Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Quem somos?

Quen Somos? 

O Colectivo Opaíí! (Ondas Para Activación Información Independente) é unha Asociación Cultural da comarca de Ferrol que pretende activar, dinamizar e comunicar as luitas sociais e culturais da comarca, servíndose para isto de diferentes instrumentos, como son a realización de actividades, exposicións, publicacións, proxeccións, o intercambio de información, cunha actividade principal que actúe de elemento de aglutinante: a radio libre e comunitaria da comarca, Radio FilispiM.

Rádio FilispiM pretende ser útil as persoas, colectivos, redes sociais e culturais da comarca, sen espazo nos medios de comunicación convencionais, ou que están sendo silenciados polos mesmos. Dende o Colectivo OPAII, asumimos o compromiso de por os nosos medios a súa disposición. Radio Filispim (RFM), sendo unha actividade do Colectivo OPAII, asume como seus os principios do colectivo, que son os seguintes:

  •  O Colectivo Opaii! - Rádio FilispiM (OPAII - RFM) organízase de forma asemblearia con todo o que isto implica, tentando crear unha actitude e posicionamento como colectivo e fuxindo da posibilidade de persoalismo ou egocentrismos, ficando específicadas claramente as opinións persoais discrepantes e as ausencias de posicionamento, para no derivar en falsos consensos.
  • OPAII - RFM apoia un modelo económico no que o importante sexan as persoas e o seu desenvolvemento persoal, fronte a un modelo que fomenta a competición e o indiviualismo, onde o importante son os beneficios económicos. Un modelo que non permita a existencia de relacións de sumisión ou dependencia que limiten a liberdade do proxecto. O modelo de xestión económica que adopta OPAII-RFM pretende fomentar a axuda mutua dirixida por uns principios éticos. Así, entendemos que a autoxestión é o modelo económico que posibilita que OPAII-RFM, responsabilice ás persoas participantes no proxecto da súa financiación e procure a independencia e autonomía, tanto do Colectivo como do proxecto en si mesmo.
  •  OPAII-RFM empregará sempre a lingua galega. Estamos nunha realidade (máis concretamente á ferrolá) que queremos transformar. Nese camiño potenciaremos a lingua propia e loitaremos contra a marxinación da mesma a nível comunicacional, social e cultural. OPAII-RFM debe ser un medio de normalización e espallamento da cultura galega, deste xeito, o Colectivo porá os medios necesarios para que exista unha normalización lingüística, tanto nas ondas como ao través de calquera outro medio. Por tanto, todos os programas de produzón propia e aqueloutros conducidos por persoas integrantes de OPAII-RFM, terán como lingua vehicular o idioma galego, agás os realizados por persoas doutras comunidades, e seccións de espazos nos que se interactúe coas mesmas, que poderán realizarse noutras linguas, previa consideración da Asemblea. En OPAII-RFM todas e cada unha das variantes gramaticais do universo lingüístico galego-portugués convivirán en igualdade de oportunidade.    
  • Verbo a linguaxe, OPAII-RFM, considéraa un elemento fundamental. Enviamos mensaxes continuamente ao través da radio, tanto musicais como faladas, por iso tentaremos despoxar á lingua e á musica de expresións racistas, sexistas, homófobas… comprometéndonos a utilizar unha linguaxe non violenta nen discriminatoria. OPAII-RFM entende que mulleres e homes debemos ser tratados con dignidade, polo que se compromete co emprego dunha linguaxe non sexista nin discrimintaria. Por todo isto, tanto nas actividades, programas ou asembleas organizadas por OPAII-RFM, non se admitirán actitudes discriminatorias.
  • No que se refire a defensa do medio, OPAII-RFM, defende un desenvolvemento da humanidade respetuoso coa natureza, e implicarase de xeito activo na defensa do medio ambiente, actuando en distintos puntos: denunciando os atentados contra o medio ambiente, promovendo alternativas que posibiliten un aproveitamento racional e ético dos recursos, colaborando cos grupos ecoloxistas e outros colectivos sociais, na difusión das campañas de sensibilización. No día a día do colectivo, aplicarase a regra dos tres erres: reutilizar, reciclar e reducir.
  • OPAII-RFM pretende ser un colectivo de carácter local, é dicir, debe incidir no que ocorre no seu entorno máis inmediato. Isto non quere dicir que non desexe coñercer o que acontece  noutros lugares do planeta. Para unha comprensión da realidade global, asume o lema: "pensa globalmente e actua localmente". Para conquerir este carácter local, OPAII-RFM ofrécese aos diferentes colectivos e persoas da comarca, para que estes utilizen Rádio FilispiM como medio de expresión. OPAII-RFM respaldará as iniciativas que saian neste senso, procurando que a difusión das novas se leve a cabo polos propios protagonistas.
  • OPAII-RFM garantirá a participación de persoas ou colectivos doutras culturas. Denunciará calquera actitude racista e a quen a promova. Colaborará con colectivos que favorezan a integración de inmigrantes e colectivos marxinados, ao través do coñecemento das súas culturas e realidades.
  • OPAII-RFM posiciónase fronte o militarismo e calquera forma de autoritarismo, por consideralos medios para oprimir aos povos e persoas. Rexeita os valores fascistas e a discriminación que estes promoven ao non respetar e negar o pensamento individual. Posiciónase fronte á violencia en todas as súas manifestacións, por ser unha forma de perpetuación das desigualdades. Defende xeitos de resolución dos conflictos en convivencia cos direitos e liberdades fundamentais dos individuos en comunidade.
  • OPAII-RFM non é parte de organizacións políticas. As persoas que participan no colectivo faranno en nome propio, en ningún caso como voceiros de organizacións políticas, aínda que poidan participar delas á título privado. En Rádio FilispiM (RFM) non se admitirán propostas de programas radiofónicos, ou seccións dos mesmos,  propagandísticos de siglas políticas. Non embargantes, nos programas de RFM poderán existir contidos de carácter político, canto dar voz a militantes das organizacións, promover debates, mesmo, visibilizar a existenza de sectores críticos e minoritarios dentro delas. Con idéntico plantexamento, OPAII-RFM non comunga con oganización relixiosa ou crenza algunha. Rádio FilispiM non admitirá propostas de programas  cuxos contidos, ou seccións, fagan proselitismo destas organizacións.
  • 10º OPAII-RFM utilizará nos equipos informáticos das súas instalacións software libre, ao seren coincidente coa súa filosofía de compartir o coñecemento sen ánimo de lucro. Utilizar software privativo implica unha contradición co principio de liberdade, un apoio ao sistema capitalista, monopolizador e alineante. OPAII-RFM comprométese, dentro das súas posibilidades, ao fomento de artistas, grupos e software informático que compartan as súas creacións e coñecementos baixo licenzas libres.

