Pesquisar neste blog

Mostrando postagens com marcador Apalpador. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Apalpador. Mostrar todas as postagens

23 dezembro, 2025

Boletín semanal da FilispiM, 22/12/2025

 Informativo da FilispiM, luns 22 de decembro de 2025.

Sumario.


  • Rádio Filispim incorpora dous novos programas a súa grella. "Rúas Sonoras", adicado ao rap, desde Trasancos, e "Tradición Sonora" desde Estremadura, adicado ás músicas de raíz. Informa: Vicente Irisarri.

  • Lupe e Inacio traen unha nova sección de Noticias dialogadas: "A Foga de Transportes de viaxeiras por estrada continúa...". 

  • A equipa do certame O Talentiño está de norabóa. Son candidatas aos galardóns premio Mestre Mateo 2026 polo videoclip presentación da pasada edición. Informa: pequenomonstro.

  • "Ferrolterra contra o Xenocidio", reportaxe de Inacio Martínez sobre a manifestación do pasado domingo 21 de decembro en Ferrol. (Toma de son: Inacio / Edición: pequenomonstro)

  • A figura propia do Natal galego, O Apalpador, vetado na programación natalicia do “popular” e "cuadriculado" Concello de Ferrol.

  • As Trasnas e Trasnos elegantes do Exército Rimbombante do Apalpador anuncian, unha vez máis, a chegada do Vello Carboeiro a Trasancos! (pequenomonstro).

  • Julio Castrillón, un avó veciño de Xubia de 82 anos, conta ao seu neto Gabriel como era o Natal na aldea de Recemel en As Somoza hai máis de 70 anos (pequenomonstro / Gabriel)

  • A equipa do Colectivo Opaii - Radio FilispiM  envían os seus mellores desexos nestas datas. No informativo de hoxe ouviremos unha mensaxe de Pepe Cunha, do programa Abrete de Orellas.


Axenda.


Martes 23 de nadal. Ruada do Apalpador. Pese aos obstáculos do Concello de Ferrol, o Vello Carboeiro visitará Ferrol, partindo ás 5 do serán do Centro Social Artabria, na rúa Batalhóns de Esteiro.


Mercores 24 de Nadal. Foliada no Cuerda Floja, ao carón do Parque de Ferrol, de 5 a 9 da noite.


Venres 26 de decembro. Asinatura do novo livro-disco de Ses, "Nadando na Incerteza". Seguerá un faladoiro. Será no Centro Social Artábria de Ferrol.


Venres 26 de decembro. Festa pre fin de ano en O Son da Cociña (Fene). Música en vivo e até campanadas anticipadas. Entrada de balde.


Sábado 27de decembro. Relatos na Tasta. "Todas las playas de mi vida" de Maryi Calca. Un libro para ser lido en voz alta, acompañado por música. Coa colaboración de Nelu Vermouth. Na Tasca da Praza Vella, no Porto, Ferrol.


Conduce: Andre pequenomonstro

Redación informativos FilispiM.


Boas Festas a todas!!! 


29 dezembro, 2024

Universo Nosso - Programa 2 da temporada 02

 29/12/2024

A Brincarmos na Rádio Filispim!

No domingo 29 de dezembro de 2024 voltamos à rádio para elaborar e emitir ao vivo o segundo programa da segunda temporada de "Universo Nosso", um programa em galego feito por crianças!  

Desta vez tivemos a companhia da Xoana e da Xulia, as nossas repórteres da cidade de Lugo para falar sobre o Natal e o Apalpador. Também falamos sobre o espectáculo da conta contos María da Pontragha, entrevistamos a Uxía Muíño (a professora de "Artes Miúdas"), entre outras coisas mais. 

Que bem o passamos! 

Muito obrigado a toda a equipa!





20 dezembro, 2024

O Apalpador e as súas trasnas pasaron por Radio FilispiM. O que pasou non o podes perder...!

O Apalpador e os trasnos

O Apalpador e o Exército Rimbombante dos Trasnos e Trasnas Elegantes, pasaron polos informativos de Rádio FilispiM, cargados de castañas ben quentiñas e moitos agasallos para a rapazada galega. Unha das súas trasnas falou para nós en exclusiva mundial. Traen unha máxica mensaxe para todas as nenas e nenos de Trasancos! Non perdas o audio...

Lembramos algunhas das visitas que o Apalpador fará na Comarca de Ferrolterra:
  • O sábado 21 de Nadal. Nadal na Lareira, no Local da Veiga de Naraío (San Sadurniño). A partir das 18:00 h. da tarde, obradoiro de panxoliñas e cantos de Nadal con Vai Rañala Meu. As 19:30 h. do serán, visita do Apalpador, con lambetadas para as crianzas. As 21:00 h., continúa a festa cunha grande foliada libre e petiscos de balde. Organiza Asociación O Castelo de Naraío.
  • Luns 23 de Nadal. A partir das 17:00 h. O Apalpadore chega a Ferrole, cunha Ruada espectacular. Partirá de Batallóns, decorrerá por Esteiro, Recimil, Porta Nova, Rúa Galiano, Praza do Concello, Rúa Dolores, Praza Amboaxe, Rúa Real, regresando á Praza de Armas. Organiza a Asociación Artábria. Colabora Concello de Ferrol.
  • Xoves 26 de Nadal. A partir das 18:00 h. Ruada con partida do CC do Alto do Castiñeiro, Narón. Organiza Semente de Trasancos. Colabora: Concello de Narón.

Boas Festas a todas e todos!!!
Peza musical utilizada: Cantiga do Apalpador (Malvela)
Debuxo Apalpador (detalle): Leandro Lamas

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]