Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Ferrol. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Ferrol. Mostrar todas as postagens

10 fevereiro, 2019

FilispiM Vai ao CEIP Cruceiro de Canido 29-01-2019


O pasado martes 29 de xaneiro, Radio Filipim achegou o seu estudio, nun novo programa do FilispiM Vai, ao centro educativo CEIP Cruceiro de Canido para falar con toda a comunidade educativa que traballan dende este colexio por e para os/as nenos/as. Durante dúas horas falamos co profesorado dos proxectos nos que anda involucrado, das súas actividades, das necesidades e de todo aquelo que acontece dentro das paredes deste coelxio.

21 outubro, 2018

Programa do Colectivo do 14 de Outubro de 2018

Este é o Programa do Colectivo do 14 de Outubro de 2018, neste programa entrevistamos á Plataforma pola remunicipalización e defensa dos servizos públicos do Concello de Ferrol, tamén falamos das diferentes convocatorias para esta semana e do que acordamos na assembleia deste domingo.


14 outubro, 2018

UNHA TARDE NO MUÍÑO PROGRAMA Nº 23


LUNS 8 OUTUBRO 2018.
Sintonía e presentación da nova sección, Polo correo do Vento, que estará dedicada a información e suxestións arredor do Muíño do Vento.
Noticias do Barrio Alto , sección na que Roberto Taboada informou do premio recibido pola Asociación Veciñal. Premio outorgado polo Concello ao programa de actividades desenvoltas en Cidade Alegre.
Antonio, Rubén e Manuel, compoñentes de Ferrolterra Antiga, continuando as súas investigacións sobre a historia de Ferrol, presentando a Francisco Suárez García.
Chus Prieto adianta a programación e actividade teatrais que se van desenvolver na Comarca durante esta quincena. E reflexiona sobre o valor da palabra, cerne do teatro. E logo a palabra en mestura coa música , reforzando o valor desta. Recitado de poema de Rosalía e logo a música e a palabra na voz de Adriano Correia.
Outro Mundo é posible, nova sección que presenta Rafa Rodríguez .Ocasión para louvar ao mestre Dº Luís Rodríguez Calvo, que tivo  destino durante moitos anos no Colexio de Canido. Estiveron como convidados Dani e María, fillo e nora de Dº Luís.
Despedida e a Bela Muiñeira.

31 maio, 2018

FilispiM Vai ao IES Montojo 25 maio 2018


O Venres 25 de Maio de 2018 ás 11:00h da manhá , Rádio FilispiM foi à Biblioteca do IES Montojo de Ferrol para realizar um novo programa de rádio ao vivo no que falamos com a comunidade educativa do centro que nos mostrarom o funcionamento e projectos nos que trabalham, escoitamos música en directo interpretada polas alumnas e muitas mais coisas.

17 março, 2017

Nova Local - Lectura do comunicado na Concentración en EMAFESA pola Plataforma Pola Remunicipalización.

Audio da lectura do comunicado da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, na concentración en Ferrol polo Saneamento contra a Taxa, por unha EMAFESA cen por cen Pública, o pasado mércores 1 de marzo, ás doce do mediodía, na Praza da Ilustración.
>

17 janeiro, 2017

Concentración unitaria en Ferrolterra na Acción Internacional contra o CETA - 21-01-2017


CUNHA PARA A CONCENTRACIÓN UNITARIA EN FERROLTERRA NA ACCIÓN INTERNACIONAL CONTRA O CETA.
SÁBADO 21 DE XANEIRO

NO CANTÓN DE FERROL (NAS INMEDIACIÓNS DO PALCO DA MÚSICA)
ÁS 12 DO MEDIODÍA

#STOPCETA
NON Á DITADURA DAS CORPORACIÓNS TRANSNACIONAIS
NA DEFENSA DOS POBOS E DO MEDIO AMBIENTE!




Co obxectivo de participar na convocatoria internacional contra o tratado de comercio e investimentos entre a Unión Europea e Canadá (CETA - Tratado Económico e Comercial entre a Unión Europea e Canadá) que está convocada para o sábado 21 de xaneiro de 2017. Tratado que está previsto que se debata no Parlamento Europeo a principios de febreiro e que no caso de que se aprobe, repetirían-se os debates nos diferentes parlamentos estatais, mesmo sería bon que se levara na Galiza aos diferentes concellos e ao Parlamento Galego, para crear un debate popular máis xeneralizado, mais iso depende dos partidos políticos e dos seus intereses.

O CETA é un tratado, no cal a modo de exemplo, de estar en vigor afectaría de cheo na nosa economía e ao noso poder de decisión. Todos lembramos o asunto da Mina de Corcoesto (Cabana de Bergantiños) onde a empresa Edgewater (que aínda non renunciou definitivamente), de capital canadense quería explotar unha mina de ouro destruíndo montes enteiros e enchendo as nosa augas e ríos de cianuro mercurio. Pois ao rexeitar o proxecto a compañía mineira podería esixir unha indenización multimillonaria e sen someterse aos tribunais ordinarios de xustiza (neste momento ten que lixitar no Tribunal Internacional da Haya onde pide sobre 20 millóns). O CETA prevee un sistema de resolución de conflitos inversor-estado (ICS) de acceso exclusivo aos inversores estranxeiros.

O CETA, como o TTIP e o TISA, non son tratados beneficiosos para as clase traballadora e o resto das clases populares, tanto de Europa, como de USAmérica ou Canada, só benefician a grandes corporacións transnacionais que impoñen os seus criterios para que os estados lexislen no seu beneficio, a cambio de transsacións comerciais ou investimentos que na maioría dos casos son moi prexudiciais para os pobos e o medio ambiente.

02 janeiro, 2017

Concentración de denuncia polos últimos feminicidios, 20 Dez 2016

O pasado Martes 20 de Decembro de 2016, ás oito da tarde, persoas, partidos e diferentes asociacións da comarca, concentráronse diante da Casa do Concello de Ferrol, como no resto das cidades de Galiza, para denunciar os últimos feminicidios, convocados pola Marcha Mundial das Mulleres. #oMachismoMata



13 maio, 2016

Divertimento para pequenos monstros. Especial 5º aniversario do 15M - Ferrol

 Maio 2011, Ferrol (Fonte: Luis Fernández)

Na edición do 20 de maio de 2011 de Divertimento para pequenos monstros (Rádio FilispiM), realizamos a primeira das numerosas coberturas verbo da incidencia na nosa comarca do, daquela, nacente Movimento 15M. Hoxe, cadrando do quinto aniversario do 15M, recuperamos ese programa e o completamos con outros rexistros sonoros tomados directamente na Praza do Concello de Ferrol, testemuña de asembleas, acampadas e actividades promovidas polos colectivos xurdidos daquela, coma "Toma la Calle Ferrol" ou, mesmo, "Acampada Ferrol."

Este programa especial está plantexado a modo de collage sonoro, co obxecto de que a ovinte se faga unha composición do acontecido naquel Maio de 2011, no Estado, País galego e, como non, Ferrol.

As reportaxes foron rexistradas polo Pequeno Monstro para o programa Divertimento, na Praza do Concello de Ferrol os días, 19, 20 e 28 de maio de 2011Algúns destes rexistros son inéditos, non se difundiron até agora, polo que cobran especial relevancia. A actual coxuntura política, onde formacións nadas daquel 15M gobernan xa algunhas Institucións, mesmo teñen opcións de gobernar o Estado, lle dan a este documento un plus de importancia, canto a analisar como, cando e por que comezou todo.

A cronoloxía dos rexistro sonoros (según aparecen no programa) é a seguinte:
  • Xoves 19/05/2011. Conexión telefónica coa Praza do Concello de Ferrol. Iago Montes fai de correspondente. Damos voz a un dos integrantes de "Ferrol Toma la Calle", colectivo convocante da concentración que está a ter lugar (min. 00:18).
  • xx/05/2011. Audio do programa "En días como hoy" (Radio1 - RNE). Chamada de Cristina, unha ouvinte indignada co que está a ouvir na tertulia radiofónica do ente público (min. 00:33).
  • Domingo 15/05/2011. Audio rexistrado por Divertimento na manifestación do 15M de Sevilla (min. 00:40).
  • Venres 20/05/2011. Audio rexistrado por Divertimento na Asemblea aberta daquela tarde, organizada por "Ferrol Toma la Calle" (min. 00:49).
  • Sábado 28/05/2011. Entrevistas realizadas por Divertimento a persoas da "Acampada Ferrol", na Praza do Concello: grupos de traballo, coordenadoras, persoas colaboradoras, moz@s que chegaban a acampar (min. 01:06).
  • Sábado 28/05/2011, na noite. Rexistro de Divertimento do concerto do grupo folk Muxarega de As Pontes, dentro das actividades organizadas por "Acampada Ferrol" (min. 01:41).
Selección musical:
- Bigott. Gravación realizada por Divertimento no Womad de Cáceres de 2011.
- Selección de hip-hop instrumental do selo Tú Pierdes (Yo Gano-Superego). Temas de Hyppaly, etc.
- Steve Reich.
- Andrew Poppy (...)

Condución, montaxe e edición de audio: Pequeno Monstro (13/05/2016)


Video: Reportaxe 15M en Ferrol (fonte: chupicola)

05 fevereiro, 2016

FilispiM Vai... ao CEIP Isaac Peral de Ferrol [29-01-2016]

Neste primeiro "FilispiM Vai..." do ano 2016, trasladamos a radio libre e comunitaria ao CEIP Isaac Peral de Ferrol; foi o venres 29 de xaneiro ás 18:00h. Para coñecer de primeira man á comunidade educativa desta escola e o que acontece neste centro público de ensino do bairro de Esteiro de Ferrol.

Podes ver as imaxes do programa neste enlace: Album

Escoitao!!

21 novembro, 2015

O BECO DA LÍNGUA - VOL. 11 - 14 novembro 2015

Décimo primeira entrega do programa O Beco da Língua, o programa da associação homónima de pessoas alunas e ex-alunas de português da EOI de Ferrol, e outras pessoas afins. Emitido ao vivo, e gravado, no dia 14 de novembro de 2015 de 12h a 13h no local da Rádio Filispim sito nas traseiras do mercado de Carança.

Este novo capítulo encontra-se dedicado na sua íntegra à famosa banda brasileira de rock psicodélico "Os mutantes".

Além desta temática central, o nosso programa terá como cada dia uns minutos dedicados às crianças, o nosso Espaço Traquinas, assim como a nossa recomendação de leitura no espaço Pega no livro.

Escutem, desfrutem, partilhem, venham fazer programas com a gente!

O Beco da Língua - Os mutantes + Espaço Traquinas + Pega no Livro


14 julho, 2015

DIVERTIMENTO - Conversa con Fernando Fdez. Rego, autor do libro: "ANDRÉS DO BARRO, SAUDADE. El músico que llevó el pop en gallego al número uno de ventas en España".

Fernando Fdez Rego e Andrea Lapique (foto: Pequeno Monstro)

Edición Especial (40 min. aprox.) do venres 10 de xullo de 2015 de "DIVERTIMENTO para pequenos monstros" en Rádio Filispim - Colectivo Opaii!,
  • Conversa con Fernando Fernández Rego, autor do libro "ANDRES DO BARRO, SAUDADE. El músico que llevó el pop en gallego al número uno de ventas en España" (La Fonoteca, 2015), pouco antes da presentación do libro no bar Manchita Cosa de Ferrol. 

Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

Emisión en: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol/Trasancos), Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela) & vía streaming en: http://opaii.blogspot.com
Tlfno directo: 981.37.10.40


Todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com

09 maio, 2015

DIVERTIMENTO - Especial "Ferrol Mola en Eleccións" _ 08/05/2015

Instantanea do especial "Ferrol Mola en Eleccións".

Edición de DIVERTIMENTO para pequenos monstros do venres 8 de maio de 2015, na Rádio Filispim, 93.9 FM, libre e comunitaria dende Ferrol.

Especial, "FERROL MOLA EN ELECCIÓNS".

Coa presenza de:
  • MELI CRIADO. Comandanta en Xefa do blog: http://labocadelaria.blogspot.com
  • XABI PORTO. Comandante en Xefe de ningúen. Espazo Libertario (CNT-Unión Libertaria).
  • PEDRO FERRÁNDEZ. Comandante en Xefe do seu pensamento. Ideologo e pensador no Diario de Ferrol, no seu tempo en Rádio FilispiM, con "Aquiloquevibra".
  • ELENA. Comandante en Xefa da súa natureza. Integrante da Sociedade Galega de Historia Natural, cantante de samba, boas vibracións.
Neste program xuntamos a persoas para falar de política con maiúsculas, que é como fala a xente do pobo. Así, Meli contounos máis da Ria de Ferrol, do Porto e do seu blog (La Boca de La Ría) onde a Ría, coma ser vivo de natureza rebelde que é, toma a palabra. Elena, lembrou a Manolo de Vite, ser humano que soubo pasar polas persoas e terras que camiñou, integrante da Sociedade Galega de Historia Natural. Xabi, falou do 1º de Maio e Pedro pensou en Ferrol. Despois, entre tod@s falamos do inicio da campaña eleitoral en Ferrol... e así pasaron case dúas horas con xente que fala de corazón.

Apresentan e conducen: Ana Lucecú e Pequeno Monstro.

25 março, 2015

Morre um trabalhador nos asteleiros de Navantia

A vítima, de 58 anos de idade, trabalhava na empresa auxiliar ÍRIS, falecia na noite de 24 de Março, esmagado por uma grande peça para uma plataforma da naviera Fernández Tapias.
O ano passado foram registrados um total de 23.214 acidentes de trabalho em jornada laboral na Galiza, um incremento de 3,79 % a respeito do 2013, según dados da Xunta de Galicia através do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral. 
A incidencia da siniestralidad laboral medida em proporção ao número de trabalhadores e trabalhadoras, também aumentou em 3,58 % em comparação ao 2013.
Em 2014, na Galiza, rexistraronse oficialmente 59 mortes por acidente laboral, e nas províncias de Lugo e A Corunha aumentou consideravelmente a siniestralidade.
Em Ferrol, no que levamos de ano, este é o segundo acidente laboral com resultado de morte de um total de 153.
A cifra de acidentes mortais na Galiza leva aumentando desde o começo da crise, em 2012 foram 42 mortos, em 2013, 47 e em 2014, 59, e isso que o número de trabalhadores e trabalhadoras desceu consideravelmente ano após ano.
As organizações sindicais consideram que é devido a um recorte em segurança e a um aumento da precaridade e más condições no trabalho.
Informou Cholo para os Informativos Locais de Rádio FilispiM

19 fevereiro, 2015

Demandam a retirada do Plano de Conservaçom da Frouxeira




A Asociaçom EcoPacifista Verdegaia, posicionou-se contra a aprobaçom do Plano de Conservaçom da Frouxeira e demandou a sua retirada ao perceber que obedece a interesse particulares e partidistas.

Verdegaia denuncia que com a aprobaçom deste plano, nom se garante a conservaçom dos habitats naturais nem das espécies silvestres deste espaço natural "protegido".

Verdegaia afirma que com este plano só se tenta disponher de segurança jurídicapara seguir controlando de forma artificial o regime hidrolóxico da lagoa da Frouxeira e demanda a expropriaçom e supressom das edificaçons e do paseio marítimo que usurparom a zona de anegamento natural do humidal de Valdovinho.

Verdegaia percebe que a lagoa da Frouxeira deve evoluir e autorregularse de forma natural, prescindindo de qualquer tipo de intervençom humana.

Por outra parte, entre as muitas eivas que apresenta o plano de conservaçom, destacam que das 28 espécies exóticas invasoras detectadas, só se pretendem erradicar 5; o que lhes parece uma falta de responsabilidade absoluta, tendo em conta que a irrupçom de espécies forâneas nos ecosistemas autóctones som a segunda causa de extinçom das espécies associadas aos mesmos, depois da destruiçom directa dos seus habitats naturais.

Informou CHOLO para os informativos locais de Rádio FilispiM

26 janeiro, 2015

O 24 de Janeiro nom houvo Diário de Ferrol



A plantilha do "Diário de Ferrol" puxo-se em Greve este 23 de Janeiro junto ao resto das trabalhadoras dos meios que pertencem ao grupo editorial "La Capital".

Junto a El Ideal Gallego, DxT Campeón, Diário de Bergantiños e Diário de Arousa, os trabalhadores e trabalhadoras de Diário de Ferrol seguirom a convocatória de greve e mesmo realizarom umha concentraçom diante do edifício do Concelho, uma concentraçon que foi apoiada pela cidadania e parte do tecido asociativo da cidade assim como sindicatos ou partidos políticos, excepto do Partido Popular.

De seguido escutamos o audio da concentraçom desta Sexta-feira 23 de Janeiro onde as proprias trabalhadoras explicam a situaçom.

[Audio do comunicado e intervençons.]

Informou, CHOLO, para os Informativos Locais de Rádio FilispiM

17 dezembro, 2014

Continúa a folga indefinida de Cleanet


Despois de tres meses sen cobrar, o pasado 27 de outubro, as traballadoras de Cleanet comezaron unha folga indefinida para esixir os seus salarios. A empresa concesionaria do servizo de limpeza do Arsenal, segue facendo caso omiso ás súas demandas.
Desde o catro de decembro, comezaron tamén unha acampada permanente no cantón, diante da porta do Arsenal.
O pasado mércores 10 de decembro, convocaron unha manifestación que congregou a preto de cincocentas persoas, cun claro apoio do movemento obreiro e sindical da comarca. Ao fin da mesma, sinalaron tamén como responsábel ao Ministerio de Defensa, denunciando a súa complicidade e amosando sospeitas sobre o propio proceso de concesión do servizo.
[Audio do Comunicado] 
Ao día seguinte da manifestación, recibiron o apoio in situ dos traballadores do Naval [que se desplazarom ate alí] despois da mobilización que mantiverom dinate do edificio da xunta, así como do colectivo de mariscadores sen carnet. Estes foron algúns dos colectivos que confluiron no recibimento a Feijoo o pasado xoves 11 de dezembro frente ao Teatro Jofre no que parece ser un comezo de unidade e solidariedade nas loitas.
Escoitamos a entrevista a unha das traballadoras feita polas compañeiras de Escarnio en Rádio FilispiM.
[Audio da Entrevista]

Informou CHOLO para os informativos Locais de Rádio FilispiM
Related Posts with Thumbnails