Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Ría Ferrol. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Ría Ferrol. Mostrar todas as postagens

09 maio, 2015

DIVERTIMENTO - Especial "Ferrol Mola en Eleccións" _ 08/05/2015

Instantanea do especial "Ferrol Mola en Eleccións".

Edición de DIVERTIMENTO para pequenos monstros do venres 8 de maio de 2015, na Rádio Filispim, 93.9 FM, libre e comunitaria dende Ferrol.

Especial, "FERROL MOLA EN ELECCIÓNS".

Coa presenza de:
  • MELI CRIADO. Comandanta en Xefa do blog: http://labocadelaria.blogspot.com
  • XABI PORTO. Comandante en Xefe de ningúen. Espazo Libertario (CNT-Unión Libertaria).
  • PEDRO FERRÁNDEZ. Comandante en Xefe do seu pensamento. Ideologo e pensador no Diario de Ferrol, no seu tempo en Rádio FilispiM, con "Aquiloquevibra".
  • ELENA. Comandante en Xefa da súa natureza. Integrante da Sociedade Galega de Historia Natural, cantante de samba, boas vibracións.
Neste program xuntamos a persoas para falar de política con maiúsculas, que é como fala a xente do pobo. Así, Meli contounos máis da Ria de Ferrol, do Porto e do seu blog (La Boca de La Ría) onde a Ría, coma ser vivo de natureza rebelde que é, toma a palabra. Elena, lembrou a Manolo de Vite, ser humano que soubo pasar polas persoas e terras que camiñou, integrante da Sociedade Galega de Historia Natural. Xabi, falou do 1º de Maio e Pedro pensou en Ferrol. Despois, entre tod@s falamos do inicio da campaña eleitoral en Ferrol... e así pasaron case dúas horas con xente que fala de corazón.

Apresentan e conducen: Ana Lucecú e Pequeno Monstro.

16 dezembro, 2014

As mariscadoras e mariscadores sen carné da Ría de Ferrol seguen na luita.


Semana de dura represión e mobilización para @s mariscador@s sen carné.

O pasado mércores 26 de novembro concentráronse ás once da mañá diante do edificio da Xunta en Ferrol. Unha vez alí, conseguiron reunirse cunha representante da Consellería do Medio Rural e do Mar, sen que este conseguise satisfacer as súas demandas.

Mentres a Xunta e o Concello seguen a marear a perdiz con vagas promesas de entregas de carné, a Policía Autonómica segue a reprimir a este colectivo, nunha semana de forte despliegue policial.

Súmaselle a isto a presión mediática, cando informativos como os da TVG califican ao colectivo de "banda criminal organizada".

Ante isto, o colectivo continuou mobilizándose nas rúas. Na mañá do xoves 11 de decembro estiveron apoiando a acampada que as traballadoras de Cleanet (servizo de limpeza dos Arsenais) manteñen no Cantón frente a porta do Arsenal, por impago dos seus salarios. Na tarde dese mesmo día, confluiron todas e todos eles na protesta de recibimento a Núñez Feijoo quen, ao final, non apareceu.

 Sergio e o Pequeno Monstro para os informativos locais da libre de Ferrol.


30 novembro, 2014

Divertimento. Especial "Ría de Ferrol, o espertar dos peixes" (28/11/2014)

Joám Luis Ferreiro (imaxe: http://www.greenpeace.org)

Especial "Ría de Ferrol, o espertar dos peixes". Nova edición de DIVERTIMENTO para pequenos monstros. Case dúas horas de opinión libre e valente na radio libre de Ferrol, Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Falouse, claramente, do estado de saúde da nosa Ría, dos recursos mariños, das Confrarías de Pescadores e as súas "autorizacións", da Consellaría de Pesca, dos Plans de Explotación, Asistencias Técnicas, Autoridade Portuaria, Forestal do Altlántico, Fábricas de Colas, Reganosa, Megasa, dos recheos e os cheiros (fedor), da formación náutico-pesqueira, do fenómeno crecente d@s traballadores irregulares da ría, dos misteriosos cursos de formación, do IGAPE, dos fondos FEDER (que tamén feden), de "Ferrol Container Terminal" e até dos muros físicos e sicolóxicos. Mais, tamén de futuro e esperanza, máis aló do "cenagoso" panorama actual.