Quem somos? 

O Colectivo OPAII [Ondas Para Activaçom Informaçom Independente], é umha Associaçom Cultural da comarca de Trasancos que pretende activar, dinamizar e comunicar as luitas Sociais e Culturais da Comarca, servindo-se para isto de diferentes instrumentos, como é a realizaçom de actividades, exposiçons, publicaçons, projecçons, o intercámbio e compartilhamento de informaçom, etc com umha actividade principal que actue de elemento de ligaçom e/ou aglutinante: umha rádio livre e comunitária, Rádio FilispiM.

Rádio FilispiM, pretende ser a rádio daquelas pessoas, colectivos e redes sociais, culturais, etc. da comarca, sem espaço nos meios de comunicaçom convencionais ou que estám sendo silenciados polos mesmos. Polo que assumimos o compromisso de pôr os nossos medios à sua disposiçom. Rádio FilispiM, sendo umha actividade do Colectivo OPAII, assume coma seus os principios do colectivo, que som os seguintes:

  • 1º- OPAII-RFM organíza-se de forma assamblearia com todo o que isto implica, intentando criar umha actitude e posicionamento como colectivo e fugindo da possibilidade de pessoalismos ou egocentrismos, ficando especificadas claramente as opinions pessoais discrepantes ou as ausências de posicionamento, para nom derivar num falso consenso.
  • 2º- OPAII-RFM apoia un modelo económico no que o importante sexan as pessoas e o seu desenvolvemento pessoal, frente a um modelo que fomenta a competiçom e o individualismo, onde o importante som os benefícios económicos. Um modelo que nom permita a existência de relaçons de sumissom ou dependência que limitem a liverdade do projecto. O módelo de gestiom económica que adopta OPAII-RFM pretende fomentar a ajuda mutua e o cooperativismo no funcionamento interno e que a financiaçom estea dirixida por uns principios éticos.Assim, entendemos que a auto-gestom, é o modelo económico que possibilita que OPAII-RFM, responsabilice às pessoas participantes do projecto da sua financiaçom, e procure a independência e autonomia, tanto do Colectivo coma do projecto em si mesmo.
  • 3º- O Colectivo OPAII-RFM empregará sempre a língua galega. Estamos numha realidade (a galega, e mais concretamente a ferrolana) que queremos transformar e nesse caminho optamos por potenciar a língua própria e luitamos contra a marginaçom da mesma a nível comunicacional, social e cultural. OPAII-RFM debe ser um meio de normalizaçom e espalhamento da cultura galega, por todo isto este colectivo porá os medios necessários para que exista umha normalizaçom lingüística, tanto nas ondas como a través de qualquer outro médio. Assim, todos os programas de produçom própria e conduzidos por membros do OPAII-RFM teram a língua galega como língua veicular, excepto os realizados por pessoas de outras comunidades, e secçons de espaços onde se interage com elas, que poderam ser realizadas em outros idiomas, consideraçom prévia da Assembleia. No OPAII-RFM todas e cada umha das variantes gramaticais do universo linguístico galego-português coexistiram com igualdade de oportunidades.
  • 4º- Em quanto à linguagem, OPAII-RFM, consideraa um elemento fundamental. Enviamos mensagens continuamente a través da rádio, tanto musicais coma faladas, por isso intentaremos despoxar à lingua e à música de expressons racistas, sexistas, homófobas... comprometendonos a utiliçar umha linguagem nom violenta nem discriminatória. OPAII-RFM entende que mulheres e homens debemos ser tratados com dignidade, e comprométe-se co emprego dunha linguagem nom sexista nem discriminatória. Por todo isto tanto nas actividades, programas ou assembleias organizadas por OPAII-RFM non se admitiram atitudes discriminatórias.
