Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Fotografia. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Fotografia. Mostrar todas as postagens

05 novembro, 2016

Programa 69 de Sons Revela2 (04-11-2016)



Xa está aquí o novo programa de Sons Revela2! Esta semana tivemos a sorte de ter no estudio aos compoñentes de Kozmic Blues. Artistas que acaban de sacar o seu segundo disco a luz, titulado "Dream for Winter"

Dende aquí queremos darlles as grazas pola súa colaboración coma tamén a Juanmpa Ameneiros a súa mensaxe de ánimo e forza. 

Por outro lado destacar os comentarios dos eventos que houbo na cidade, a carteleira de eventos e a boa música de varios artistas que participaron no Womex 2016 na cidade de Compostela. 

Lista de temas que soaron independiente de Kozmic Blues: 

-"Mess Around" Fermín Mugurruza 
-"Inar" Bombino 
-"Eu gosto assim" Anelis Assumpçao
-"Quiero Amanecer" Bareto 



29 outubro, 2016

Programa 68 de Sons Revela2 (28-10-2016)

Esta semana tivemos a sorte de poder charlar con Jesús Romero, un dos encargados de Bijapi-Fotografía. Contounos segredos, do que será "Costa Ártabra" unha expo que se vai inaugurar mañá, 29 de outubro do 2016 no Café Sevilla. 

A maiores, tivemos unha selección musical feita por Javier Malespina, sobre o evento do Womex 2016. 

Dende aquí queremos agradecerlle a colaboración tanto a Jesús como Eugenia, posto que foi un pracer poder compartir con eles esta tarde de venres. 




25 outubro, 2016

Programa 67 de Sons Revela2 (21-10-2016)

O pasado venres, 21 de outubro do 2016 tivemos a sorte de ter no estudio a Marta García Buyo, quen veu a falarnos da súa primeira mostra "Dreamers", a cal podedes ver na Galería de Sargadelos (Ferrol) ata o día 31 de outubro do 2016. 

Dende aquí queremos agradecerlle a súa colaboración como tamén a Rubén Artabe e a Manuel Rico pola súa aportación mediante varios mensaxes. 

Grazas a tod@s por seguir ahí!



17 outubro, 2016

Programa 66 de Sons Revela2 (14-10-2016)

Voltamos a carga!!!!!! A terceira tempada de Sons Revela2 xa chegou. 

O pasado venres tivemos a sorte de poder ter no estudio a artista Sofía Espiñeira, quen veu a falarnos do seu traballo "Alá onde agromana as herbas." 

Dende aquí queremos agradecerlle a súa colaboración. 






07 julho, 2016

Programa 65 de Sons Revela2 (01-07-2016)

Rematamos esta segunda grella con moita forza e ilusión. Un programa musical con novas, reflexións e carteleira de eventos. 

Voltamos en setembro! 

Grazas a tod@s por facer que isto sexa posible. 

Esperanza e Javier. 




12 junho, 2016

Programa 64 de Sons Revela2 (10/06/2016)


Neste programa tivemos a sorte de poder contar coa compañía de Cristina, unha fermosa persoa recén aterrizada...dende Uruguay quen veu a falarnos da música e da súa experiencia. Tamén contamos cunha conexión telefónica onde puidemos falar con Gastón Pimienta. 


Máis tarde tivemos a visita dos alumnos dos talleres de fotografía de INFORNOR xunto a directora quenes viñeron a falarnos da próxima exposición "Improvisando Cedeira". 

*Data da inauguración: sábado 18 de xuño ás 20:00 no Hotel Herbeira (Cedeira). 

Dende aquí queremos agradecerlles a tod@s a súa colaboración e participación!





06 junho, 2016

Programa 63 de Sons Revela2 (27-05-2016)

No último programa de Sons Revela2 fixemos unha homenaxe ao "Día de la liberación de África" polo que o compañeiro Javier trouxo unha selección musical desde continente. 

Agardamos que disfrutárades tanto coma nós! 



Temas que soaron: 

-Youssou Ndour: Song Dann Ko (Senegal) 
-Tony Allen: Secret Agent (Nigeria) 
-Aziza Brahim: Calles de Dajla (Ref.Sahara) 
-Henri Dikongue: Bekusedi (Camerún) 
-Joe Driscoll & Sekou Kouyate: Batafa (USA; Guinea)
-Iveth: Karinganas do rap moz (Mozambique) 
-Refugiados Sierra Leona: Chaimra (Sierra Leona)
-Tinariwen: Timadrit in Sahara (Desierto Mali) 
-Staff Benda Bilili: Je t`aime (Rep. Dem. del Congo) 
-Hugh Masekela: Mandela (Sudafrica) 
-Debo Band: Ele (Ethiopia) 

15 maio, 2016

Programa 62 de Sons Revela2 (13-05-2016)

Esta semana, tivemos a sorte de ter no estudio a Mario Cunqueiro e a Edu Pereira. Dous fotógrafos que viñeron a falarnos da súa traxectoria e do evento que terá lugar o 20 de maio no Torrente Ballester: "ExpoFoto Emerxentes"

Dende aquí queremos agradecerlles a súa colaboración e empeño. Como sempre, un pracer! 




10 maio, 2016

Programa 61 de Sons Revela2 (06-05-2016)



O pasado venres, 6 de maio, tivemos a sorte de poder entrevistar no programa ao artista XOÁN PIÑÓN, un fotógrafo e músico, quen veu a contarnos a súa experiencia nestas dúas artes. 

Dende aquí queremos agradecerlle a súa colaboración! 

                             

20 setembro, 2014

Divertimento para pequenos monstros - 19/09/2014

Instantánea da concentración en defensa do Ateneo Ferrolán (16/09/2104)
Divertimento para pequenos monstros, a Rádio Filispim Colectivo Opaii, 93.9 FM. Edición do 19 de setembro de 2014. Regreso as ondas na nova grella da Filispim. Dúas horas monstrosas de radio...
  • Na primeira hora do programa falamos con Esperanza Vázquez Dopico (http://esperanzavazquezdopicofotografia.blogspot.com.es/) e da mirada da súa cámara e de olas, moitas olas...
  • Cara o meridiano, nova cita coa Axenda cultural que, unha vez máis, elabora Ana Lucecú, o vagalume da noite ferrolá.
  • Para finalizar demos conta da concentración do pasado martes 16 en apoio ao Ateneo Ferrolan, dentro da campaña Salvemos o Ateneo. Ouvimos algunhas das centos de voces que alí estiveron, sumándose ao berro contra do culturicidio do actual goberno do PP en Ferrol. Ademáis, falamos en directo con Eliseo Fernandez, presidente do Ateneo, quen nos deu conta das últimas novidades tralo xuizo do mércores 17.
Para escoitarnos?: Radio Filispim 93.9FM. Directos, venres, sextas, de 6 a 8 do serán. 
Conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro, seres radiosupervivintes.
— en Radio Filispim 93.9 Fm.

17 novembro, 2013

Divertimento - Esperanza Vázquez Dopico, fotógrafa - O Mercado Municipal de Pontedeume en loita - MIguel Alonso, o día despois da noite dos cans.

Miguel Alonso, cantautor
Edición do venres 15 de novembro de 2013 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros (Rádio FilispiM, 93.9 FM), dúas horas carregadas de intencións...
Apresenta e conduce:  André, Pequeno Monstro.
Difunden: Rádio FilispiM para Ferrolterra, Cuac FM para A Corunha e Rádio Kalimera para Compostela.


Related Posts with Thumbnails