Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador musica. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador musica. Mostrar todas as postagens

11 março, 2024

Off Mental - 128 (Arpas, Vol III: Alan Stivell - Emilio Cao)

Emilio Cao 
 
Edición nº 128 de Off Mental.
Terceiro achegamento ao Arpa nas súas diversas manifestacións.
  • ALAN STIVELL - Renaissance de la Harpe Celtique (Fontana, 1971)
- Gaeltacht
Caitlin Triall
Port ui Mhuirgueasa
Heman Dubh
Gaelic Waltz
Struan Robertson
The Little Cascade
Braigh Loch Lass
Port An Deorai
  • EMILIO CAO - Fonte de Araño (Novola, 1977)
- Fonte do Araño
- Pandeirada de Nebra
- Baixaron as fadiñas
  • EMILIO CAO - Cartas Mariñas (Lyricon, 1992)
- Cartafol do vento 
  • EMILIO CAO - Simbad en Galicia (Do Fol Edicións, 1996)
- Nace o día
- De lonxe

*No transcurso do programa sintonizamos con Raidió na Gaeltachta (Irlanda).
Presenta e conduce: André C. Pastor —pequenomonstro—. 
Sintonía/música indicativos: Héctor Perezagua. Voz indicativos: Ana Fernández —fabaloba—.
Difunden: Rádio Piratona, 106.1 FM (Vigo), Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol/Trasancos) e PodGalego
Medios interesados en redifusión previa comunicación: offmental@gmail.com 

10 junho, 2019

A Xanela das Fucas programa nº 24 ( 6-6-2019)




A Xanela dás  Fucas  entrevista a    Helena de  Alfonso,    compoñente   do proxecto    Barahúnda,    que  o día  7  desde  mes  presentará  en Ferrol o seu novo traballo   “Onde  vai o mar”  que   culmina   20  anos  do “universo  Barahúnda”.

A  entrevista  foi  unha  continuación  da  sua música,  todo  rezuma  sabor Atlantico,   lugar desde donde  foi creado. 
E imposible deixar de   escoitar a sua  voz ,  cantando ou  contándote como  foi o proceso de creación  dos temas  a o largo deste anos…..dende  a investigación de pezas do romancero tradicional  español, de cantigas galaico potugueas a jarchas arábigo-anadaluzas, pasando polas sefardíes…..
 Ahora nos   mostran 20  anos    que cristalizan neste traballo   gravado   durante o ano  2018,  coma  unha auto-producción realizada por un grupo de persoas  dirixidas por   José  Lara  Gruñeiro e  Helena  de Alfonso que  crearon  o proxecto Barahúnda nun momento dado en  Madrid  pero un dia chegaron a Rianxo   e   xa votaron raíces  ali…
  Recorda con nos lugares  emblemáticos   donde  actuaron en Madrid… .e  que ahora xa non  existen…..e  alaba    espacios  que   apostan co compromiso ca cultura …. como  Artabria onde   actuaran tamen    xunto con unha  boa  anfitriona    como e Maria Manuela…..
Grazas   Helena…queremos seguir  sendo acariciadas   pola tua voz….

  Convidada:  Helena  de Alfonso

Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa,   Laura  Couto  Vilches,   Sonia Fernández Bellas,  Ana Belén López Verez,
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;   Onde  vai o mar  ( Barahúnda); Vento do mare ( Barahúnda).

01 dezembro, 2018

A Xanela das Fucas Nº 13


                                                                    

                                                                                    
                                                                        



Programa  nº 13.-  (29-11-2018)

A Xanela das Fucas,   despois de recordar os actos do 25 de  Novembro,  convida a  Eugenia Sanmartín. 
Foi unha conversación ao redor dos micros……unha conversación de mulleres. Eugenia fálonos das súas idas e vindas,  como ao volver foi acollida pola TERRA , dese sentimento ATLANTICO……da súa conexión con Brasil, das músicas de Brasil oídas nun casset regalado…….os seus estudos de arte dramática , os seus estudos de guitarra, de percusión ……de mestres que xa se foron……cuxo recordo fai que aparezan algunha lagrima que surca nunha pel cuxas liñas enmarcan un rostro moi atractivo cheo de experiencias que estas desenado que che digan……as súas historias…..
O seu proxecto de teatro amador…. O seu proxecto con persoas con capacidades diferentes, do seu proxecto “ Roslia na beira do mar”, no Seixo ……..e a conexión deste lugar con Rosalia…….
 Conéctanos o seu entusiasmo con todo o que fai ……imposible non subirse ao proxecto que ela che presenta……
 Grazas…por  como eres … temos que volver a encontarnos na radio.....e na vida. 

Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa,   Monserrat Cendán Veréz,    Laura  Couto  Vilches, Sonia Fernadez Bellas,  Ana Belén López Verez,   Eva Tizón  Bouza

Convidada:    Eugenia   Sanmartin  

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,  de (Nicola Piova),  Estrela do navegante (Eugenia  Sanmartin),   Refacendo ( Eugenia Sanmartin) Upa neguinho   Corcovado  ( Eugenia  Sanmartin)



A Xanela das Fucas Nº 11



Pograma  nº 11.-  (15-18- 25/ 10 – e 1/11- 2018)
A Xanela das Fucas  hoxe convida a dúas mulleres excepcionáis. Aparentemente moi diferentes en canto a edade e traxectoria profesional pero a raíz da convocatoria da 3ª Mostra de Videoclips Concello de Ferrol, Videoclips A Esgalla en Só para os vosos ollos Catu  Martínez Pereira, titulada en Cinematografía e  Artes Audiovisuales dirixe a cantante e pintora nada en Ferrol María Manuela.    
Foi moi grato conversar arredor das súas vidas profesionas e do motivo do encontro, da elección das cancións e de coma se sentiron facendo este traballo recorrendo distintos lugares para poñerlle  imaxes  ao tema elexido Ven que te levo.    

Convidadas:  María Manuela Díaz Orjales  (María  Manuela); Catu Martínez Pereira
Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa, Laura  Couto Vilches, Ana Belén López Verez, 
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,  de (Nicola Piova) ;   Ana Mariña, de    ( María  Manuela); Rosalía de ( María Manuela); Tres comadres  de ( María Manuela) e  Ven que te levo   de  ( María Manuela).


09 abril, 2018

Escoita o programa especial do X Conspirando por umha Rádio Livre


O pasado xoves 29 de marzo, o Colectivo Opaii! – Rádio FilispiM celebrou a X edición do “Conspirando por unha radio libre” coa actuación de Oscar Fojo, compositor e letrista de “El Viejo Caracol” , “Blah!” e integrante das míticas bandas locais: Zinza, Morecegos, Retobato e Os Derradeiros. Actualmente, ultima a gravación do seu primeiro disco en solitario, “De ventos e lúas”.

Dende as 12:00 do mediodía, a radio libre e comunitaria de Trasancos  apresentou a toda a comunidade o seu novo estudio no Centro Cívico do bairro alto de Ferrol, Canido. Ademáis, no transcurso do festival houbo radio ao vivo con entrevistas, photocol, sorteo de camisolas de Rádio
FilispiM e riquísimos petiscos...


Related Posts with Thumbnails