Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador meninas. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador meninas. Mostrar todas as postagens

04 setembro, 2020

 Programa  nº 39 -  (3- 9--2020)


A Xanela das Fucas convida a Mho Dueñas, artista de Martorell  que xunto con outros 29 creadoresparticiparán no evento anual de arte urbana, Las Meninas de Canido, que se celebrará esta fin de semana en Ferrol.
Mho cóntanos por que comezou a pintar, como desenvolveu un proxecto de creación artística que inclúe a varios artistas da cidade de Martorell.Nesta edición ten previsto repintar un dos seus traballos anteriores entre o xoves e o domingo. A nova creación quere facer reflexionar ao espectador sobre as mulleres como obxecto de intercambio ao longo da historia.Dueñas participa desde 2015 neste certame que o artista local Eduardo Hermida creou en 2008 para intentar frear a degradación do seu barrio, Canido. Un evento que, ano tras ano, convida a artistas de todo o mundo a reinterpretar un dos cadros máis coñecidos do museo do Prado, Las Meninas, de Velázquez.

Durante a entrevista falounos   de moitas   cousas e  tamén compartiu as súas experiencias cunha muller nova, Seara, que este ano iniciou as súas clases de pintura ... ..

Mho non deixes de vir todos os anos e aporta as túas reflexións sobre a arte, sobre as mulleres e sobre a vida ...

 Convidadas:  Mho   Dueñas ,  Seara Ventueira Fdez

Fucas que participan:  Chelo Carballal Balsa,      Sonia Fernández Bellas,  Eva  Tizón   Bouza

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;    I put a spell on you  (Angelina Jordan ); Na  Szczycie ( Grubson ); Lost  on you (LP Song 2016); Tempestades  de sal   (Ses). 





Related Posts with Thumbnails