que seguindo o seu relato en varios momentos nos sentimos con eles nesa Marcha. 

Durante o programa tamen tivemos a oportunidade de falar da situación do mundo e de Gaza en particular, así como de cuestionar a humanidade de algúns dirixentes mundiais, polo que valoramos moito máis a
xenerosidade de persoas como Inacio e Xan que despois de moitos anos de compromiso social deciden implicarse nunha última acción, non exentas de riscos para súas vidas.

Grazas compañerios Xan e Inacio por existir.

Participan: Vicente, Cesio, Inacio, Chelo

21 junho, 2025

O Faladoiro nº 9 . A Pobreza (17/6/2025).


A Pobreza. 

Dun ou doutro xeito, con maior ou menor grao, o certo é que a Pobreza está presente en todo o planeta. 8.500 nenos e nenas morren cada día no mundo a causa da desnutrición, sendo o número de famentos 800 millóns. 

En "O Faladoiro de FilispiM" profundamos nesta inxustiza, nesta traxedia, coas persoas convidadas: Soledad Lucero (Asociacion de Movilidad Humana - Galicia /Hasta que a Dignidade sexa costume), Guillermo Leira (Cáritas de Canido) e Gabriel Tizon, o noso prestixioso fotoperiodista. 

30 maio, 2025

O Faladoiro nº 8 - Enerxía e sostibilidade

ENERXIA e SOSTIBILIDADE.

Así de amplo foi o tema tratado en noso ultimo Faladoiro. Tratamos de concretalo tocando puntos como o Modelo de Consumo Enerxético na Sociedade en xeral e de Galicia en particular, as distintas fontes de enerxía e singularmente as renovables, deténdonos na eólica terrestre e mariña flotante, o Cambio Climático, a entrada do Hidróxeno na ecuación e a sua relación cos fondos Next Generation, e outros mais, para acabar como non co tema do recente Apagamento.

Como convidados tivemos a Fernando Blanco Silva, enxeñeiro industrial pola Escola Politécnica de Ferrol, economista e graduado en dereito pola Universidade Isabel I, así como doutor en desenvolvemento sostible pola Universidade Católica de Ávila. É director da revista galega de enerxía Dínamo Técnica desde a súa fundación en 1999. Co el estivo Xosé M. Golpe Acuña, Técnico superior en centrais e redes eléctricas e consultor enerxético na Oficina de Transformación Enerxética da Deputación da Coruña e que actualmente é Deputado no Parlamento Galego polo BNG.


07 maio, 2025

O Faladoiro Nº 7 - Participación cidadá

O Faladoiro da FilspiM


O Faladoiro Nº 7 (6/5/2025).-

Nesta ocasión falamos de participación cidadá. Como convidados acuden Maica Rodríguez Freire e Roberto Taboada, veciños de Canido, implicados en procesos de participación.

No programa, Maica, como licenciada en ciencias políticas e da administración, especializada en xestión integral de proxectos, reflexiona sobre o concepto de "participación cidadá" e convida a identificar este proceso de interacción no cotiá da nosa vida. Pola súa banda, Roberto, como presidente da Asociacion de Veciñanza de Canido, fálanos da dinámica creada neste centro Civico e das ventaxas de outorgar á veciñanza a responsabilidade da súa xestión.

Concluimos que a participación beneficia a toda a comunidade e crea persoas con capacidade de decisión e máis libres.

Participan: Vicente, Cesio, Ignacio, Chelo.

Convidadas: Maica Rodríguez Freire, Roberto Taboada.

17 abril, 2025

O Faladoiro, Nº6 - A todo tren (15/4/2025)

O Faladoiro, a todo tren.

O Faladoiro, no seu 6º programa, convidou ao FORO CIDADÁN POLO TREN. 

Contamos con algúns integrantes deste foro, falamos dos motivos da súa creación, de acordo a un problema que afecta a toda a comarca de Ferrol e Mariña Lucense, nun contexto de servizo público que camiña cara a privatización, tanto no transporte de persoas como de mercadorías.


