Pesquisar neste blog

Mostrando postagens com marcador palestina. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador palestina. Mostrar todas as postagens

15 maio, 2025

Informativo Rádio FilispiM, 15/05/2025

Informativo semanal da Rádio FilispiM, 15 de maio de 2025.

SUMARIO:

  • Novas dialogadas. Lupe e Inacio seguen a voltas cos RESIDUOS. Na actualidade máis de 1.000 toneladas de voluminosos recolhem-se em Ferrol cada ano. Hai umha falta de empatia e civismo por parte de certa vizinhança. Abordam este assunto, assim como os vertedoiros incontrolados.

  • Jorge Mirancos achéganos as actividades do Centro Social ARTABRIA de Ferrol para esta semana.

  • Ana Lucecú, lémbranos unha nova concentración en Solidariedade con PALESTINA. Xoves 15 maio, ás 19.30h, na Praza Vella. Ferrol. Convoca: Ferrol con Palestina.

  • Luce Ces, profunda sobre as últimas novas sobre o xenocidio que está a acontecer en GAZA, aos ollos do mundo.

  • O Colectivo BDS (Boikot, Desinformación e Sancións a Israel), inicia unha campaña de concienciación dirixida aos FESTIVALEIROS e festivaleiras. Atentas ao seu comunicado...

AXENDA:
  • III ENCONTRO GALEGO DE MIGRACIÓN, sábado 24 de maio en Canido, organizado polo colectivo ferrolán Mobilidade Humana.

  • LETRAS GALEGAS 2025. Son moitos os actos e convocatorias para este importante Día. A principal: En Compostela, o sábado 17 de maio ás 12:00 h. Desde a Alameda, manifestación baixo o lema "Lingua vital Xa!. Culminará no Obradoiro cunha foliada pola lingua que promete ser espectacular. Debes ir ben armada de ferralla e gañas de sacar a lingua! 

                   *Entre cita e cita, ouvimos música de Color Humano e cantareiras de Leilía.

  • Rematamos cunha nova viaxe a través da MÁQUINA DO TEMPO FILISPINANA. Co pretesto do 20 Aniversario da FilispiM, recuperamos audios que marcaron a nosa andaina. Desta, viaxamos ao Maio de 2011, cando o chamado Movimento 15M contaxiou á mocidade de Ferrol e Trasancos (toma de son, edición: pequenomonstro).

Redación filispiniana.
Conduce: André pequenomonstro.-

08 maio, 2025

Informativo semanal Rádio FilispiM, 8/5/2025


Informativo semanal Rádio FilispiM, 08/05/2025

Sumario:
  • “Filispím Foi aos MAIOS”, reportaxe realizada polo noso compañeiro Antonio durante esta festividade no barrio de Canido de Ferrol.
  • “NOTICIAS DIALOGADAS”. A mantenta da apagom eléctrico do passado 28 de Abril e do debate na sessom de controlo do Governo polo Congreso de Deputad@s em Madrid. Galiza tem que deixar de ser um "território de sacrifício", para ser soberana nas decissons e poder gestionar o seu modelo eléctrico. Con Lupe e Inácio.
  • “Reflexom sobre os protestos do 1° maio”. Edu COMOCHOCONTO, dende Radio Raposeira.
  • A MÁQUINA DO TEMPO FILISPINIANA: “Lume no Ateneo!”. Cara a 1:25 h. da tarde do 17 de xaneiro de 2008 un lume e unha intensa fumareda alertan á secretaria do Ateneo quen, de inmediato, avisa aos bombeiros. Trátase dunha acción violenta aínda sen resolver, que a propia policía cualifica como intencionada. Rádio FilispiM levaba emitindo tres anos desde o famoso estudo metro cadrado... Nolo lembra André Pequeno Monstro.
  • Convite de QUEREMOS GALEGO para participar na grande foliada e manifestaçom nacional do 17 de Maio em Compostela. Por Lupe Ces.
  • Concentración 80 aniversario da VICTORIA SOVIÉTICA SOBRE O NAZISMO. Contra o fascismo e a guerra imperialista. Pola paz entre os pobos. O 9 de maio, ás 19.30h, no Cantón de Ferrol.
  • O colectivo FERROL CON PALESTINA organiza diferentes actos encadrados no aniversario da NAKBA. O Luns 12, en Fiada (Estrada de Catabois, 230), ás 18h: Obradoiro “Arroupando Palestina” Intervención de prendas con poemas e bandeiras. Seguido, ás 20h dunha proxección de audiovisuais e un faladoiro. O mércores 14, ás 20.30h, nun espacio aínda por determinar: Recital Poético “Voces con Palestina”. Poesía e musica. E o xoves 15, ás 19.30h, Concentración na Praza Vella de Ferrol cunha acción poética. Contra o xenocidio e en solidariedade co povo palestino.
  • CICLO VERMÚ CON LETRAS. Presentación do libro “Diário Comboio” de Raquel Miragaia, quen estará acompañada de Luz Castro, autora das fotografías do libro. Sábado 10 de maio, ás 13h, no Centro Cívico de Canido.
  • Presentación do LIBRO “Huellas bajo el agua” de Eva Loureiro Vilarelhe, quen estará acompañada por Ada Romero. Xoves 15 de maio, ás 19h, na Central Librera (rúa Dolores, 5) Ferrol.
  • Proxeción do documentario A LOITA FINAL. O martes 13 de maio no Ateneo Ferrolán (rúa Madalena, 202), ás 7 do serán. O pase da cita contará coa presenza do seu director, Enrique Banet e da ferrolá Mabel Rivera, produtora do mesmo. Por Ana Faba Loba.
  • Actividades para os vindeiro días no CENTRO SOCIAL ARTÁBRIA. Por Jorge Mirancos.
  • Marchamos coa PEZA MUSICAL “Muiñeira da Croa de Fontá” e unha breve explicación sobre o grupo de folk creativo ARROÁS, que o día 9 de maio, ás 20.30h, estará dando un concerto no Salón de Actos da AAVV do Cruceiro de Valón, en Ferrol, presentando o seu disco “Trasancos (Ferrolterra I)" https://arroas1.wordpress.com / https://arroas.bandcamp.com
Condución/edición: Ana Lucecú. 
Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

01 maio, 2025

Informativo semanal FilispiM, 1/05/2025

 
SUMARIO do informativo semanal da Rádio FilispiM, 1 de maio de 2025.

  • O grande Apagón. A nosa compañeira  Ana Faba Loba, falou coa veciñanza de Trasancos e realizou unha pequena reportaxe sobre este novo feito que marcará a nosa memoria...

  • Novas dialogadas, diálogo de novas. Lupe e Inacio reflexionan verbo da faciana humana que se agocha tras destes acontecementos que nos soprepasan, como o do xa famoso Apagón... mais tamén sobre as consecuencias do "parón" en instalacións críticas, nomeadamente as depuradoras de augas residuais que funcionan na cidade de Ferrol.

  • Edu Comochoconto, reflexiona sobre o Día do infindo Apagón que levan sofrendo milleiros de familias na Cañada Real, mesmo o pobo palestino desde 1947.

  • A pasada fin de semana aconteceu unha nova edición da Feira da plantación en San Sadurniño. Os informativos de Rádio Filispim estivemos alí e realizamos unha reportaxe. Falamos con resposábeis de Agronuquel e Vacatola, presentes na Feira.

  • Presentación do Centro de Estudios Anarcosindicais da Galiza, o pasado sábado 26 de abril no Centro Ágora de Coruña. Economía, Ecoloxía e Traballo, foron os eixos vertebradores deste novo evento libertario. Nolo conta o noso compañeiro Antonio.

  • Lupe Ces fálanos do 25 de abril, en Portugal e na Italia. Do antifascismo. Mais, non esquece Palestina. "Seguimos a denunciar o xenocidio", manifesta.

  • AXENDA. 1º Feira Multisectorial Agrícola en As Somozas. 3 e 4 de maio na praza do Concello

  • AXENDA. A Asociación Recreativa de Camouco en Ares anuncia a expo do Clube de Prensa de Ferrol, "Galicia en Foco". Poderá visitarse a partir do 18 de maio.

  • AXENDA. A veciñanza de Canido en Ferrol celebra Os Maios, entre o 30 de abril e 4 de maio. Unha chea de actividades animarán esta tradición festeira (avcanido.org)- Entre as actividades, o domingo 4 de maio ás 13:00 h-, sesíon vermú. Entre os grupos, un clásico "canidiense", Sr. X, co seu reggae ska findamos.

Conduce: pequenomonstro.
Equipa Informativos Rádio FilispiM

16 janeiro, 2025

Informativos, 12/01/2025

 

Informativos de Rádio FilispiM, 16/01/2025

Sumario:

- André pequenomonstro adianta a publicación dun novo poemario do ferrolán Paco Peste García "Introspecciones y viajes a mi oniria. El hombre de la pipa de cáñamo". Ademáis, Paco Peste recítanos un dos novos poema-bomba, acompañado da harmónica de Sony Boy Williamson.

- Falemos de Lumes, con Edu Comochoconto.

- Noticias Dialogadas, con Lupe e Inacio: Outra volta coa vivenda. A vivenda nom é um negócio, é um direito humano que cumpre umha funçom social.

- Lupe Ces, dende Caranza, convídanos a participar no Plenario de Queremos Galego, baixo o título: “Mudemos de Rumbo. O galego ten futuro.” O 23 de xaneiro, ás 20h, no Antigo Hospicio de Ferrol.

- A Fundaçom Artábria organiza a presentación do libro “A Culpa foi de Zënzar. 35 anos de rock en galego.” O sábado 18 de xaneiro, ás 20h, no CS Artábria.

- Nova concentración en solidariedade co povo palestino: Luns 20 de xaneiro, ás 20h, diante do concello de Ferrol. Informa Lupe Ces.

- Charla do médico palestino Mohamed Safa baixo o título “Ano e medio de Xenocidio na Palestina. 76 anos de colonización israelí”. Será o 23 de xaneiro ás 19h, no Ateneo Ferrolán. Organiza: Asociación cultural Fuco Buxán. Informa Pablo Melaski.

- Despedimos coa peza musical “La Rossa Palestina” de Umberto Fiori.

Condución/edición: Ana Lucecú.

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

03 abril, 2024

A ocupación da Palestina no contexto rexional

 Palestra "A ocupación da Palestina no contexto rexional" a cargo de Fayez Badawi, membro da FPLP, no Centro Social Artábria no dia 02 de abril de 2024.




10 março, 2024

Embaixador da Palestina no Campus Industrial de Ferrol

 Palestra do Embaixador da Palestina, Husni Abdel Wahed, no Campus Industrial de Ferrol o día 05/03/2024.

Audio cedido á Radio Filispim polo Campus de Ferrol


13 outubro, 2014

Mohamed Safa ofereceu unha conferencia na Galería Sargadelos.


O pasado 21 de setembro as 20.00 h, Mohamed Safa, ex delegado da OLP (Organización para a Liberación de Palestina), ofereceu unha conferencia na Galería Sargadelos de Ferrol, baixo o título “Palestina, despois da ocupación". Este é un extracto da palestra...

Toma de son: Rádio FilispiM.
Redacción Informativos Rádio FilispiM.

08 novembro, 2013

Pallasos en Rebeldía dende Palestina (Crónicas de Iván Prado adaptadas para a radio).

Imaxe tirada de: https://www.facebook.com/Pallasosenrebedia

Entre o 21 de abril e o 5 de maio de 2009 recibimos en Radio FilispiM unhas emocionantes crónicas que ían relatando, pinga a pinga, a viaxe do colectivo Pallasos en Rebeldía pola Palestina.

Pallasos en Rebeldía é un espazo do teatro galego vencellado ao Festiclown, que traballa na cooperación internacional a través do riso e que daquela viñan de levar por segunda vez o espírito da risa e do clown a Palestina.


Iván Prado e Isaac Rodríguez Miranda foron quen de fazer realidade esta nova viaxe de fraternidade humana a través do riso tamén cun outro obxectivo igualmente importante: dar apoio ao pobo palestino e denunciar, máis unha vez, a continua e reiterada opresión que sofre por parte de Israel.


Pallasos en Rebeldía, creouse en Chiapas no ano 2004 durante unha visita ás fervenzas do río  Bascán no contexto da II Caravana de Pallasos aos Municipios Autónomos de Chiapas Tes máis  info en: www.pallasosenrebeldia.org.


Volvendo as emocionantes crónicas do colectivo Pallasos en Rebeldía dende Palestina e aquel ano 2009, os Pequenos Monstros sentimos a necesidade de fazer algo, e non soupemos máis que lle pór voz e adaptalas para a radio, compiladas en dous programas especiais gravados especialmente para Rádio FilispiM, a radio libre de Ferrol (GZ). Ademáis, editámolas en nove audios, correspondentes ás nove crónicas, para a súa escoita ou emisión por capítulos. Hoxe, volas ofrecemos nun só audio de algo máis 1h. 35 min., para que as escoitedes dun tirón...


O material que ides escoitar non ten ningún ánimo de lucro e está ao dispór de todas as radios asociativas, comunitarias, libres que o desexen difundir. Non é un material oficial do Colectivo Pallasos en Rebeldía, senón unha iniciativa persoal de André "Pequeno Monstro", integrante de Rádio Filispim, libre e comunitaria de Trasancos que emite dende Ferrol.


Ficades xa coas ADAPTACIÓNS RADIÓFONICA DAS CRÓNICAS PALLASOS EN REBELDÍA DENDE PALESTINA, CUXO AUTOR É IVÁN PRADO, non sen antes lembrar, que o colectivo galego Pallasos en Rebeldía segue a organizar actividades en apoio ao pobo palestiniano, quen continúa a ser machacado sen tregua, coa complicidade dos países máis poderosos do mundo e coa nosa... se ficamos en silencio.



+ info: http://pequenosmonstros.blogspot.com

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails