Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador 8M. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador 8M. Mostrar todas as postagens

06 março, 2025

Boletín informativo semanal Rádio FilispiM (6/03/2025)

 

 Sumario, semana do 6 de marzo de 2025.

  • 8 de Marzo, Día da Muller e da Loita Feminista, nun 2025 no que a organización Marcha Mundial das Mulleres cumpre 25 anos, na Galiza e no mundo. Recuperamos do arquivo sonoro de Rádio FilispiM unha conversa con Noelia (MMM Ferrolterra) en outubro de 2008, co gallo do primeiro encontro na Europa, que se levou a cabo en Vigo.

    Entroido en Ferrolterra. Revolta en Trasancos! A nosa compañeira Lupe Ces estivo no festival de comparsas do pasado luns en Ferrol realizando unha sonora reportaxe.

    C.S. Artábria, actividades para esta fin de semana:

    - Sexta feira 7 de marzo. Exposición fotográfica “A Musica Galega ten nome de Muller” (Mario Martinho).

    - Sábado 8 de Marzo, Día da Muller. Manifestación ás 20:00 pm, Praza Amada García. Convoca: Marcha Mundial das Mulleres. Ás 22:00 pm, concerto.

    - Domigo 9 de marzo. Sesión Vermú co grupo folc Mediarea. Despois, foliada.

    Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán. Actos polo 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega:

    - Luns 10 de marzo, 19:00 pm, no Ateneo Ferrolán, recital poético “Poemas como disparos de luz contra o esquecemento”.

    - Xoves 13 de marzo, no CC Torrente Ballester. Mesa redonda: “Ferrol e os seus lugares de Memoria. O Monumento ao 10 de Marzo”.

    Atrasar a idade de xubilación, crime de Estado. Reflexión amplificada por Comochoconto (Rádio Raposeira).

    Concentración anti-OTAN. Domingo 16 de Marzo ás 13:00 pm, diante da porta do Arsenal (Ferrol).

    Fermín Muguruza celebra o 15 de marzo ás 21:00 pm, un akelarre antifeixista en Compostela (Multiusos do Sar). Escoitaremos unha mensaxe de Muguruza para as ouvintes da FilispiM.

    Despedimos co ambientazo do Entroido ferrolán e a comparsa “Revolta de Trasancos”.

    Redación Infomativos de Rádio FilispiM.-

    Conduce: p.m.


07 fevereiro, 2020



 A Xanela   das Fucas nº 33  ( 6-2-202

A Xanela  das Fucas,      convida  a    Sonia  Mauriz Pereira e  a  Helga   Méndez García,  participantes  de galegas 8M  para falarnos   da xornada que  se celebrar o 8  de febreiro  no Centro Cívico de Canido.   Nos   puxeron  os dentes largos  ….contaron  con detalle o  programa,  as formas de participar,   as artistas que participaran e   o objetivo  que   se quere conseguir con  esta xornada ….  E por suposto    o   porque      elexiron  o  nome  de  BRAVAS…..para  este día …..
Tamén   recordamos  que hoxe   e o día mundial    en  contra   da  mutilación  xenital   femenina.  Escoitamos  un audio  co testimonio  de mulleres  que   foron   victimas dela  e  están   actualmente  concienciando da necesidade da sua  erradicación.  
Convidadas:  Sonia  Mauriz Pereira,  Helga   Méndez García
Fucas que participan:    Chelo Carballal Balsa,     Sonia Fernández Bellas,  Ana Belén López Verez.
Audios  que escoitamos: ¿Porque  celebramos  el 8 de marzo  el dia internacional  de la mujer trabajadora? ( Pan y rosas); La mutilación genital  femenina esta en España  entrevista a    Asha Ismail.
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;   Non teño  medo  (Sofia Espiñeira)  Feeling Good (Nina   Simone). 

Related Posts with Thumbnails