Programa nº 39 - (3- 9--2020)

Mho cóntanos
por que comezou a pintar, como desenvolveu un proxecto de creación artística
que inclúe a varios artistas da cidade de Martorell.Nesta
edición ten previsto repintar un dos seus traballos anteriores entre o xoves e
o domingo. A nova creación quere facer reflexionar ao espectador sobre as
mulleres como obxecto de intercambio ao longo da historia.Dueñas
participa desde 2015 neste certame que o artista local Eduardo Hermida creou en
2008 para intentar frear a degradación do seu barrio, Canido. Un evento que,
ano tras ano, convida a artistas de todo o mundo a reinterpretar un dos cadros
máis coñecidos do museo do Prado, Las Meninas, de Velázquez.
Durante a entrevista falounos de moitas cousas e tamén compartiu as súas experiencias cunha muller nova, Seara, que este ano iniciou as súas clases de pintura ... ..
Mho non deixes de vir todos os anos e aporta as túas reflexións sobre a arte, sobre as mulleres e sobre a vida ...
Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa, Sonia Fernández Bellas, Eva Tizón Bouza
A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova) ; I put a spell on you (Angelina Jordan ); Na Szczycie ( Grubson ); Lost on you (LP Song 2016); Tempestades de sal (Ses).
Nenhum comentário:
Postar um comentário