Pesquisar neste blog
04 dezembro, 2025
Programa Especial "Festa XX Anos da Rádio FilispiM" (2005-2025)
28 agosto, 2025
Filispim vai... ao Museo Océano Surf de Valdoviño (24/07/2025)
O pasado 24 de xullo de 2025 Rádio FilispiM foi ao Museo Océano Surf de Valdoviño (A Coruña).
Participaron: Alberto González, Jesús Busto, Jacobo Suárez, Carola Casal e OSM Valdoviño.
Escoita aquí o programa completo:
18 julho, 2021
Sábados no Cruceiro - Programa 19 - Especial "Canido en Nomes"
Presentación do Videoclip e da canción de Canido xunto co proxecto “Canido en Nomes.”
Programa especial de emisión do acto conducido por Joaquín Enríquez e Rocío Rodríguez co motivo da estrea no centro cívico de Canido da canción e vídeoclip adicado ao barrio xunto co proxecto “Canido en Nomes”.
Coa Participación de: Antón Cortizas, autor da letra, Joaquín Enríquez, acordeonista e autor da música, e Rocío Rodríguez, presentadora do programa Luar e encargada de poñerlle voz á Canción, tamén contará coa presenza dos historiadores da Asociación Ferrolterra Antiga. Deste xeito presentarase o proxecto “Canido en Nomes”,roteiro co que as entidades pretenden reivindicar os espacios con nome propio, invitando a descubrir as biografías e historia que hai tras os nomes das rúas do barrio. Neste proxecto atópase enmarcada a canción de Canido gravada por Andrés Bereijo e producida por Pedro González (Vanenfurgo) xunto co videoclip levado a cabo por Javier González de Explorer 66 Air.
13 julho, 2021
Xoves 15 ás 19:00 - Programa Especial "Canido en Nomes"
Presentación do Videoclip e da canción de Canido xunto co proxecto “Canido en Nomes.”
O vindeiro xoves día 15 as 19:00 retransmitiremos en directo o acto de estrea no centro cívico de Canido da canción e vídeoclip adicado ao barrio xunto co proxecto “Canido en Nomes”.
O acto no que participarán Antón Cortizas, autor da letra, Joaquín Enríquez, acordeonista e autor da música, e Rocío Rodríguez, presentadora do programa Luar e encargada de poñerlle voz á Canción, tamén contará coa presenza dos historiadores da Asociación Ferrolterra Antiga. Deste xeito presentarase o proxecto “Canido en Nomes”,roteiro co que as entidades pretenden reivindicar os espacios con nome propio, invitando a descubrir as biografías e historia que hai tras os nomes das rúas do barrio. Neste proxecto atópase enmarcada a canción de Canido gravada por Andrés Bereijo e producida por Pedro González (Vanenfurgo) xunto co videoclip levado a cabo por Javier González de Explorer 66 Air.
01 maio, 2021
Sábados no Cruceiro - Programa 14 - Especial en directo dende o local do Canido
Hoxe por primeira o Programa Sábados no Cruceiro saíu do estudo para emitir ademáis en directo dende o local do Canido Sryd.
Un traballo que foi posible gracias á colaboración dos compañeiros e compañeiras do colectivo.
17 agosto, 2019
Filispim Vai....á praia (O Alpendre, Doniños)
07 abril, 2019
Programa especial - Pecha Kucha Electoral en Canido, Ferrol 2019
09 abril, 2018
Escoita o programa especial do X Conspirando por umha Rádio Livre
O pasado xoves 29 de marzo, o Colectivo Opaii! – Rádio FilispiM celebrou a X edición do “Conspirando por unha radio libre” coa actuación de Oscar Fojo, compositor e letrista de “El Viejo Caracol” , “Blah!” e integrante das míticas bandas locais: Zinza, Morecegos, Retobato e Os Derradeiros. Actualmente, ultima a gravación do seu primeiro disco en solitario, “De ventos e lúas”.
Dende as 12:00 do mediodía, a radio libre e comunitaria de Trasancos apresentou a toda a comunidade o seu novo estudio no Centro Cívico do bairro alto de Ferrol, Canido. Ademáis, no transcurso do festival houbo radio ao vivo con entrevistas, photocol, sorteo de camisolas de Rádio
FilispiM e riquísimos petiscos...
10 março, 2017
FilispiM Vai... á Libraría Rosetta 17-02-2017
O pasado venres 17 de febreiro de 2017 ás 18:00 h. tivo lugar unha nova edición do "FilispiM Vai", unha iniciativa do colectivo Opaii-Rádio FilispiM para achegar esta emisora libre e comunitaria da comarca de Trasancos a distintos centros educativos, entidades sociais e puntos culturais da súa contorna.
23 dezembro, 2016
Nom perdas o Programa-Assembleia Fim de Ano!
14 junho, 2016
10 junho, 2016
Acto em reconhecemento da luita do movemento opositor a REGANOSA
Ao ato acudiu todo o movimento opositor a Reganosa, e sucedéronse multitude de intervençons do mundo da cultura, políticas e artísticas que nom queriam deixar de dar ou seu apoio e reconhecemento á constância, força e valor das gentes da comarca nesta luita.
Também lembrarom @s que já nom estam com nós e que levam moi presentes em todo quanto fam.
30 janeiro, 2016
FilispiM vai... ao CEIP Isaac Peral; este venres 29 de xaneiro ás 18:00h, entrada libre.
