Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador 10º aniversario Opaii!-Rádio FilispiM. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador 10º aniversario Opaii!-Rádio FilispiM. Mostrar todas as postagens

19 fevereiro, 2016

Búscamos a aquelas pessoas e colectivos que tiveron algum tipo de relaçom com Rádio FilispiM para participar no DOCUMENTÁRIO polos 10 anos.

ATENÇOM-IMPORTANTE

Búscamos a aquelas pessoas e colectivos que tiveron algum tipo de relaçom co Colectivo Opaii! -Rádio FilispiM para participar no DOCUMENTÁRIO polos 10 anos de Rádio FilispiM (comezou a emitir en agosto de 2005).
As persoas que están a producir o documentario enviaronnos esta nota:
Com motivo da gravaçom do Documentário polos 10 anos de Rádio FilispiM, fazemos umha convocatória aberta para todas as pessoas que participam ou participárom do colectivo e do projecto e que estejam interessadas em fazer parte deste documento audiovisual, para a realizaçom de umha breve entrevista sobre a sua experiência.



Será a próxima quarta-feira 24 de Fevereiro, a partir das 17.30h.
O lugar escolhido é o Centro Cultural Torrente Ballester (R/ Concepción Arenal s/n – Ferrol).


Solicita-se que aquelas pessoas interessadas confirmem a sua assistência (achegando nome e número de telefone de contacto) para que a equipa de produçom poda organizar as entrevistas.

A data limite para esta confirmaçom será a terça-feia 23 de Fevereiro até as 23.59h.

Podedes enviar os vossos dados através das seguintes vias:
Correio-e: xende.lt@gmail.com
SMS/Whatsapp: +34 669 73 70 06

13 dezembro, 2015

Exposición "10 anos de historia filispiniana". Xoves 10 de decembro, ás 20h. no Ateneo Ferrolán

O Colectivo OPAÍÍ-Rádio FilispiM continúa cos actos de celebración do 10º aniversario das emisións de Rádio FilispiM, libre e comunitaria que emite dende Ferrol.



Este xoves 10 de decembro e 2015, na sá de exposicións do Ateneo Ferrolán (R/Madalena, 202-204), ás 20:00 h., inauguramos a Exposición "10 anos de historia filispiniana".

Estades convidad@s.
 --
A prehistoria do Colectivo OPAÍÍ-Rádio FilispiM remóntase á desaparecida emisora universitaria Radio Kaos. Tras o verán de 2003, algunhas voces que xa participaran da mencionada experiencia sentían a necesidade de volver ás ondas e outras persoas interesáronse na idea. Após varias asembleas en locais de ocio, o 28 de novembro de 2003 fixeron un primeiro chamamento aberto á cidadanía para presentar esta iniciativa de crear unha nova emisora. Desta vez sería un medio libre, independente das institucións oficiais, e ao servizo da comunidade. A denominación debía ser claramente ferrolá, tanto para o colectivo como para a emisora.

Tras esa data no Ateneo Ferrolán, o proxecto de Rádio FilispiM participou en decembro no Foro Negro nunha mesa de traballo xunto a Piratona, Kalimera e outros medios de contrainformación. Nun período de gran actividade contra-informativa en Galiza e o Estado, o colectivo realizaba unha asamblea tras outra. Debatía ideas, obxectivos e estatutos, organizou a asamblea de constitución dos principios de ReGARLIC (rede galega de radios libres e comunitarias) e plantexaba iniciativas de recadación para adquirir o equipamento técnico. Entre as realizadas, a edición dun fancine, ciclos de cinema, festas varias, a confección e venda dun par de CDs compilatorios de grupos e solistas da comarca e, sobor de todo, un exitoso I Festival Conspirando por umha Rádio Livre na semana santa de 2004. Conseguidos os cartos, a emisora comeza emitir en probas desde o Ateneo Ferrolán, nun “metro cuadrado” rehabilitado no verán de 2005. "A nossa história facémola nós” da Matraca Perversa é a primeira canción que soa no 93.0 da FM (agora estamos no 93.9FM) o 27 de agosto de 2005.

Coa intención de ter presenza alén das ondas, comezan unhas sesión vermú que se manteñen na actualidade con periodicidade, teñen lugar varias edicións do festival Conspirando e últimamente a radio desprázase no Filispim Vai... a diversos locais da comarca. E se falamos de desprazamentos, Rádio FilispiM viviu dúas mudanzas. No dial, móvese ao actual 93.9 da FM o 15 de decembro de 2006 pola “concesión legal” do 93.0 a unha radio privada. Na ubicación física, o inicio das obras de rehabilitación do Ateneo Ferrolán en xuño de 2005 fan necesario o cambio de local e, pasado o verán, as ondas filispinianas volven ao ar desde a súa actual ubicación na traseira do Mercado de Caranza.

Nestes 10 anos de existencia, moitas voces e propostas chegaron, participaron, resistiron, saíron e regresaron, sempre achegando novos folgos e pluralidade a esta experiencia. Rádio FilispiM segue aí, libre e comunitaria, chamando ao teu interese, á túa participación, á túa achega.

23 junho, 2015

DIVERTIMENTO (extra) - A nosa contribución á maratón "A Filispina Tolea" (13/06/2015)

Algunhas das persoas participantes no extra-Divertimento 

O pasado sábado 13 de xuño de 2015, Ana Lucecú e o Pequeno Monstro, a equipa habitual de Divertimento para pequenos monstros, participamos na maratón "A Filispina Tolea!", xunto a outros espazos, dentro do programa de actos do 10º aniversario das emisións de Rádio FilispiM.

Durante algo máis de hora e media, falamos con algunhas das persoas que foron testemuñas dos alicerces "filispinianos", aquelos primeiros tempos (setembro de 2003) onde, entre moita xente diversa, se lle deu forma a idea da primeira radio libre e comunitaria que emitiría dende Ferrol e Trasancos. Radio pertencente ao terceiro sector da comunicación, xestionada pola comunidade.

No estudio da Rádio FilispiM, estiveron, contando cada quen as súas lembranzas e valorando o estado actual do proxecto: Cholo Martínez, Paula Meizoso, Nes, Xabi, Iván, Suso Manchita, Narsés Mira, Ana Lucecú e o André "Pequeno Monstro". Coma convidado especial estivo Serxio dos Carrero Bianco, que tocaron aquela mesma noita no Pinsapo.

Longa vida a Rádio FilispiM!!

10 junho, 2015

A Filispina Tolea!, maratón radiofónico, este sábado de 11:00 a 21:00 h. (10 anos radio, 10 horas de radio).

Continúan os actos en conmemoración do 10º aniversario das emisións da Rádio FilispiM, 93.9 FMcoa maratón radiofónica "A Filispina Tolea!!!"

O sábado 13 de xuño, dende as 11 da mañá até as 9 da noite, emitiranse 10 horas ao vivo para celebrar os 10 anos de emisións da radio libre e comunitaria de Trasancos que emite dende Ferrol. 

Nesta festa da radio libre haberá músicas en directo, humor, lembranzas, mestura de programas actuais e regreso de voces que foron parte destes 10 anos de radio libre e comunitaria. Serán 10 horas continuadas coas voces do presente, do pasado e do futuro… as voces da túa comunidade!

O Colectivo Opaíí! invita a sintonizar o 93.9 da FM, ou vía streaming neste blog, e a participar a traves do teléfono directo 981.371040. Porque a xente conta!

Lembra: este sábado 13 de xuño entre as 11 da mañá e as 9 da noite… “A Filispina Tolea!!!”. 10 horas de radio ao vivo, 10 anos de vida.

Rádio FilispiM; 10 anos compartindo!


21 abril, 2015

As contas do VII Conspirando por umha Rádio Livre


Pedimos colaboraçom e participaçom para realizar o VII Conspirando, e ajudar à financiaçom da rádio sem ter que depender de ninguem nem estar subordinadas a nada, somos livres grazas a vos.

Aquí tedes as contas do VII Conspirando por umha rádio libre que se celebrou este ano 2015:


12 abril, 2015

Divertimento - Especial Post Conspiratorio + Ruben Artabe_proxecto Cataratas_10 04 2015

Carrero Bianco explosionando no VII Conspirando (3/4/2015)

Edición do venres 10 de abril de 2015 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio Filispim, 93.9 FM.

Na primeira media hora visitounos RUBÉN ARTABE, quen dentro do seu proxecto "CATARATAS" vén de gravar unha nova peza musical, "A los ojos de los demás";  nola interpretou en directo, ademáis dunha outra peza en exclusiva mundial. Ademáis, acompañando no estudio a Rubén estivo Maca.

Nas páxinas centrais do programa tivemos un Especial POST-CONSPIRATORIO.
Un respaso ao acontecido no "VII CONSPIRANDO por unha radio libre" o pasado 2 de abril, cun adianto da gravación dos tres concertos na Super 8. Escoitamos parte das actuacións de Saravá Criôlo (Indio e Lidia), SkyHooks (no seu debut) e Carrero Bianco, todos ao vivo no Conspirando. Este audio cuxa duración total é de 3 horas poderá ser ovido íntegro en breve, sen interrupcións, no tempo de "Programas Especiais" da Rádio FilispiM.

No estudio Ana Lucecú, sobre quen pivotou a grande parte da organización do VII Conspirando, Fran Perez (Sonido Emergente) e o Pequeno Monstro, comentaron os recortes sonoros do Conspirando que fomos seleccionando.

Apresentaron e conduciron: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Difunden: Radio Filispim 93.9FM (Trasancos) e A Kalimera Rádio Livre, 107.9 FM (Compostela)

02 abril, 2015

Regresa o CONSPIRANDO por unha Rádio Libre, na súa VII edición; xoves "santo" 2 de abril de 2015 en Ferrol.

Audio promo do VII Conspirando
O Colectivo Opaii! celebra os 10 anos das emisións da Rádio FilispiM, 93.9 FM, con diversos actos, dentre deles a reactivación dun clásico dos xoves "santos" ferrolterráqueos, o Conspirando por unha Rádio Libre, na súa VII edición.

Apresentado e animado pola actriz Cristina Moreira, contará coas actuacións dos grupos da comarca: SARAVÁ CRIÔLO (Música brasileira),  SkyHookS (Basket-Roll Band) e CARRERO BIANCO (Synth pop).

Durante os concertos haberá petiscos, sorteo de estupendas camisolas filispinianas e até un photocall...

Entrada: 5€ (para a autoxestión da radio). Apertura portas: 22:00 hrs. Sala Super 8 (R/ Real). Ferrol. 
Non o podes perder...  

Rádio FilispiM, 10 anos compartindo.

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/1559033914362272/

31 março, 2015

Ciclo de audiovisuais sobre a radio, no Ateneo Ferrolán.

Ciclo de audiovisuais sobre a radio.

Continúan os actos do décimo aniversario das emisións de Rádio FilisipiM, 93.9 FM (libre e comunitaria, Ferrol).

Onde, cando?: Ateneo Ferrolán, salón de actos. Marzo 2015, 19:00 hrs, entrada de balde.

Organiza: Colectivo Opaii!! - Rádio FilispiM. Colaboran: Ateneo Ferrolán, E.O.I de Ferrol.

Martes 3 de marzo. 
- Radio encubierta.
En 1966, BBC só emitía duas horas de rock & roll a semana; mais, unha radio alternativa instalada nun barco no mar do Norte, pon o contraponto... Cando Carl é expulsado do colexio, a súa nai mándao pasar unha tempada co seu padriño Quentin, o responsábel dese emisora "pirata" que programa para todo o país pop e rock, conquerindo unha audiencia impresionante.
Martes 17 de marzo.
- Mucho más que ruido.
Un documentario que amosa que é posíbel crear un medio de comunicación, que nace dun sono case utópico en base ao intercambio coas organizacións sociais, para construir unha experiencia única no país...  
Martes 24 de marzo.
- Lavorare con lentezza
Radio Alice, Bolonia, 1976. Nas aforas das cidade, dous amigos soñan cunha saída as súas grises e opresivas vidas...
Martes 31 de marzo.
- Radioactividad.
Unha curta documental sobre as radios libres que emiten dende Madrid.
- Las radios comunitarias.
Un pequeno documentario en clave de humor sobre a razón de ser das radios comuntarias no Estado español, dirixido por Alba Lucio (Radio Ritmo).
- Érase una vez una radio libre. Radio Pica.
A historia da mítica e vangardista radio libre de Barcelona contada polas persoas que lle dan vida.

30 março, 2015

DIVERTIMENTO - Especial 10 anos de emisións da Rádio FilispiM, libre de Ferrol, e 12 do Colectivo Opaíí!! (27/03/2015)

Imaxe do "metro cadrado", primeiro estudo da Rádio FilispiM, no Ateneo Ferrolán.

Edición de DIVERTIMENTO para pequenos monstros do venres 27 de marzo de 2015, na Rádio Filispim, 93.9 FM, libre e comunitaria de Ferrol.

ESPECIAL 10 ANOS DA RÁDIO FILISPIM e 12 DO COLECTIVO OPAíí!!

Durante dúas horas lembramos os momentos máis sinalados do Colectivo Opaii!, dende os seus alicerces, en outuno de 2003, pasando polas primeiras festas e actividades para recadar fondos, o momento da activación da primeira radio libre da comarca en agosto de 2005, as seis anteriores edicións do festival "Conspirando por unha radio libre", até chegar ao ano 2015, no que Rádio FilispiM cumpre 10 anos de emisións e celebra a VII edición do CONSPIRANDO.

Durante o programa contamos coa colaboaración especial de Juanillo (Trash Rock) e na segunda hora cos testemuños do noso compañeiro Cholo. Comentamos anédotas e ouvimos documentos sonoros da radio...

Na última hora tivemos comunicación telefónica con algunhas das persoas, animais e cousas que darán vida VII CONSPIRANDO POR UNHA RADIO LIBRE.
  • Pepe Cunha, do Colectivo Opaíí! 
  • Quincho e Carlota, de Carrero Bianco. 
  • Oscar Quant, integrante dos SkyHooks. 
  • Cris Moreira, actriz presentadora do VII Conspirando. 
... a nosa compañeira Espe (Sons Revela2) tamén nos deu a última hora dende o estudio.

O VII Conspirando, fáise en celebración 10º aniversario da FilispiM, mais tamén para o autofinanciamento da radio, que como sabedes non pide subvencións nen emite publicidade na procura da máxima independencia. A festa celebrarase o xoves “santo” 2 de abril, a partir das 22:00 h. na sá Super 8 de Ferrol, coas actuacións de: Saravá Criolo (música brasileira), Carrero Bianco (synth pop) e Skyhooks (bastket roll). O festival será animado pola actriz, Cris MoreiraTodas as persoas, artistas e grupos participantes no VII Conspirando colaboran desinteresadamente co Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM.

Apresentan: Ana Lucecú e Pequeño Monstro. Convidado especial: Juanilo “Trashrock”. Difunden: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Trasancos) e Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela).

Todos os Divertimentos en: http://pequenosmonstros.blogspot.com

16 fevereiro, 2015

Rádio FilispiM anda a cumprir 10 anos (experiencias, 1º parte)



O pasado sábado 7 de febreiro de 2015, celebrouse unha nova edición do ciclo "FilispiM vai...". Nesta ocasión, co gallo do décimo aniversario do inicio das emisións de Rádio FilispiM, volveuse ao Ateneo Ferrolan, a nosa sede fundacional, e titulouse estoutra edición coma "FilispiM vai... cumprir 10 anos". No transcorrer do programa contouse coas actuacións musicais de Weather Underground (Oscar Quant e Oscar Kay) e Indio & Lidia e ouvironse a voces que fomaron parte dos alicerces, do presente e, incluso, do futuro filispiniano...

Ao longo deste ano, 2015, Rádio Filispim Colectivo Opaii!, continuará co seu programa de actos do 10 aniversario. Unha nova edición do festival "Conspirando por unha Radio Libre", un ciclo de cinema, unhas xornadas de medios libre e comunitarios, unha exposición sobre os 10 anos da radio ou, mesmo, un pequeno documentario sobre a nosa historia nos agardan.

No tempo de Informativos Locais da FilisipM, oferecemos un extracto das intervencións de o Pequeno Monstro e Cholo, integrantes do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, que falaron dos alicerces e do porqué da iniciativa colectiva, sendo entrevistados por Ana Lucecú e Xurxo Gago, do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM. Ademáis, escoitaremos a opinión de Pedro Ferrández, ex integrante do Colectivo. As intervencións completas poden atoparse no podcast do programa especial ou mesmo ouvirse en diferido os sábados entre as 7 e 9 da noite, no 93.9 da FM.

Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria de Ferrol.

Rádio FilispiM anda a cumprir 10 anos (experiencias, 2º parte)



O pasado sábado 7 de febreiro de 2015, celebrouse unha nova edición do ciclo "FilispiM vai...". Nesta ocasión, co gallo do décimo aniversario do inicio das emisións de Rádio FilispiM, volveuse ao Ateneo Ferrolan, a nosa sede fundacional, e titulouse estoutra edición coma "FilispiM vai... cumprir 10 anos". No transcorrer do programa contouse coas actuacións musicais de Weather Underground (Oscar Quant e Oscar Kay) e Indio & Lidia e ouvironse a voces que fomaron parte dos alicerces, do presente e, incluso, do futuro filispiniano...

Ao longo deste ano, 2015, Rádio Filispim Colectivo Opaii!, continuará co seu programa de actos do 10 aniversario. Unha nova edición do festival "Conspirando por unha Radio Libre", un ciclo de cinema, unhas xornadas de medios libre e comunitarios, unha exposición sobre os 10 anos da radio ou, mesmo, un pequeno documentario sobre a nosa historia nos agardan.

No tempo de Informativos Locais da FilisipM, oferecemos un extracto das intervencións de Paula e Cris Meizoso (integrantes do Ateneo Ferrolán e do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM)que foron entrevistadas por Ana Lucecú e Xurxo Gago, do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, no descorrer do programa especial. As intervencións completas poden atoparse no podcast do programa especial ou mesmo ouvirse en diferido os sábados entre as 7 e 9 da noite, no 93.9 da FM.

Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria de Ferrol.

Rádio FilsipiM anda a cumprir 10 anos (experiencias, 3º parte)



O pasado sábado 7 de febreiro de 2015, celebrouse unha nova edición do ciclo "FilispiM vai...". Nesta ocasión, co gallo do décimo aniversario do inicio das emisións de Rádio FilispiM, volveuse ao Ateneo Ferrolan, a nosa sede fundacional, e titulouse estoutra edición coma "FilispiM vai... cumprir 10 anos". No transcorrer do programa contouse coas actuacións musicais de Weather Underground (Oscar Quant e Oscar Kay) e Indio & Lidia e ouvironse a voces que fomaron parte dos alicerces, do presente e, incluso, do futuro filispiniano...

Ao longo deste ano, 2015, Rádio Filispim Colectivo Opaii!, continuará co seu programa de actos do 10 aniversario. Unha nova edición do festival "Conspirando por unha Radio Libre", un ciclo de cinema, unhas xornadas de medios libre e comunitarios, unha exposición sobre os 10 anos da radio ou, mesmo, un pequeno documentario sobre a nosa historia nos agardan.

No tempo de Informativos Locais da FilisipM, oferecemos un extracto das intervencións de Xabi Porto e Iván (ex integrantes do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM) que foron entrevistados por Antía Cortíças e Miguel Reimundez, do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, no transcorrer do programa especial. Elena, ouvinte da emisora, tamén dá a súa opinión. As intervencións completas poden atoparse no podcast do programa especial ou mesmo ouvirse en diferido os sábados entre as 7 e 9 da noite, no 93.9 da FM.

Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria de Ferrol.

Rádio FilispiM anda a cumprir 10 anos (experiencias, 4º parte)



O pasado sábado 7 de febreiro de 2015, celebrouse unha nova edición do ciclo "FilispiM vai...". Nesta ocasión, co gallo do décimo aniversario do inicio das emisións de Rádio FilispiM, volveuse ao Ateneo Ferrolan, a nosa sede fundacional, e titulouse estoutra edición coma "FilispiM vai... cumprir 10 anos". No transcorrer do programa contouse coas actuacións musicais de Weather Underground (Oscar Quant e Oscar Kay) e Indio & Lidia e ouvironse a voces que fomaron parte dos alicerces, do presente e, incluso, do futuro filispiniano...

Ao longo deste ano, 2015, Rádio Filispim Colectivo Opaii!, continuará co seu programa de actos do 10 aniversario. Unha nova edición do festival "Conspirando por unha Radio Libre", un ciclo de cinema, unhas xornadas de medios libre e comunitarios, unha exposición sobre os 10 anos da radio ou, mesmo, un pequeno documentario sobre a nosa historia nos agardan.

No tempo de Informativos Locais da FilisipM, oferecemos un extracto das intervencións de Miguel Castro e Fer Ocampo que foron entrevistados por Antía Cortíças e Miguel Reimundez, tod@s el@s integrantes do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, no transcorrer do programa especial. As intervencións completas poden atoparse no podcast do programa especial ou mesmo ouvirse en diferido os sábados entre as 7 e 9 da noite, no 93.9 da FM.

Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria de Ferrol.

05 janeiro, 2015

Datas e fitos importantes na constitución do Colectivo Opaii! - Rádio FilispiM

Recortes da prensa local do periodo constituinte do Colectivo Opaii! - Rádio FilispiM

Datas e fitos importantes na historia fundacional do Coletivo Opaii!-Rádio FilispiM.

Setembro de 2003. Persoas da comarca de Trasancos, diversas, que até daquela non tiñan tido contacto persoal (outras sí,  pois procedían da recén "desaparecida" Radio Kaos de Ferrol) comezan a "conspirar" en foros de internet a activación dunha radio libre e comunitaria en Ferrol.

Setembro/outubro/novembro de 2003. O grupo promotor convoca diversas asembleas preparatorias e definitorias das liñas do xerais do proxecto de creación dunha radio libre e comunitaria en Trasancos. Así,  o 20 de novembro de 2003 celebrouse a primeira desta asembleas no bar Manchita Cosa (R/Madalena, Ferrol), que daquela levaban Suso e Narsés. A elección da data non foi casual, sería o 20-N "filispiniano". Naqueles meses "o Manchita" tamén acollería algunhas das primeiras e memorábeis actividades para recadar os primeiros fondos filispinianos: unha estupenda cea vegana e, posteriormente, algunha sesión de música e pinchas, coma aquela mítica festa de defuntos onde nos propuxemos "resucitar a Comarca de Ferrol" nunha noite.

De volta a aquelas primeiras asembleas "clandestinas", tiveron un carácter rotativo entre diversos locais, cun obxectivo: non identificar o proxecto con ningún deles en concreto, tan só termos un espazo donde "conspirar" por unha radio libre na comarca de Trasancos. Tratábase de locais de ocio dos que gostabamos, coma a Fundaçom Artábria (que daquela tiña un estupendo local na R/Magdalena), o Clube de Montaña en Canido e, claro, o Ateneo Ferrolán. Eran locais onde podiamos xuntarnos para preparar os alicerces de algo colectivo cando aínda non tiñamos un lugar propio. Daquela, pensando nun lugar axeitado para apresentar pública e abertamente o que pretendiamos fazer, concordamos que ese espazo era o Ateneo Ferrolán, e así foi, pois non só remataría sendo a nosa sede fundacional, senón, ademáis, onde se ubicaría o primeiro estudio da Rádio FilispiM, o mítico "metro cadrado".