Para todo isto, contamos no estudio con:
  •   Xaime, mariño mercante.
  •   Joám Luis Ferreiro (Cesio), Biólogo e integrante da SGHN (Sociedade Galega Historia Natural).
  •   Meli Criado, nautico pesqueira e "rebelde con causa".
* Tiveramos gostado ter presenza d@s traballadores irregulares da Ría de Ferrol, cuxa intervención no programa tentamos ao longo da semana, mais ao través dun dos seus representantes, anunciaron que non poderían participar.

Cara ao final do programa, tivemos comunicación cunha parte da "Columna Ferrolterra", integrada na Plataforma Galega das Marchas da Dignidade, que logo de varios días de camiñada chegaron o 29-N a Compostela para participaren xunto a milleir@s de galeg@s  no "Toma o Obradoiro".

Apresentou e conduciu: Pequeno Monstro.



Grazas a Meli, Cesio e Xaime pola súas valiosas e valentes intervencións, nun tema tan "cenagoso" coma é o da Ría de Ferrol. Falar claro, sen cancelas, coa crítica e autocrítica precisa, é o primeiro paso para mudar a actual situación.

14 novembro, 2014

@s traballador@s irregulares da ría de Ferrol denuncian a súa criminalización.

"Isto vai a pior, non hai ningúen que se sente e que poña unha solución riba da mesa, cada vez hai máis xente no paro, na ría, sen recursos. Estamos abocados a isto, ao paro. Nin clases altas, nen clases medias... todo para abaixo". Con ista claridade expresábase unha pequena representación do cada vez máis numeroso grupo de traballador@s irregulares da ría de Ferrol, no descorrer da emisión do programa Escarnio da Rádio FilispiM. Entre trescentas e catrocentas persoas recorren aos froitos da ría, coma último recurso, ante a falla de perspectivas laborais ou prestacións das Admóns, co telón de fondo da realidade cotiá da cidade con maior taxa de paro do país, Ferrol.

No transcorrer da longa e intensa charla, os traballadores irregulares da ría, denunciaron trato denigrante por parte da policía, nos cada vez máis frecuentes operativos da Xunta e "forzas do orde". "Danche un chuvasqueiro do `Capitán Pescanova´, ou vas nú para casa", denuncian. Ademáis falan de atribucións de incautacións que non se corresponden coa realidade e que non se lles da recibo do incautado, entre o que se atopa útis de traballo e roupa de mar. Conclúen que as Autoridades (Xunta e policía) están interesadas en crear unha alarma social para lograr que o agora mesmo considerado coma falta administrativa pase a "resoverse" coma ser fór un delicto, pola vía penal. Ante esta situación, veñen de organizarse en Asembleas para chamar a atención sobre o que está a acontecer.

Ouvimos un pequeno extracto da longa charla. O audio íntegro, pode escoitarse aquí: http://opaii.blogspot.com.es/2014/11/xa-podedes-escoitar-o-4-programa-de.html


Redacción de Informativos, Rádio FilispiM.

13 outubro, 2014

A xestión pública do auga en Ferrol.


O pasado mércores, 8 de outubro de 2014, tivo lugar unha nova edición de O Recuncho, o programa da A.C. Fuco Buxán, ao través de 93.9 FM Ràdio FilispiM. Coma convidados estiveron  Alexandre Carrodeguas (Verdegaia) e Ernesto Lópes “Nes” (ADEGA), integrantes da Plataforma para Xestión Pública da Auga e Saneamento da Ría de Ferrol. Nos informativos de Rádio Filispim, rescatamos parte das súas intervencións...

Redacción Informativos Rádio FilispiM.
Related Posts with Thumbnails