Neste primeiro "FilispiM Vai..." do ano 2016, trasladamos a radio libre e comunitaria ao CEIP Isaac Peral de Ferrol; será este venres 29 de xaneiro ás 18:00 h. Para coñecer de primeira man que acontece neste centro público de ensino do bairro de Esteiro de Ferrol, podes acudir coma público, ou mesmo escoitar a gravación en diferido do programa especial o sábado entre as 19:00 e 21:00 horas, en Rádio FilispiM, 93.9 FM.
23 junho, 2015
DIVERTIMENTO (extra) - A nosa contribución á maratón "A Filispina Tolea" (13/06/2015)
![]() |
| Algunhas das persoas participantes no extra-Divertimento |
O pasado sábado 13 de xuño de 2015, Ana Lucecú e o Pequeno Monstro, a equipa habitual de Divertimento para pequenos monstros, participamos na maratón "A Filispina Tolea!", xunto a outros espazos, dentro do programa de actos do 10º aniversario das emisións de Rádio FilispiM.
Durante algo máis de hora e media, falamos con algunhas das persoas que foron testemuñas dos alicerces "filispinianos", aquelos primeiros tempos (setembro de 2003) onde, entre moita xente diversa, se lle deu forma a idea da primeira radio libre e comunitaria que emitiría dende Ferrol e Trasancos. Radio pertencente ao terceiro sector da comunicación, xestionada pola comunidade.
No estudio da Rádio FilispiM, estiveron, contando cada quen as súas lembranzas e valorando o estado actual do proxecto: Cholo Martínez, Paula Meizoso, Nes, Xabi, Iván, Suso Manchita, Narsés Mira, Ana Lucecú e o André "Pequeno Monstro". Coma convidado especial estivo Serxio dos Carrero Bianco, que tocaron aquela mesma noita no Pinsapo.
Longa vida a Rádio FilispiM!!
19 junho, 2015
Programa tolo e inclasificable
O pasado sábado 13, e dentro dos actos do X Aniversario de Rádio Filispim Colectivo Opaii, tiven a oportunidade de participar na Maratón Radiofónica que este colectivo organizou. Desa colaboración xorde esta idea tola de programa na que fago o meu particular repaso a cómo funciona este colectivo.
Longa vida á Radio Filispim!
10 junho, 2015
A Filispina Tolea!, maratón radiofónico, este sábado de 11:00 a 21:00 h. (10 anos radio, 10 horas de radio).
09 abril, 2015
Programa especial polo 8 de abril, día internacinal do Pobo Xitano
14 julho, 2014
Audio da 1ª Sesión Golfa da Rádio FilispiM, fin de grelha 2013/2014.
![]() |
| Un dos instantes do Programa Especial, 1ª Sesión Golfa da FilispiM (*) |
O pasado venres 4 de xullo na traseira do Mercado de Caranza, de 20:00 a 23:00 h, aconteceu a 1ª "Sesión Golfa" do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM.
Durante tres horas houbo radio ao vivo e directo donde moitos dos programas de Rádio FilispiM, e persoas do Colectivo Opaii!, avaliaron o curso radiofónico que vén de findar.
Ademáis, aconteceu a 1ª Batalla de Dj,s Filispinianos. O rock, trash-rock, punk, o pop, ska, folc, fusión, a música disco... protagonizaron este batalla de Dj,s, "comandada" polas persoas que dan voz a programación habitual da radio libre e comunitaria de Ferrol.
Durante a festa da radio libre de Ferrol e Terra de Trasancos no faltou a cervexa o calimotxo e todo tipo de refrescos... e, como non, os nosos xa famosos e saborosos petiscos!!. Ademáis, durante o programa sorteáronse fesmosoas camisolas filispininas!!.
As "Sesións Golfas" pretenden ser ser un espazo de ousadía, rebeldía, contestación radiofónica, desenfado e bo humor, dende as ondas libres e comunitarias da Terra de Trasancos, Rádio FilispiM, 93.9 FM.
Disfruta agora en diferido do audio da 1ª Sesión Golfa da Rádio FilispiM...
30 março, 2014
Rádio FilispiM vai... ao CEIP Xan Xoán de Filgueira.

Nova edición de FilispiM Vai... está vez ao CEIP San Xoán de Filgueira. Programa especial adicado a este estupendo centro educativo público da nosa comarca, dendo o propio centro e coa participación de toda a comunidade educativa.
Escoita a gravación do programa especial este sábado a partir das 19:00 h. en Rádio FilispiM, 93.9 FM, ou para todo o mundo vía streaming en: http://opaii.blogspot.com
O ciclo de programas FilispiM vai... é unha outra aventura comunitaria do Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, para achegar o medio libre e comunitario aos colectivos e espazos do noso entorno.
FilispiM vai; vén ti!
23 março, 2014
As rádios libres teñen principios e dignidade. Programación Especial 22M en Rádio FilispiM, 93.9 FM
Venres 21M
Entre as 22:30 até as 24:30 h: programación especial da Red Más Voces.
As horas previas ao 22-M contadas en "La Noche de La Dignidad".
Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrolterra).
Sábado 22M
Entre as 12:30 e até as 14:00 h: especial Informativos Locais de Rádio FilispiM.
Entre as 15:00 até as 23:00 h: especial de Ágora Sol Radio.
A radio guerrilla dende as rúas de Madrid, contando o que pasa con dignidade.
Ségueo en:
As radios libres teñen principios e dignidade!!!. SINTONIZA!!! e PARTICIPA!!. DIFUNDE!!.
http://www.masvoces.org/Dias-21-y-22-de-Marzo-cobertura-de
http://agorasolradio.blogspot.com.es/

























