Pesquisar neste blog

Mostrando postagens com marcador Memoria Histórica. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Memoria Histórica. Mostrar todas as postagens

07 outubro, 2025

Infomativos semanais da FilispiM (6/10/2025)

 

Informativos semanais da FilispiM, 6 de outubro de 2025.

  • A radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, Radio FilispiM, vese obrigada a marchar do punto de dial no que viña emitindo desde hai 19 anos. Agora emite no 108.0 FM. Cóntanolo Ana Faba.
  • Perante a nova ordenanza de ruídos do Concello de Ferrol a música galega berra ben forte: a cultura non é ruído (Antonio).
  • Actividades da Asociación de Memoria Histórica Democrática (Fer).
  • Proxeccion do documental “O segredo da Frouxeira” (Fer).
  • Rádio FilispiM cubriu a manifestación nacional por Palestina en Compostela (Lupe).
  • Radio Raposeira no Burla Verde. Entrevista a Paloma, compa envolvida na loita contra a mina de lítio en Covas do Barroso-Pt (Edu).
  • Na “Máquina do tempo Filispiniana” afondamos na histórica luita de Ferrolterra contra a Pranta de Gas de Reganosa, co gallo da apertura en maio de 2025 dunha nova causa administrativa contra o entramado (André).

01 outubro, 2025

O Faladoiro nº 13 - Memoria Histórica

Iñaki Bergaretxe e Eliseo Fernández, entre a equipa do Faladorio.
 

O Faladoiro Nº 13 (30/9/2025)

Un achegamento á Memoria Historica.-

Convidamos a dous recoñecidos historiadores Eliseo Fernández e Iñaki Bergaretxe, cos que procuramos entender os procesos sociais e politicos que marcaron o presente proporcionando unha ancoraxe que conecta o pasado e futuro.

Bótese en falta unha maior implicación nos plans de estudos da memoria historica coma unha ferramenta fundamental en procesos de xustiza transicional, xa que permite recoñecer e reparar os danos causados por conflitos e réximes ditatoriais.

Reclamase a celebración dun día o ano, na procura non so da lembranza de feitos, senón do seu significado social e subxectivo, creando unha ponte entre o pasado e o presente para forxar a identidade e orientar o futuro.

Cómpre continuar a debater e lembrar momentos de grande significado histórica en Ferrolterra.

Produción e postprodución: Rádio FilispiM.

Participan: Inacio, Vicente, Cesio, Chelo.

Convidados: Eliseo Fernández Fernández, Iñaki Bergaretxe Urdanpilleta.


01 fevereiro, 2014

O Recuncho nº 170

Mércores, 29 de xaneiro de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 170 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:

Invitado: Enrique Barrera, Profesor e Historiador: Últimos eventos da Memoria Histórica e novos proxectos.
Conexión telefónica con Eduardo Hermida, artista plástico, sobre “As Meninas de Canido”
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “A pegada dos avós”
A “Sección Poética” de Lorena Calaza:José Emilio Pacheco
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás.
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música : Pete Seger e outros-
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

27 janeiro, 2014

Novas Locais. A Pegada dos Avós, presentación en Ferrol do documentario de Xosé Abad.


Tempo de información local en Radio Filispim.

O pasado venres 24 de xaneiro, no local da Fundación Caixa Galicia de Ferrol, acudimos á presentación do documentario “A pegada dos Avós” de Xosé Abad

A historia é a que segue: un grupo de adolescentes de A Coruña comezan a afondar no pasado dos galegos, así coma no propio... e xorden as preguntas. Ao descubrir historias tan incribles coma as acontecidas na Guerra e pos-Guerra Civil, coma a da mugardesa Amada García, comezan estes adolescentes a afianzar unha conciencia sobre o acontecido tras o golpe de estado franquista coma tamén sobre a persecución que están a ter as persoas que seguen a buscar respostas, experiencia que sen dúbida lles vai quedar marcada de por vida.

Xosé Abad, director do documentario, foi tamén o quen levou ao cabo “O Segredo da Frouxeira", un outro filme que trata á represión franquista na nosa comarca.

Por outra banda, o luns 27 de xaneiro celebrouse, coma todos os anos organizado pola asociación memoria histórica democrática, a homenaxe a Amada García, muller fusilada no Castelo de San Felipe, apenas tres meses despois de dar a luz a Gabriel, neno que levou no ventre durante o seu perido de cautiverio no Castelo.

Subliñar as dificultades para levar a cabo un traballo destas características nun momento de crise coma a que vivimos. Parte dos fondos necesarios foron recadado a través de crowfunding.

Escoitamos o acontecido durante a presentación en Ferrol do traballo documental "A Pegada dos Avós".  Ouvimos, por orde de entrada, a Lucía, estudante do Instituto de Ensinanza Secundaria de A Coruña; Gabriel, fillo de Amada García (que emocionado non pode articular case verba) e a Xosé Abad, director do documentario.

Un saúdo de Miguel Castro, para os informativos locais de Radio Filispim.



Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails