Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Carga de Dignidade. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Carga de Dignidade. Mostrar todas as postagens

18 novembro, 2013

Programa do Colectivo OPAII do 15 de Novembro de 2013

Neste Programa do Colectivo OPAII do 15 de Novembro de 2013, falamos da actualidade do Colectivo e as novidades desta semana, das concentraçons de Nunca Mais e a sentencia do caso Prestige, da iniciativa sindical "Ferrolterra Esixe Solucións", Navantia, Pemex , das mortes por accidente laboral de 2 pessoas nesta semana na nossa comarca, da sandalia das CUP's, da folga de fame de Vel-a Luz, da misteriosa desapariçom de Diego, ... música e umha chamada inexperada desde o Ateneo Ferrolán.


31 maio, 2013

DIVERTIMENTO - Vivendas de Recimil - Rede ContraMinACCIÓN! - Carga de Dignidade (Radio Buguina)

Cartazes de Carga de Dignidade e da Rede ContraMinACCIÓN!.
Divertimento para pequenos monstros, edición do xoves 30 de maio de 2013.

Contiúdos:
  • Persoas afectadas pola desidia do PP no Concello de Ferrol, demandan a adxudicación das vivendas do bairro de Recimil dunha vez.
  • Rede ContraMinaACCIÓN!. Conversa con Nela Abella da asociación ecoloxista Verdegaia, ante a venda da nosa paisaxe a multinacionais estranxeiras.
  • Carga de Dignidade, acción en Ferrol do Colectivo Radio Buguina xurdido da estela de Burla Negra, ante o desastre socio-laboral provocado polas políticas neoliberais do PP. Conversa con Pepe Barro.
  • Axenda Divertimento.
Apresenta: Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio FilispiM (Ferrol), Cuac FM (Coruña) e Rádio Kalimera (Compostela).

Programa completo:


Conversa con Nela Abella da Rede ContraMinaACCIÓN:


Conversa con Pepe Barro do Colectivo Radio Buguina:


+ info: http://pequenosmonstros.blogspot.com

30 maio, 2013

NOVAS LOCAIS. Carga de dignidade, 2 de xuño 2013. Esteiro-Ferrol.



A crise é a escusa perfecta. A construción naval sábeo ben, foi a primeira asoballada. Pero agora veñen contra tod@s, sector por sector, empresa a empresa, veñen casa por casa. A crise económica é a gran burla negra contra toda a cidadanía. E en Ferrol hai ben tempo que se sabe, que se sufre, que se engule a negra sombra. Abonda!

Artistas e creadores agrupad@s en Radio Buguina chamamos a toda a poboación de Galicia a unha acción artística popular en Ferrol. Chamamos a seguir o exemplo daqueles traballadores e traballadoras do sector naval que nun arrouto de dignidade penduraron os seus buzos de traballo na reixa da factoría de Navantia. Chamamos a continuar este monumento á dignidade, cada quen coa súa peza de roupa, batas da sanidade, batas da limpeza, batas de laboratorio ou batas de casa, xerseis, pantalóns, togas, camisolas, fundas, buzos, saias, vestidos, camisas, blusas, uniformes, chaquetas, cazadoras, traxes, mesmo a roupa das nosas crianzas, todo aquelo ao fín que pola súa forma e colorido é digno de ser pendurado, todo o que tivo un eco, unha voz, un runxido por leve que fose, con tal que chegue a conmovernos.

Chamamos a construír un monumento, pero tamén a vivir un acontecemento, con músicas, palabras e radio ao vivo. Homes e mulleres equipados con escadas e bridas van axudar a cinxir, espetar ou pendurar as vosas pezas de roupa. Será unha obra efémera, pero durante un tempo mostrará a reixa de Navantia cargada coa roupa de toda a xente, cargada de dignidade!

Ver Lugar da acción, "CARGA DE DIGNIDADE" nun mapa máis grande
  • Cartaz: 
  • Cunha radio:

  • Promo, realizada por Rádio FilispiM.
Related Posts with Thumbnails