Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador rede apoio mútuo ferrolterra. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador rede apoio mútuo ferrolterra. Mostrar todas as postagens

05 outubro, 2013

Novas Locais. Chamado de urxencia ante posíbel desafiuzamento este luns en Cabanas.


No decurso do programa de Rádio FilispiM, Divertimento para pequenos monstros, recibiuse unha chamada de Stop Desafiuzamentos (Rede de Apoio Mútuo de Ferrolterra) comunicando unha nova urxente: o vindeiro luns poderia producirse un desafiuzamento no veciño concello de Cabanas.

Oferecémosvos a gravación do momento de dita comunicación, cando o programa estaba xa a findar. Ao tempo, reproducimos o comunicado que vén de chegarnos a nosa redacción: 
"Concentración en Cabanas ante a emerxencia dun inminente lanzamento de vivenda, como consecuencia dunha situación sostida de violencia machista EMERXENCIA: LANZAMENTO DUNHA VIVENDA EN CABANAS.
Concentración e apoio a Sandra, o Luns, 7 de Outubro, ás 10 da mañá fronte ao Areal da Praia de Cabanas, urbanización Los Llanos, nº3. 
Compañeiras e Compañeiros: 
Onte pasaron-nos unha notificación de que se ía producir un lanzamento de vivenda en Cabanas, Urbanización Los Llanos nº3 (Na zona fronte ao piñeiral da Praia da Madalena). 
Nós xa coñeciamos algo sobre este asunto, no que tivera que intervir o Valedor do Pobo, para que a esta muller a quixeran empadroar no Concello de Cabanas, pois o Secretario negaba-se. Mais o asunto non volveu saltar á luz até onte, onde a exposición da situación durou sobre seis horas, coa presencia da nosa avogada, un concelleiro de Cabanas e nós. 
O asunto non é só o lanzamento da vivenda. Este desafiuzamento é consecuencia dunha situación de VIOLENCIA MACHISTA, a cal confirmamos a través da asociación Ve-la Luz. 
Sandra, que é así como se chama a persoa que van desafiuzar da súa casa, ten unha sentenza de divorcio logo de máis dun ano de espera, onde ten a custodia do seu fillo de tres anos de idade. Ten interposto unha demanda por venda fraudulenta da vivenda familiar, contra o seu ex-marido (o arquitecto Jorge Salgado Cortizas ) que vendeu a vivenda familiar a un amigo, o farmacéutico ferrolán Antonio Torres Fernánez que é a persoa que demandou a Sandra e solicita o desafiuzamento da vivenda. 
O ex-marido, esta procesado por violencia de xénero, a espera de xuízo. 
Sandra vive co seu fillo na casa, mais tamén coa súa nai e a súa irmá que son as que a protexen dun contorno de acoso constante. 
Sandra necesita a axuda, a protección e o apoio que a maquinaria xudicial non lle facilita, frente ao seu agresor, e para parar un lanzamento inxusto. 
Convocan Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra e a Asociación Ve-la Luz (Asociación Galega para a defensa de mulleres e neñ@s vítimas da Violencia de Xénero e/ou abusos). 
Inácio (Comunicación) 645118113 
Correo-e: forosocialdeferrolterra@gmail.com 
ESPALLA E DIFUNDE A CONVOCATORIA"
Redacción Informativos Rádio FilispiM.

20 maio, 2013

NOVAS LOCAIS. A asociación LAZOS de Ferrol lanza un S.O.S. social.


O Comité LAZOS pro-solidariedade, lanza un S.O.S. ante o incremento de usuarios do servizo de almorzo diario.
A Asociación Lazos Pro-solidariedade é unha entidade sen ánimo de lucro de afectados/as polo VIH, as drogas e de profesionais do ámbito sociosanitario fundada en novembro de 1995. Ademais de enfocar a súa actividade na prevención, información-formación-sensibilización e grupos de auto-axuda, en referencia ao VIH, desenvolve unha actividade asistencial moi importante, como apoio psicosocial, formación e axuda para o desenvolvemento persoal, asesoramento diante das administracións e os xulgados, axuda á inclusión social e laboral, punto de encontro e axuda ao benestar para persoas moi vulnerábeis, ...
O sábado 11 de maio de 2013, en Ferrol, Lazos Pro Solidariedade lanzaba un SOS, porque se lle remataban as existencias de alimentos coa que realiza a súa laboura social. Solicitaban axuda urxente, pois no seu local social almorzan entre 35 e 50 persoas todos os días, un pouco de leite, galletas, café, azucre. Ademais tamén axudan a unhas 70 familias, sen recursos, que atenden no seu Programa e para levar a casa.
Os pontos de contacto con ista iniciativa, enmarcada dentro da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, son:
PARA A ENTREGA DE ALIMENTOS:
Local de Lazos
Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo
15401 Ferrol
Teléfonos: 981350777-698147975
Correo electrónico: comiteantisidaferrol@gmail.com

Horario de atención:
  • de 09.30 a 13.30 Luns a Venres (días laborais)
  • de 16.00 a 20.00 Martes e Xoves (días laborais)

Redacción Infomativos RFM

29 abril, 2013

NOVAS LOCAIS - Rede de Apoio Mútuo de Ferrolterra. Cap.2º (En que se concreta)

No Capítulo Nº 2 desta serie, no tempo de información local en Rádio Filispim, ouvimos de novo a Inacio Martínez, quen hoxe nos conta en que se concreta a Rede Social de Ferrolterra.

A REDE SOCIAL DE FERROLTERRA está constituída baixo tres pés:
1º O Encontro Social de Ferrolterra, integrado por formacións políticas, organizacións sindicais, colectivos sociais e persoas que coinciden en premisas políticas, de cambio social, anticapitalistas e de contrapoder. O Encontro ademáis é unha asemblea da que xurden comisións para promover as outras dúas patas da rede social de Ferrolterra:

2º A rede de apoio mútuo, para promover á activación de ferramentas que permitan acadar o contrapoder. Dentre delas están a funcionar:
a) Un banco de tempo.
b) Un peto solidario
c) Una comisión de justicia social
d) Comisión polo dereito a unha vivenda digna  (Stop desafiuzamentos)
e) A tenda de troco
f) Compartillamento de Recursos
g) Alimentos Solidarios de Ferrolterra
(...)

3º O foro social, encargado de organizar eventos. Actualmente este foro está a programar un foro sobre o modelo enerxético e outro sobre a ría de Ferrol...
Ir a descargar

Redacción Informativos de RFM

17 abril, 2013

NOVAS LOCAIS - Rede de Apoio Mútuo de Ferrolterra. Cap.1º (Como xurde)


A Rede de Apoio Mútuo de Ferrolterra comeza a tomar presenza na nosa comarca, logo de activar diversas frontes, coma son: Banco de Tempo, Cooperativa de consumo responsábel Armeria, Peto Solidario ou mesmo o Colectivo Stop Desafiuzamentos.

Todas estas equipas de traballo son a aplicación á vida real do noso entorno máis inmediato, das conclusións ás que se chegaron, logo da celebración do Foro Social de Ferrolterra en setembro do ano 2011.

No Capítulo Nº1 desta serie de reportaxes que hoxe comeza, no tempo de información local en Rádio Filispim, ouviremos a Inacio Martínez, quen nos conta coma da estratexia global do Foro Social Mundial do ano 2001, se conforma un altermundismo posíbel, que non é dirixido, senón compartido e contextualizado en diferentes lugares do planeta, incluido o país galego, e como isa estratexia global parte de tres afirmacións:
  • O capitalismo é socialmente inxusto.
  • O capitalismo é pouco ou nada democrático.
  • ademáis é ecolóxicamente insostíbel.
Inacio, tamén nos fala da relación deste movimento altermundista co movimento 15M, o movimento okupa ou, mesmo, da asimilación de principios do movimento libertario, coma a autoxestión ou apoio mútuo.

A partir de aquí hai que transformar a situación. Ademáis dos foros sociais mundias,  xurden os territoriais, do que fai parte o Foro Social de Ferrolterra. Todos eles son eventos para a reflexión e a análise,  mais tamén punto de partida da activación de frontes de accion.

Como vías para conseguir esa transformación social, a Rede Social de apoio mútuo de Ferrolterra traballa específicamente na vía do contrapoder, apoiándose nas novas tecnoloxías, sen abandonar a vía institucional ou a da movilización.

Ouvimos a Inacio Martinez, integrante da Rede de Apoio Mútuo de Ferrolterra, nesta primeira aproximación (dunha serie de catro) a este movimento cidadá de acción social directa. O audio é tirado do programa Divertimento para pequenos monstros de Rádio Filispim.

Ir a descargar

Redacción Informativos RFM

16 abril, 2013

NOVAS LOCAIS. Acción Rede de Apoio Mútuo de Ferrolterra, pro adxudicación vivendas Recimil.


O que xurdiu como unha proposta da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, e acordada na pasada Asemblea de persoas que figuran na listaxe definitiva para acceder a unha vivenda protexida de propiedade municipal do barrio de Recimil, concretouse hoxe en Ferrol.

Esta Acción consistiu nunha concentración diante do Pazo Municipal, para dirixir-se posteriormente ao rexistro, onde un grupo de persoas afectadas fixeron entrega da reclamación para que se lles adxudique e entreguen xa, algunha das vivendas municipais liberadas.

No mesmo rexistro entregou-se un escrito, onde se solicitou unha reunión de urxencia co Sr. Alcalde, José Manuel Rey Varela e co concelleiro e concelleira, responsábeis de patrimonio e benestar social. O obxectivo da reunión, sería para trasladar-lles as queixas e demandas da Rede. Á xuntanza asistiría unha Comisión de persoas afectadas, xurdida da Asemblea do pasado 10 de Abril de 2013, composta por Laura Luz, Rosa, Ada Luz e Estefanía que estarían acompañadas por membros da Rede de Apoio Mutuo, Elena e Francisco que foron elixidos hoxe, en Esteiro, na asemblea semanal ordinaria de Stop-Desafiuzamentos.

Para finalizar tivo lugar unha Asemblea onde veciñas afectadas falaron da súa situación persoal e familiar, reclamando unha vivenda digna. Os medios de comunicación local están recollendo con interese esta loita social. O drama persoal que están sufrindo moitas destas familias, converten esta loita no centro de preocupación e entrega dentro da Rede, o que require de moito compromiso e paciencia, por tod@s @s activistas e afectad@s.

Fonte: Colectivo Ártabra21

Ir a descargar

Redaccción Informativos RFM

09 abril, 2013

NOVAS LOCAIS. Novo desafiuzamento dunha familia en Ferrol.


Un novo desafiuzamento en Ferrol.

Ana María e os dous menores ao seu cargo, de 14 e 17 anos, foron desaloxados do seu piso en Ferrol polo impago de tres meses de aluguer. Fai moito tempo que Ana non traballa e a pequena herdanza familiar rematou. Sen paro nen prestacións de ningún tipo, deixou de pagar o aluguer en xaneiro. Vivía cos seu dous fillos adolescentes nun piso no centro de Ferrol. 900 euros de débeda, foron suficientes para que se lles expulsara da casa. Se un martes recicibiu a notificación, o mércores, ás 11:15 h. executouse a orden xudicial. Ana, na rúa, con dous fillos falou con Stop desafiuzamentos Ferrolterra e a plataforma comezou a actuar, mediando con Servicios Sociais de Ferrol para buscarlle un lugar onde durmir.

Malia as súas peticións e a de colectivos contra os desafiuzamentos, Asuntos Sociais do Concello de Ferrol limitouse a facilitarlles un cuarto nun hostal de 60 euros, ademais da posibilidade de que a muller puidese ir comer á Cociña Económica, pero en ningún caso cos dous menores.

Porén, a plataforma denuncia que a administración local non fixo trámite ningún para facilitarlle un aloxamento á familia mentres non se resolva a súa situación. Logo da presión cidadán, a administración local accedeu a pagarlle a pensión completa nun hotel até o vindeiro 22 de abril, pero a denuncia ante a Fiscalía de Menores polo trato recibido segue adiante.

Antes, a plataforma de Stop Desafiuzamentos da comarca acompañou a muller e os pequenos ao Rexistro Municipal para solicitar de urxencia unha das máis de cen vivendas baleiras de titularidade municipal que existen no barrio do Recimil. Ante o que denominan "un claro caso de desamparo e marxinalidade social á que está sometida a familia", o colectivo contra os desaloxos anunciou que denunciaría a situación ante a Fiscalía de Menores.

“Hai vivendas baleiras e xente sen casa”, resume Chuso Lois, portavos da plataforma ferrolana de Stop desafiuzamentos, que engade “hai un cupo de pisos públicos para casos coma este, de feito o concello dispón de varios pisos en Recimil para situacións de emerxencia social."

Ir a descargar

Redacción Informativos RFM

19 março, 2013

NOVAS LOCAIS. Chamado de Emerxencia de STOP Desafiuzamentos. Rede Apoio Mútuo de Ferrolterra.



Ante a grave situación que está a padecer a bisbarra de Ferrol, a Rede de Apoio Mutuo-Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra, vén de fazer o seguinte chamamento de emerxencia a tódala cidadanía, co fin de artellar un banco de alimentos e produtos de primeira necesidade, ante o desentendimento das Institucións en materia de servizos sociais, entre delas o Concello de Ferrol.

"Actualmente estamos a tratar uns 15 casos de posibles desafiuzamentos, algunha destas familias ten fillos menores ao seu cargo, non teñen ningún ingreso, nin un anaco de pan que levarse á boca. Algúns estás asistindo ao comedor social, e a única alternativa que lles dá o Desgoberno municipal é que vaian pedir Cáritas.

Necesítanse con urxencia cueiros (pañais) para nenos (Talla 6), produtos de limpeza e hixiene persoal e calquera alimento que poidades doar que non sexa perecedoiro ou con bastantes días de marxe, tipo; arroz, cereais, lentellas, fabas, garavanzos, chícharos, patacas, conservas, leite, etc..

Calquera asociación, partido político, sindicato, colectivo, etc. que queira sumarse a esta campaña de recollida de alimentos e incluír o seu local, pode comunicalo nos contactos abaixo indicados ou no tlf: 637 567 497".



+ info en:
Evento Banco de Alimentos de Emerxencia Social no facebook:  http://www.facebook.com/events/150067935156137/ 

Stop-Desafiuzamentos de Ferrol Terra, blog:  http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/ 

Stop Desafiuzamentos no facebook:  http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/
--
Neste audio escoitamos un extracto da conversa con dúas integrantes de STOP Desafiuzamentos-Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, tirado do programa Divertimento para pequenos monstros de Rádio Filispim:

18 março, 2013

NOVAS LOCAIS. Chamado de Emerxencia de STOP Desafiuzamentos. Rede de Apoio Mutuo. Banco de alimentos.

En vista da grave situación que estamos a padecer na bisbarra, a Rede de Apoio Mutuo-Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra, quere facer un chamamento de emerxencia. Actualmente estamos a tratar uns 15 casos de posibles desafiuzamentos, algunha destas familias ten fillos menores ao seu cargo, non teñen ningún ingreso, nin un anaco de pan que levarse á boca. Algúns estás asistindo ao comedor social, e a única alternativa que lles dá o Desgoberno municipal é que vaian pedir Cáritas.  Necesítanse con urxencia cueiros para un neno (Talla 6), produtos de limpeza e hixiene persoal e calquera alimento que poidades doar que non sexa perecedoiro ou con bastantes días de marxe, tipo; arroz, cereais, lentellas, fabas, garavanzos, chícharos, patacas, conservas, leite, etc..  Calquera asociación, partido político, sindicato, colectivo, etc. que queira sumarse a esta campaña de recollida de alimentos e incluír o seu local, pode comunicalo nesta páxina ou ben chamando o tlf: 637 567 497

Os locais habilitados polo momento para a recollida destes alimentos son: 

 Asociación Lazos Pro-Solidariedade. Dirección: Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo, Ferrol. Horario: Lúns a Venres de 09:00 a 14:00hs.

Asociación Cultural "Fuco Buxán". Enderezo: Rúa Armada Española n.º 32, Ferrol. Horario: Mércores de 11:30 a 13:00hs.