  • 5º- No que se refire à defesa do meio, OPAII-RFM, defende um desenvolvemento da humanidade respetuoso coa natureza, e implicara-se de geito activo na defesa do meio ambiente actuando em distintos pontos: denunciando os atentados contra o medio ambiente, promovendo alternativas que posibilitem um aproveitamento racional e ético dos recursos, colaborando cos grupos ecoloxistas e outros colectivos sociais, na difussom das campanhas de sensibilizaçom. Aplicara-se a regra das tres erres no dia a dia do colectivo [Reutilizar, Reciclar e Reducir].
  • 6º- OPAII-RFM pretende ser um colectivo de carácter local, é dizer, debe incidir no que ocorre no seu entorno máis inmediato, isto nom quere dizer que se peche ao que sucede noutros lugares da Galiza ou do planeta, necesário para umha comprenssom da realidade global, por isto, fai seu o lema "pensa globalmente e actua localmente". Para conseguir este carácter local, OPAII-RFM, oferece-se aos diferentes colectivos e pessoas da comarca, para que estos utilicem OPAII-RFM como medio de expressom. OPAII-RFM respaldará as iniciativas que saiam neste senso, e intentará no posivel que a difussom das novas se leve a cabo polos proprios protagonistas.
  • 7º- OPAII-RFM debe garantir a participaçom de pessoas ou colectivos doutras culturas, e denunciará qualquer atitude racista e a quem provoque dita actitude. Colaborará com colectivos que favorezam a integraçom de inmigrantes e colectivos marxinados, a través do conhecemento das suas culturas e realidades.
  • 8º- OPAII-RFM posicióna-se contra o militarismo e qualquer forma de autoritarismo, por consideralos meios para oprimir aos povos e às pessoas. Rexeitamos os valores fascistas e a discriminación que estos promovem ao nom respeitar e negar o pensamento individual. Posicionamonos fronte á violência em todas as súas manifestaçons, por ser umha forma de perpetuaçom das desigualdades, defendemos xeitos de resoluçom dos conflictos em connivência cos direitos e liberdades fundamentais dos individuos em comunidade.
  • 9º- OPAII-RFM nom casa com partidos políticos. As pessoas que participam no colectivo falaram em nome próprio, nunca coma porta-vozes de organizaçons políticas, ainda que possam participar delas à título privado e individual. Portanto, na Rádio FilispiM (RFM) não se admitirão propostas de programas radiofónicos, ou secçons dos mesmos,  propagandísticos de siglas concretas. Em todo o caso, nos programas de RFM, sim poderam existir conteúdos de carácter político, quanto a dar voz às pessoas militantes nas suas organizaçons verbo de posicionamentos concretos, a participação em debates de opiniom, mesmo a visibilizar a existenza de sectores críticos dentro delas. Com idêntico plantexamento OPAII-RFM, nom comunga com oganizaçom religiosa ou crença alguma. Rádio FilispiM nom admitirá propostas de programas (ou secçons) cujos conteúdos façam proselitismo das suas organizaçons.
  • 10º- OPAII-RFM utilizará nas súas instalaçons Software Livre, porque é posíbel, pola coincidencia com súa filosofia de compartilhar o conhecimento de forma livre, e porque utilizar software privativo implicaria umha contradicçom com o principio de liverdade e um apoio ao sistema capitalista, monopolizador e alineante, que o software privativo representa. OPAII-RFM, comprométese dentro das sua posibilidades a apoiar a difussom de artistas, grupos e programas informáticos que compartam as suas creaçons e conhecementos baixo licencias livres.
Related Posts with Thumbnails