28 de novembro de 2003. Dentre todas estas asembleas celebradas no 2003, ten especial significación a celebrada no Ateneo Ferrolán o 28 de novembro de 2003. A importancia desta asemblea é indiscutíbel para o que é a historia do colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, xa que foi a primeira convocatoria publica (e publicada) aberta a cidadanía, para trasladar a idea e construir un proxecto colectivo de radio libre e comunitaria entre quen estiver interesad@. Tratábase de abrir o circulo, non era unha cuestión de catro amigos, pretendiamos darlle ao proxecto un sentido comunitario real.

O texto que segue é a convocatoria aberta, pública (e publicada na prensa) co fin de trasladar as nosas intencións ao conxunto da comunidade, co obxecto abrir a iniciativa a tod@ quen estiver interesad@ no proxecto. O lugar elixido foi o salón de actos do Ateneo Ferrolán; a data, 28 de novembro de 2003:

--
Sent: Tuesday, November 11, 2003 11:02 AM
Subject: PRIMEIRA ASEMBLEA ABERTA PARA A CONSTITUCIÓN DUNHA RADIO LIBRE EN FERROL 


Pola presente queremos anunciar a primeira convocatoria aberta para a constitución dunha asociación cultural que ampare o proxecto dunha RADIO LIBRE E COMUNITARIA no ámbito de Ferrol. Dita asemblea aberta, informativa e participativa, terá lugar o vindeiro venres 28 de novembro (2003) ás 20:00 horas no salón de actos do Ateneo Ferrolán. Nela trataránse, entre outras, as seguintes cuestións:
- Presentación do proxecto.
- Os fundamentos das rádio libres e comunitarias hoxendía. Exposición e debate deses principios no noso contexto.
- Constitución de comisións de traballo para unha primeira etapa (estatutos, divulgativa da idea, financiamento, técnica...)
- Participación activa e debate.

--

Sábado 13 de decembro de 2003. O aínda proxecto apresentouse públicamente no Foro Negro e participou nunha mesa de traballo xunto a Piratona, Kalimera e outros medios de contrainformazón do país galego. Todo esto levouse a cabo no Instituto Galego de Información en Compostela, como resposta de mobilización e artellamento de redes sociais, ante o panorama desolador (papel dos medios de des-información de masas e das institucións), por mor do desastre medio ambiental do verquido de fuel do buque Prestige as costas galegas. Naquel tempo, tamén acontecía a Guerra de Irak, na que nos meteu o goberno dereitista de Aznar. Anos despois demostrariase que o pobo que saíu en masa as ruas en todo o Estado, tiña razón.

Por outra banda, naquel ano de 2003, a nivel local, a radio universitaria de Ferrol Radio Kaos, que fora espazo de encontro de persoas radioapaixoados da Comarca, fora fechada ao conxunto da cidadanía. O "flamante" estudio de dita emisora universitaria no campus de Serantes, aínda hoxe continua a ser pasto das telarañas, do silencio máis vergoñento... o "universitario".

8 de abril do ano 2004 (xoves "santo"). Primeira edición do festival "Conspirando por unha radio libre", nunha sá da estación de Ferrocarril de Ferrol, na que actuaron Miguel Alonso, Loom, Window Pane, Funky Brewter and the Karma Bussines Band e a IV Guerra Mundial (todos eles grupos locais), que supuso un importante espaldarazo económico para adquisición dos equipos técnicos que posibilitarían futuras emisións da primeira radio libre e comunitaria da nosa comarca.

25 de xuño de 2004. Dado o éxito do primerio Conspirando decídese activar unha segunda edición para poder dar unha volta de torca a activación do proxecto. Os grupos dispostos a colaborarar de novo desinteresadamente no concerto serían: Boy Elliot, Mondopétriz, Kobe e Bang 74 e o lugar elixido é a mesma sá na Estación de Ferrocarril. Mais o imprevisíbel aconteceu...A sá erroneamente tiña convocada unha "festa universitaria" para ese mesmo día e hora, deixándonos esta falta de seriedade da sá fóra de xogo. Téntase negociar cos universitario que organizan a "festa", sen resultado positivo. De novo atopámonos co "muro" universitário.

Xullo-agosto 2004. Edición do primeiro número do "Fanzine FilispiM", con numerosas colaboracions "articulistas" de dentro e fóra do Colectivo.

Setembro/outobro/novembro/decembro 2004. Segundo ciclo de cinema e música do Colectivo Opaii!!, no Ateneo Ferrolán. Coa proxección dos filmes: "Buena Vista Social Club" (Win Wenders), "Year of the horse", "Camarón en París", "Concerto de Bob Marley", "A Migty Wind" (unha parodia sobre o rock duro) e mesmo a Triloxía Qatsi  (Koyaanisqatsi, Powaqqatsi e Nagoyqatsi).

31 de outubro de 2004. Festa de "defuntos" do Colectivo Opaii!, no Manchita Cosa, R/Magdalena (Ferrol). Donde as persoas fililspinianas de boa fé "rogaron unha oración polo eterno descanso da alma de Ferrolterra e realizaron todo tipo de conxuro para resucitala". Todo un acontecemento...

Nestas datas de finais de 2004. Ten lugar unha asemblea no Ateneo Ferrolán, de constitución dos principios da rede galega de radios libres e comunitarias, ReGARLIC, cuxo organizador foi o Colectivo Opaii!. Eses principios básicos tomaronse de constitución tomáronse nesa Asemblea, coa presenza de integrantes de Rádio Kalimera de Compostela, Rádio Piratona de Vigo, Cuac FM de A Coruña e Radio Roncudo de Corme.

Xaneiro de 2005. Continua o Colectivo Opaii! a proxectar filmes no Ateneo, "Baraka, o último paraiso".


27 de agosto de 2005, comezo emisións en probas da Rádio FilispiM ao través do 93.0 FM, o sábado 27 de agosto de 2005, dende o estudio "metro cadrado" do Ateneo Ferrolán, R/ Magdalena, 202. A primeira peza que soou foi "A nossa história facémola nós" da Matraca Perversa.

27 de maio 2006, primeira Sesión Vermú do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM no Ateneo Ferrolán. Actuaron: Faltriqueira, o Marqués das Viñas, Maite da Costa e Balandraka.

15 de decembro de 2006. Cambio de dial por concesión "legal", do 93.0 a unha radio privada, pasando Rádio FilispiM a emitir no 93.9 da FM, tras procurar ocos no dial.

Xaneiro, febreiro de 2007? (data por determinar exactamente). Pouco tempo despois deste cambio de dial, o Ateneo Ferrolán recibe unha visita de Telecomunicacións preguntando polos responsábeis da emisora. Tiñan detectado a nosa presenza no dial e requiren que nos identifiquemos, mais ficou en iso.

17 de xaneiro de 2008 cara as 11:30 h. O acceso ao Ateneo Ferrolán, en cuxas instalacións está Rádio Filispim, sofre un incendio provocado.  De non ter actuado os bombeiros tan eficazmente o material de construcción, madeira, teria consumido rapidamente o edificio e posto en perigo as vidas das persoas que ali estaban. A secretaria do Ateneo foi quen deu a voz de alarma. Nunca se esclareceu quen foi nen os motivos.

29 de xuño de 2010 as 16:35 hrs. Cese temporario de emisións polo inicio das obras de rehabilitación do Ateneo Ferroán.

Venres 17 de setembro de 2010. Reanudación das emisións (en probas) dende o novo estudo na traseira do Mercado de Caranza.

(...) en construción.

E así, nese contexto, xurdiu o Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM.

Crónica: Pequeno Monstro (actualizado a 16/02/2016).



Related Posts with Thumbnails