Tenda de Troco (Armeria Soc. Coop. Galega). Enderezo: Parte traseira do Mercado de Caranza. Horario: Lúns, Mércores e Venres de 11:00 a 13:00. Lúns, Mércores e Xoves de 17:00 a 20:00hs.

Colectivo Sociocultural "A Revolta de Trasancos". Enderezo:: Rúa Alcalde Quintanilha, L-3 Local nº2, (Vivendas As Rosas de Caranza), Ferrol. Para deixar axudas a calquer hora mais antes chamar por telefono ao coordenador (André) ao telefono 605455340.

Esquerda Unida Ferrol. Enderezo: Sol, 124, entrechán esquerda. Horario: Mércores de 18:00 a 20:00hs.

Colectivo Socio Cultural Andaravia. Enderezo: Rúa do Sol 111, Ferrol. Horario: Lúns, Martes e Mércores de 10:00 a 13:00hs

Envento Banco de Alimentos de Emerxencia Social no facebook:
http://www.facebook.com/events/150067935156137/

Stop-Desafiuzamentos de Ferrol Terra:

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/

06 março, 2013

NOVAS LOCAIS. Stop Desafiuzamentos, intervén no Pleno do Concello de Ferrol contra Convenio do FSV.


Intervención no Pleno de Ferrol do pasado xoves 28 de febreiro de 2013,  do colectivo Stop-Desafiuzamentos ante a proposta de adhesión do Concello de Ferrol ao Convenio para a constitución do Fondo Social de Vivendas (FSV) destinadas ao aluguer. No nome de Stop-desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, interveu Chus Lois Navaza quen entre outras cuestións,  manifestou que dita proposta non responde as pretensións do colectivo que representan. 

Finalmente a proposta de adhesión do Concello de Ferrol ao convenio para a creación dun fondo de acción social de vivenda foi aprobada cos votos suficientes do PP e o apoio do PSOE. Pola súa banda, EU e BNG  votaron en contra.

Esta iniciativa plantexa a utilización de vivendas que agora son  propiedade de 12 entidades de Ferrol, para re-utilizar en casos de desafiuzamento, previo pagamento de alugueres que oscilarían entre os 150 e 400 €. A indignación foi a resposta da plataforma Stop Desafiuzamentos, varios de cuxos integrantes lanzaron consignas contra os grupos que votaron a favor da iniciativa, o PP e o PSOE.

Por outra banda, durante a intervención da portavoz de Stop Desafiuzamentos, algúns dos integrantes do grupo de goberno, o dereitista PP, mantiveron unha actitude (especialmente Diego Calvo) que os cualifica por si mesmos (ver video).

Audio nova Rádio FilispiM:
Ir a descargar


STOP DESAFIUZAMENTOS FERROLTERRA no pleno do 28-02-2013 from Susete70 on Vimeo.

Máis info do Colectivo Stop Desafiuzamentos Ferrol en: http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Redacción informativos RFM

20 fevereiro, 2013

NOVAS LOCAIS. Manifestación Stop-Desafiuzamentos. Ferrol, 16/02/2013



Stop Desafiuzamentos. Manifestación, Ferrol 16-02-2013.

O pasado sábado 16 de fabreiro, partíu da Praza Amada Garcia diante do Edificio da Xunta, a manifestación convocada por Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, dentro das mobilizacións convocadas polas PAHs (Plataformas de Afectados polas Hipotécas) na Galiza, en máis de cincuenta cidades de todo o Estado e máis nalgunhas capitais europeas. 
"Nin xente sen casas, nin casa sen xente", "Non é unha crise, é unha estafa", "Non son suicidios, son banquicidios", "A banca delinquindo, o pobo sufrindo", "Non falta diñeiro, sobran ladróns", foron algunhas das consignas espontáneas berradas no transcurso da manifestación.  
Nos informativos de Rádio FilispiM, editamos algúns dos momentos da lectura do comunicado final da manifestación, donde se resaltan cuestións ben interesantes:

Comunicado: o porqué da mobilización.

Ir a descargar

Comunicado: reclamando vivendas sociais en Ferrolterra.

Ir a descargar

Comunicado: a Iniciativa Lexislativa Popular (ILT).

Ir a descargar


Redacción informativos RFM.
Related Posts with Thumbnails