A visión profesional de traballadores do sector ferroviario, a nível sindical, así como o papel de representantes das diferentes administracións, estivo presente ao longo do programa.


Os recentes estudos de Xoan Vazquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlantico, e Esperanza Piñeiro de San Miguel e Xulia Díaz Sixto, investigadora e xornalista respeitivamente, aportan datos de utilidade aos participantes no debate radiofónico. Sen dúbida, un cativo desenvolvemento ferroviario resulta unha enorme atranco canto o desenvolvemento  económico das Comarcas do noroeste de Galiza.


Un programa moi interesante que deixa aberta moitas "vías" cara un posíbel novo Faladoiro, A TODO TREN... 


Participan: 

Vicente, Cesio, Ignacio, Fernando, Chelo, Ana.

Convidadas: 

Nes, Gregorio, Javier, Alexandre. 


04 abril, 2025

O Faladoiro de FilispiM. O Idadismo na sociedade actual.

Integrantes de O Faladoiro de FilispiM

Nesta edición de O Faladoiro falamos de Idadismo, da soidade non desexada, de cooperativas de vivendas...  Ademáis, contamos con voces expertas, María Fernández Lemos (arquitecta) e Manolo Castro (sicólogo).

O Faladoiro é un programa en colectivo de Rádio FilispiM, 93.9FM

19 março, 2025

O Faladoiro - programa 4 (A Ría de Ferrol)

Ría de Ferrol

 O FALADOIRO DE FILISPIM -programa 4-

Neste espazo do Colectivo Opaii! falamos do estado da Ría de Ferrol, analisando as súas condicións xeolóxicas, físico-químicas e biolóxicas... da pegada da industria, da construción de infraestuturas como o Porto exterior.  

As persoas participantes lembran o disfrute integral da nosa Ría na súa mocidade. Cesio, biólogo, acredita o cambio da vida mariña. Ademáis, relaciónase a degradación Ría, con aspectos globais. En definitiva, un problema complexo que precisa concienciación social e unha abordaxe política e administrativa en profundidade e non de parches.

Participan: César, Inácio, Césio, Vicente e Chelo
Convidado: Guillermo Díaz Agrás, Xefe da Estación Biolóxica Mariña de A Graña (Ferrol).


05 março, 2025

O Faladoiro de FilispiM - programa 3

 

O Faladoiro de Rádio Filispim, emisión do martes 4 de marzo de 2025.

Como está, como vemos a Ferrol e a sua bisbarra hoxendía. No económico, no social, no político. Estamos ante unha recuperación ou é unha ilusión creada por certos intereses, de acordo a emocions, sensacions, desexos? En calquera caso, de ser certa ista evolución, imos polo camiño correcto ou estamos a repetir erros históricos coa montaña rusa da exclusividade do sector naval? Todas estas cuestións, e outras máis, foron plantexadas polas persoas participantes desta nova edición de O Faladoiro, un programa produción propia do Colectivo Opaii-Rádio FilispiM.

Participaron no programa: Inacio, Cesio, Vicente, César e Chelo.

21 fevereiro, 2025

O FALADOIRO DE FILISPIM -programa 2-

Segundo Faladoiro de Filispim. Nesta ocasión participan César, Inácio, Césio, Vicente e como convidado Francisco Gil, portavoz comarcal da plataforma Queremos Galego.

Precisamente a situación de emerxencia da nosa lingua centrou de forma case exclusiva o contido do Faladoiro. Situación, causas, posibles solucións e accións inmediatas, foron tomando forma ao longo do faladoiro.

12 fevereiro, 2025

O Faladoiro de FilispiM -Episodio 1-

Neste primeiro Faladoiro participan Chelo, Inácio, César, Cesio e Vicente. Despois de presentar os obxectivos e motivos do programa, a maior parte do tempo dedícase a responder unha enquisa dun equipo de investigación sobre emisoras de radio libres e comunitarias, como Radio Filispim. Foi tedioso pero clarificador para os que non coñecen este tipo de estacións. Para o próximo Faladoiro prométense temas máis interesantes.

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails