Pesquisar neste blog

Mostrando postagens com marcador 15M. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador 15M. Mostrar todas as postagens

15 maio, 2025

Informativo Rádio FilispiM, 15/05/2025

Informativo semanal da Rádio FilispiM, 15 de maio de 2025.

SUMARIO:

  • Novas dialogadas. Lupe e Inacio seguen a voltas cos RESIDUOS. Na actualidade máis de 1.000 toneladas de voluminosos recolhem-se em Ferrol cada ano. Hai umha falta de empatia e civismo por parte de certa vizinhança. Abordam este assunto, assim como os vertedoiros incontrolados.

  • Jorge Mirancos achéganos as actividades do Centro Social ARTABRIA de Ferrol para esta semana.

  • Ana Lucecú, lémbranos unha nova concentración en Solidariedade con PALESTINA. Xoves 15 maio, ás 19.30h, na Praza Vella. Ferrol. Convoca: Ferrol con Palestina.

  • Luce Ces, profunda sobre as últimas novas sobre o xenocidio que está a acontecer en GAZA, aos ollos do mundo.

  • O Colectivo BDS (Boikot, Desinformación e Sancións a Israel), inicia unha campaña de concienciación dirixida aos FESTIVALEIROS e festivaleiras. Atentas ao seu comunicado...

AXENDA:
  • III ENCONTRO GALEGO DE MIGRACIÓN, sábado 24 de maio en Canido, organizado polo colectivo ferrolán Mobilidade Humana.

  • LETRAS GALEGAS 2025. Son moitos os actos e convocatorias para este importante Día. A principal: En Compostela, o sábado 17 de maio ás 12:00 h. Desde a Alameda, manifestación baixo o lema "Lingua vital Xa!. Culminará no Obradoiro cunha foliada pola lingua que promete ser espectacular. Debes ir ben armada de ferralla e gañas de sacar a lingua! 

                   *Entre cita e cita, ouvimos música de Color Humano e cantareiras de Leilía.

  • Rematamos cunha nova viaxe a través da MÁQUINA DO TEMPO FILISPINANA. Co pretesto do 20 Aniversario da FilispiM, recuperamos audios que marcaron a nosa andaina. Desta, viaxamos ao Maio de 2011, cando o chamado Movimento 15M contaxiou á mocidade de Ferrol e Trasancos (toma de son, edición: pequenomonstro).

Redación filispiniana.
Conduce: André pequenomonstro.-

19 maio, 2016

15M 2011 en Ferrol; ecos cinco anos despois (arquivo Divertimento)

Imaxe da rolda de prensa (Pequeno Monstro)

Audio da rolda de prensa do colectivo "Toma la Calle Ferrol" celebrada o 16/05/2011, condeando o acontecido o día anterior (15M 2011) na Plaça de Catalunya en Barcelona, falando da concentración cacerolada prevista para o día seguinte e xustificando o movimento que viña de xudir, 15M, en todo o Estado. Na rolda de prensa estaban presentes: Luis, Oscar, Martinha, Jota e xxx. Ao fondo da imaxe pode verse a Acampada Ferrol.

Toma de son: Pequeno Monstro (Rádio FilispiM). Arquivo do Pequeno Monstro.


13 maio, 2016

Divertimento para pequenos monstros. Especial 5º aniversario do 15M - Ferrol

 Maio 2011, Ferrol (Fonte: Luis Fernández)

Na edición do 20 de maio de 2011 de Divertimento para pequenos monstros (Rádio FilispiM), realizamos a primeira das numerosas coberturas verbo da incidencia na nosa comarca do, daquela, nacente Movimento 15M. Hoxe, cadrando do quinto aniversario do 15M, recuperamos ese programa e o completamos con outros rexistros sonoros tomados directamente na Praza do Concello de Ferrol, testemuña de asembleas, acampadas e actividades promovidas polos colectivos xurdidos daquela, coma "Toma la Calle Ferrol" ou, mesmo, "Acampada Ferrol."

Este programa especial está plantexado a modo de collage sonoro, co obxecto de que a ovinte se faga unha composición do acontecido naquel Maio de 2011, no Estado, País galego e, como non, Ferrol.

As reportaxes foron rexistradas polo Pequeno Monstro para o programa Divertimento, na Praza do Concello de Ferrol os días, 19, 20 e 28 de maio de 2011Algúns destes rexistros son inéditos, non se difundiron até agora, polo que cobran especial relevancia. A actual coxuntura política, onde formacións nadas daquel 15M gobernan xa algunhas Institucións, mesmo teñen opcións de gobernar o Estado, lle dan a este documento un plus de importancia, canto a analisar como, cando e por que comezou todo.

A cronoloxía dos rexistro sonoros (según aparecen no programa) é a seguinte:
  • Xoves 19/05/2011. Conexión telefónica coa Praza do Concello de Ferrol. Iago Montes fai de correspondente. Damos voz a un dos integrantes de "Ferrol Toma la Calle", colectivo convocante da concentración que está a ter lugar (min. 00:18).
  • xx/05/2011. Audio do programa "En días como hoy" (Radio1 - RNE). Chamada de Cristina, unha ouvinte indignada co que está a ouvir na tertulia radiofónica do ente público (min. 00:33).
  • Domingo 15/05/2011. Audio rexistrado por Divertimento na manifestación do 15M de Sevilla (min. 00:40).
  • Venres 20/05/2011. Audio rexistrado por Divertimento na Asemblea aberta daquela tarde, organizada por "Ferrol Toma la Calle" (min. 00:49).
  • Sábado 28/05/2011. Entrevistas realizadas por Divertimento a persoas da "Acampada Ferrol", na Praza do Concello: grupos de traballo, coordenadoras, persoas colaboradoras, moz@s que chegaban a acampar (min. 01:06).
  • Sábado 28/05/2011, na noite. Rexistro de Divertimento do concerto do grupo folk Muxarega de As Pontes, dentro das actividades organizadas por "Acampada Ferrol" (min. 01:41).
Selección musical:
- Bigott. Gravación realizada por Divertimento no Womad de Cáceres de 2011.
- Selección de hip-hop instrumental do selo Tú Pierdes (Yo Gano-Superego). Temas de Hyppaly, etc.
- Steve Reich.
- Andrew Poppy (...)

Condución, montaxe e edición de audio: Pequeno Monstro (13/05/2016)


Video: Reportaxe 15M en Ferrol (fonte: chupicola)

11 maio, 2016

Divertimento para pequenos monstros, programa especial quinto aniversario 15M en Ferrol.

Movimento 15M en Ferrol

Documentos inéditos do 15M en Ferrol.

Por mor do quinto aniversario do 15M (2011), este venres ao longo da mañá, DIVERTIMENTO PARA PEQUENOS MONSTROS, pùblicará un programa Especial editado para a ocasión, con audios (algúns inéditos, non publicados até agora), rexistrados polo Pequeno Monstro na Praza do Concello de Ferrol, entre os días 19, 20 e 29 de maio de 2011. O programa ten unha duración de 1h 43 min.

Nese collage sonoro, poderemos ouvir, entre outros, os seguintes documentos:

19/maio/2011: audio da concentración "Ferrol Toma la Calle", co compañeiro de Rádio Filispim - Colectivo Opaii, Iago Montes de correspondente. Uns 10 minutos.

20/maio/2011: audio da Asemblea do 15M na praza do Concello de Ferrol, con voces de moitas persoas, reflexións en alto, etc. Son case 20 minutos.

28/maio/2011: diversos audios tomados a persoas da Acampada Ferrol: grupos de traballo, coordenador@s, persoas que chegaban para acampar, persoas lles prestaban colaboración... 16 minutos.

E para finalizar, concerto case íntegro de Muxarega durante a Acampada Ferrol, á noite do 28 de maio de 2011 na Praza do Concello.

En sucesivos días, Divertimento publicará máis material relacionado co 15M en Ferrol.
+ info en: http://pequenosmonstros.blogspot.comPequeno Monstro (páxina facebook)

Pequeno Monstro (Rádio FilispiM)


Video: Reportaxe 15M en Ferrol (fonte: chupicola)

14 maio, 2012

Programa do Colectivo 11/05/2011

Neste Programa do Colectivo do 11 de Maio de 2012, entrevistamos à gente do 15M de Ferrol, que nos contam o que tenhem organizado para este #12M15M. Ademaís, acudiu o Encontro Social de Ferrol Terra. Um programa completo no que rematamos con algunhas novas de actualidade.




Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails