Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador pintura. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador pintura. Mostrar todas as postagens

16 outubro, 2020

A Xanela das Fucas nº 42 (15-10-2020)

Programa  nº 42-  (15- 10-2020

  A Xanela das   Fucas   acercase o  Centro Cultural Torrente Ballester a exposición transdisciplinar colectiva Eau de femme  e entrevista a  sua   comisaria  Dulce Anca.

A través da escultura, a pintura, artesanía, fotografía, instalacións varias, do cinema, o son ou as palabras, os artistas presentes no xardín que é Eau de femme logran sacudir a nosa memoria.

32  Artistas de aquí, de Ferrol, de Bélxica, de Foz, A Coruña, Lugo, Boqueixón, San Sadurniño, Ourense ou Pontevedra, unha amálgama de voces que convidan ao espectador a experimentar   con todos os sentidos,  coma si paseásemos por un xardin.

 Cando finalmente o xardín Eau de femme se peche o domingo 18 de outubro, a revista-catálogo quedará como testemuña desta singular experiencia comisariada pola artista fenesa Dulce Anca que explica que a idea orixinal da mostra ven de vello, e na inspiración ten moito que ver a profesora Dolores Villaverde, autora de “La imagen en la publicidad y el arte” e experta na historia do perfume na publicidade.

   Dulce   falounos de como  comenzou a pintar   e como a Pinruta converteuse na sua pasión ……….. Grazas

Artistas que expoñen en Eau de femme:

Andrés Gabarres, Carolina Bouza, Daniel Caxigueiro, Dolores Villaverde, Dulce Anca, Gozalo Pérez del Castillo, Gosia Trebacz, Idoia Cuesta, Isabel Pintado, Iván Prieto, Jesús Otero Iglesias, José Gascón, Luisa Valdés, Lupe Vázquez, Luz Darriba, Manoel Bonabal, María José Leira, María Ribero, María Xosé Díaz, Michelle Williams Gamaker, Mieke Bal, Mónica Fernández, Noemí Lorenzo, Nuria Ruibal, Pablo Orza, Pitusa Arias, Reina D´hoore, Ruth Lodeiro, Soledad Penalta, Víctor G. Novás, Viki Rivadulla, Xurxo Gómez Chao.

 


  Convidadas: Dulce   Anca  e   Cristina   Sobrino  López , Serea Ventureira Fdez.

Fucas que participan:  Chelo Carballal Balsa,  Sonia Fernández Bellas,   Ana Belén Lopez   Verez.

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;  Mares igual que tú  (Amaral);

.

04 setembro, 2020

 Programa  nº 39 -  (3- 9--2020)


A Xanela das Fucas convida a Mho Dueñas, artista de Martorell  que xunto con outros 29 creadoresparticiparán no evento anual de arte urbana, Las Meninas de Canido, que se celebrará esta fin de semana en Ferrol.
Mho cóntanos por que comezou a pintar, como desenvolveu un proxecto de creación artística que inclúe a varios artistas da cidade de Martorell.Nesta edición ten previsto repintar un dos seus traballos anteriores entre o xoves e o domingo. A nova creación quere facer reflexionar ao espectador sobre as mulleres como obxecto de intercambio ao longo da historia.Dueñas participa desde 2015 neste certame que o artista local Eduardo Hermida creou en 2008 para intentar frear a degradación do seu barrio, Canido. Un evento que, ano tras ano, convida a artistas de todo o mundo a reinterpretar un dos cadros máis coñecidos do museo do Prado, Las Meninas, de Velázquez.

Durante a entrevista falounos   de moitas   cousas e  tamén compartiu as súas experiencias cunha muller nova, Seara, que este ano iniciou as súas clases de pintura ... ..

Mho non deixes de vir todos os anos e aporta as túas reflexións sobre a arte, sobre as mulleres e sobre a vida ...

 Convidadas:  Mho   Dueñas ,  Seara Ventueira Fdez

Fucas que participan:  Chelo Carballal Balsa,      Sonia Fernández Bellas,  Eva  Tizón   Bouza

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;    I put a spell on you  (Angelina Jordan ); Na  Szczycie ( Grubson ); Lost  on you (LP Song 2016); Tempestades  de sal   (Ses). 





04 outubro, 2019

A Xanela das Fucas Nº 27-b

Programa  nº 27-b-  (3-10-2019)


A Xanela dás Fucas  recibe a   Chelo   Facal Casado  quen   inaugurará este venres unha exposición de pintura e escultura na que mostrará unha selección da súa obra máis recente no  ateneo  Ferrolan .

As pinturas -óleos e acrílicos, fundamentalmente-,  son de corte figurativo e fusionan os aspectos máis impulsivos dos seus inicios co maior grado de reflexión e precisión técnica alcanzados nas súas etapas posteriores.
Nos encontramos  con unha   muller  de apariencia muy fraxíl,  un  sorriso   que te desarma  e unha profundidade de  pensamento que te cautiva e  desexas  que non pare de falar.
Titula  esta exposición:  “Un mundo de luz  un mundo de  cores”, nos comenta   cando hay luz  os corazons  non  se endurecen.

A súa traxectoria valeulle   distintos  recoñecementos como o Premio Internacional de Cerámica do Museo Pazo Módena (Italia, 2003),  entre outros.

Convidada:  Chelo  Facal  Casado

Fucas que participan:    Chelo Carballal Balsa,     Sonia Fernández Bellas,   Eva   Tizón    Bouza.
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;
Desde que te perdí, ( Kevin  Johason); Pedro Navaja (Ruben Blades);  A  Galopar (Paco Ibañez e Rafael Alberti

Related Posts with Thumbnails