Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador activismo. feminismo. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador activismo. feminismo. Mostrar todas as postagens

09 outubro, 2020

A Xanela das Fucas Nº 41

A Xanela dás fucas faise eco do 10 de Outubro día Mundial da Saúde Mental porque preto de 1000 millóns de persoas teñen un trastorno mental e calquera persoa, en calquera lugar, pode verse afectada. A pesar da universalidade e magnitude das enfermidades mentais, a diferenza entre a oferta e a demanda de servizos de saúde mental segue sendo considerable e son relativamente poucas as persoas que teñen acceso en todo o mundo a servizos de saúde mental de calidade. A estigmatización, a discriminación e os atentados contra os dereitos humanos das persoas con afeccións de saúde mental seguen sendo frecuentes. No caso da muller é aínda mais grave a situación xa que se une á condición de persoa cun diagnóstico de saúde mental o feito de ser muller e vivir nunha sociedade onde a presión sobre as mulleres pola maternidade, a sexualidade, o ser para os demais e o coidar gratuitamente segue sendo habitual. Ás mulleres séguesenos educando no ser para os demais, en estar para todo, edúcasenos na submisión, no canto de en a defensa dos nosos dereitos. Ás nenas dificúltaselles a aprendizaxe de habilidades básicas para a vida como ter seguridade persoal, tomar decisións, ser independentes e autónomas e ser asertivas. Naturalizamos as relacións de dominación e subordinación aos homes. Todas estas circunstancias e, ademais, ter que cumprir cos mandatos de xénero (todo o que se espera dunha muller) fai que en moitos casos se desenvolva unha alteración da saúde mental. Audios: Salud mental y mujer , Video resumen jornada, mujer y salud. Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa, Sonia Fernández Bellas, Eva Tizón Bouza A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova) ;
Related Posts with Thumbnails