Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador racismo. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador racismo. Mostrar todas as postagens

20 junho, 2020

A Xanela das Fucas programa nº 36





Programa  nº 36 -  (18- 6--2020)
Despois dos  meses   do aillamento    a   Xanela    das Fucas regresa para compartir    algún evento  sucedido .
Cada ano, o 28 de maio lémbrase como o Día Mundial de Acción pola Saúde das Mujeres, para, difundir e reivindicar o dereito de toda muller a gozar dunha saúde (sexual, mental, reprodutiva...) de calidade e gratuíta. Este ano non tubo unha celebración ou evento público tan especial  coma outros anos,  debido á pandemia que azouta a toda a humanidade
Esta crise afecta as mulleres de maneira moi relevante en varias dimensións: os coidados (esenciais para abordar a pandemia) recaen maioritariamente nas mulleres, que asumen maior carga nas tarefas domésticas e o coidado de menores, en particular co peche dos colexios; nun contexto de eventual destrución de emprego, as mulleres parten dunha situación de desigualdade no mercado de traballo e a violencia de xénero vese agravada en contextos de confinamento como o actual, nos que as mulleres ven obrigadas a convivir co seu agresor.
Desde o noso programa queremos facer recoñecemento a tantas e tantas mulleres que estiveron e están a traballar en primeira liña de batalla nesta crise sanitaria.
 Tampouco queremos esquecer as últimas palabras de George Floyd, un home de 46 anos que morreu despois de que un oficial de policía de EE. UU. inmobilizáseo, presionando o xeonllo contra o seu pescozo durante case nove minutos. Por iso poñemos de manifesto na voz de Desiré 5 exemplos de Microracismo no noso país .

Fucas que participan:  Chelo Carballal Balsa,   Laura  Couto  Vilches,   Sonia Fernández Bellas,   Eva   Tizón    Bouza.
Audios:    5 ejemplos de Microracismos (Desiré), 28  de Mayo día internacional por la salud de las mujeres,   Arresto  e norte      de George  Floyd, Racismo.  
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;      Respect (Aretha   Franklin) .

Related Posts with Thumbnails