Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador 10 marzo 1972. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador 10 marzo 1972. Mostrar todas as postagens

19 março, 2015

A Igrexa e a policía española seguen a ocultar información sobre Marzo do 72

Tempo de información local na Rádio FilispiM.
A Igrexa e a policía seguen a ocultar información sobre Marzo do 72.
Testemuño 1

Testemuño 2

Testemuño 3


Este mes de marzo de 2015 cumpríronse 43 anos dos terríbeis sucesos de marzo do 72 na comarca de Ferrol.

Coincidindo con esta data, apresentouse no Ateneo Ferrolán o volume “Informes diversos de los sucesos de Ferrol. 10 de marzo de 1972” (publicado por Liber Factory) , escrito pola profesora da Universidade Complutenese de Madrid, Rosa Cal, quen ofereceu novos datos sobre aquel marzo do 72 en Ferrol, que rematou co asasinato, por parte da policía, dos traballadores dos astelerios, Amador e Daniel, cuxas figuran ficaron inmortalizadas na escultura ao carón do IES Ferrolterra, a altura das Pías.

Según a autora do novo estudio, Rosa Cal, os feitos seguen tendo dúas visións ben diferentes: a dos que están a favor e en contra dos obreiros. No segundo caso estaría a policía, e no primeiro, todos os demais. No caso da Policía Armada o informe da época é unha vergoña: non fala nin dos obreiros mortos nin dos feridos. Tristemente, 43 anos despois os documentos, que consta existen nos arquivos da Policia, seguén a estar vetados aos investigadores... 43 anos despois dos sucesos.

Asi, Rosa Cal, na súa investigación para a redacción deste novo volume “Informes diversos de los sucesos de Ferrol. 10 de marzo de 1972”, afirma que no arquivo do Reino de Galicia da Coruña, ou o do Arquivo Militar do Noroeste en Ferrol, tiveron unha excelente disposición a hora de facilitarlle acceso a documentación da época; mais, canto aos arquivos policiais, aseguraronlle á autora que “non tiñan nada”, polo que non puido acceder as dúas caixas que si consta existen nos arquivos policiais sobre os sucesos.

Canto ao arquivos da Igrexa, ao non ter arquivo histórico, a historiadora acudiu a conferencia epicopal dos Obispos. Unha vez alí, aseguráronlle que “algo sabían”, mais que non podian facilitar documento algún até transcorridos 80 anos...

A policia e a Igrexa seguen a ocutar información sobre marzo do 72; 43 anos despois dos sucesos que acabaron coa vida dos traballadores dos asteleiros ferroláns Amador e Daniel a disparos da policia, e con centros de feridos e represaliados pola autoridade fascista do momento, sendo ademáis o inicio dunha espiral de represión, e dun punto de inflexión na luita obreira a nível de todo estado, que tería como cenario Ferrol e coma protagonistas a sua clase obreira.

No programa de Rádio FilispiM, "Escarnio" adicaron un tempo a estes sucesos, recollendo algunhas das voces dos testemuños vivos daqueles dias... escoitámolos:

Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria de Ferrol.
Fonte documental: Diario de Ferrol,, libro de Rosa Cal "Informes diversos de los sucesos de Ferrol. 10 de marzo de 1972.

27 novembro, 2014

As orixes ferrolás das CC.OO, fala Rafael Pillado.

Audio tirado da charla que Rafael Pillado deu o pasado 21/11/2014 na sede do sindicato en Ferrol, verbo das orixes das CC.OO. Pillado, que en 1979 fora elixido lider do Partido Comunista en Galicia, conta en primeira persoa o nacemento das CC.OO. En Marzo do 1972, Pillado e Julio Aneiros foran protagonistas, xunto un moitos traballadores dos asteleiros ferroláns, dos tráxicos sucesos daquel mes, nos que a policia española e fascista asasinaba aos traballadores Amador e Daniel, rematando eles dous en prisión no que foi o inicio dunha espiral de represión...


Podes ouvir a charla completa (e posterior coloquio con Eugenio Pereiro e público), aquí: http://www.ivoox.com/charla-rafael-pillado (en breve emisión da charla completa no tempo de "Programas Especiais", sábados as 18:00 h.)

Redacción Informativos, Rádio FilispiM.

09 março, 2014

II Jornadas en conmemoraçom do 10 de Março do 1972, Colectivo Chimarrao (Bertom-Ferrol).


II Jornadas en conmemoraçom do 10 de Março do 1972, Colectivo Chimarrao (Bertom-Ferrol). 11, 13, 14 e 15 de Março, 2014.

10 de Marzo de 1972, unha data clave para para a historia obreira galega. 

Dentro e fóra da factoría loitábase por una mellora salarial e das condicións laborais, que naquel momento consistian en longas xornadas de doce horas que se cobraban como se foran de oito. Aquelas mobilizacións comarcais tiveron como ponto de inflexión o asasinato o 10 de Marzo do 72, por parte da policía franquista, de Amador e Daniel e de centos de traballadores feridos nas rúas de Ferrol. Istes acontecementos trascenderon na historia sendo a data do 10 de Marzo do 72, lembrada para sempre, na luita obreira da cidade e mesmo de todo Estado español. É de remarcar o nível de solidariedade e unidade acadado por todos os traballadores da factoría e de de fóra dela, cando milleiros de asalariados da comarca camiñaban xuntos nunha mesma dirección, en prol do progreso persoal e colectivo.

A propósito desta data, en conmemoración dela, o Colectivo Chimarrao (Bertón-Ferrol) vén de organizar unhas II Xornadas, baixo o título: "1972-2014. Reencaminhando as luitas obreiras". Sobre destas Xornadas, como xurden e como se plantexan, falánnos Paki e máis Fran, dous dos integrantes do Colectivo Chimarrao. O audio está tirado do programa de Rádio FilispiM, Divertimento para pequenos monstros. (escoita neste enlace a entrevista completa).

Redacción Informativos Rádio Filispim 


Cunha radio:

08 março, 2014

Divertimento - Especial II Xornadas 10 Março ´72 do Colectivo Chimarrao & conversa con Machina.


Nova edición de Divertimento para pequenos monstros, en pleno Entroido, donde Ana Lucecú veu do revés o Pequeno Monstro locutou facendo o pino e os nosos convidados se intercambiaron a roupa. Ademáis, os nosos ouvintes permaneceron espidos durante todo o programa... Quen da máis?

Contiúdos:

  • Axenda Divertimento.
  • Especial 10 de Março. No estudio integrantes do Coletivo Chimarrao, que falaron das II Jornadas conmemorando o 10 de Março do 72, que principiarán o martes 11 deste mes. Ademáis, falamos con integrantes de MACHINA, que fecharán as Xornadas o sábado 15 xunto a banda local XAVONAROLA nun concerto no Chimarrao, Berton-Ferrol (+ info: https://www.facebook.com/events/357305967741117/).
  • Destruimos aínda máis Ferrol Vello.
Apresentan: Ana Lucecú & Pequeno Monstro. 
Emiten: Rádio Filispim Colectivo OpaiiCuac FM e Rádio A Kalimera Rádio Livre



Todos os programas en:  http://pequenosmonstros.blogspot.com

06 março, 2014

II Jornadas do 10 de Marzo, Colectivo Chimarrao (Bertom-Ferrol).




II Jornadas do 10 de Marzo, Colectivo Chimarrao (Bertom-Ferrol).
1972 - 2014: Reencaminhando as luitas obreiras

Este ano as jornadas organizadas polo Coletivo Chimarrao em comemoraçom do 10 Março do 72 constarám de diversas atividades ao longo da se gunda semana de Março.

Empezaremos a terça 11 de Março às 19:00 horas na A.V. de Esteiro (Rua Fernando VI no bloque I), com umha palestra baixo o título "Autoorganizaçom obreira, sujeito, modelo, alcance e repressom", na que intervirám: Xam Lopes, Fernando Ramos Armesto e um membro da CNT.

Seguiremos a quinta 13 de Março às 19:00 horas no Ateneo Ferrolám (Rua Magdalena 202-204), com outra palestra entitulada "Dinamizaçom da luita obreira", em ela falarám-nós Inácio Mártinez e um membro da CNT.

Continuaremos a sexta 14 de Março às 19:00 horas na Galeria Sargadelos (Rua Rubalcaba 30-32) com a última das palestras baixo o nome "Discriminaçom sexual por grémios e sexualizaçom do trabalho", como ponhentes teremos a Lupe Cés e Lola Ferreiro.

Para rematar o Sábado 15 de Março às 21:00 (sede pontuais) teremos no Bar Chimarrao (Rua sartanha 61) o concerto de Machina e Savonarola. A entrada será de balde.
Evento no facebook:
coletivochimarrao@gmail.com
www.facebook.com/coletivo.chimarrao

Fonte: Colectivo Chimarrao - Ferrol
Audios: informativos de Rádio FilispiM.

Nova completa:

Cunha radio:

14 outubro, 2013

Novas Locais. Faleceu Pacó Balón, histórico militante do PCG, das CC.OO. e represaliado no Marzo do 72.



Faleceu Francisco González Vidal “Paco Balón”, cofundador do PCG e das CC.OO. Miguel Castro, entrevista a José Torregrosa, compañeiro na década dos 70 de Paco Balón e protagonista xunto a el dos sucesos de Marzo do 72 en Ferrol. No 2011 publicaba as súas memorias baixo o título, "Paco Balón: Memorias de un Comunista Ferrolano" (Edicións do Castro). Escoitamos a José Torregrosa que, entre outras cuestións, reflexiona: "Ao final vai resultar que os comunistas non tiñan cornos nen rabo. Tratábase duns individuos empecinados en medio dunha dictadura que os tiña pisoteado, xente de ben capaces de organizarse e facer fronte a unha dictadura e cara a liberdade, aínda a costa de pór en perigo a súa seguridade e a das súas familias...".


Redacción Informativos Rádio FilispiM.

10 março, 2013

NOVAS LOCAIS. 10 Marzo de 72. Os investigadores Bernardo Máiz e Eliseo Fernández, analisan o acontecido naquela xornada.


A Fundaçom Artábria e o Colectivo Chimarrao,  dentro dos atos conmemorativos do 10 de Marzo día da Classe Obreira Galega, celebraron o pasado 6 de marzo de 2013 no Ateneo Ferrolán,  unha palestra intitulada "Março de 72 de umha perpetiva histórica". 

Durante a palestra, os investigadores Eliseo Fernández e Bernardo Máiz, analisaron a historia do movimento obreiro no noso país, dende finais do século XIX até marzo do 72, un ponto de inflexión na loita obreira no ocaso da dictadura franquista, que rematou con dous traballadores dos asteleiros do naval de Ferrol asasinados pola policía franquista, Amador Rei Rodríguez e Daniel Niebla García. Ademáis, según  Bernardo Máiz, de acordo ao publicado pola prensa internacional do momento: 169 traballadores foron detidos na bisbarra de Ferrol, 45 deles pasaron a ser xulgados por asociación ilícita e propaganda ilegal e 130 traballadores foron sancionados coa perda do seu emprego e 200 pasaron a clandestinidade.

Cada 10 de marzo conmemoramos ditos sucesos con ofrendas florais no lugar onde foron asasinados os traballadores e feridos moitos deles, así como ao través de manifestacións convocadas polos sindicatos, nunha xornada reivindicativa que coñecemos coma Día da Clase Obreira Galega.

No seguinte audio, rexistrado por Rádio FilispiM, escoitamos as verbas de Bernardo Máiz xusto no momento en que analisa o contexto, socio-politico e laboral no que se desenvolveron os sucesos de marzo do 72 en Ferrol...

Análise do acontecido naquela xornada, por Bernardo Máiz:
Ir a descargar

Escoita aquí a palestra completa de ambos historiadores, Eliseo Fdez e Bernardo Máiz:
Ir a descargar

Redacción informativos RFM
Related Posts with Thumbnails