Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Más Voces. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Más Voces. Mostrar todas as postagens

09 julho, 2014

Comunicado do Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM en apoio a "Más Voces".

O Colectivo Opaii!, promotor da Rádio Filispim, a radio libre e comunitaria de Trasancos que emite dende Ferrol, quere mostrar con este comunicado que lamenta o fin desta etapa da realización do informativo Más Voces, que aportou durante anos dende a grella da nosa radio comunitaria e de moitas outras do Estado información de cualidade, con contidos e enfoques completamente alternativos aos que ofrecen os medios-empresa amigos do poder.

Neste eido, dende o Colectivo Opaii! avogamos pola implicación de todo o terceiro sector da comunicación con Más Voces, reforzándoo ou adaptándoo co obxecto de evitar a súa desaparición, pois sabemos o complicado que é botar a andar un novo proxecto e chegar as cotas de cualidade e recoñecemento que Más Voces acadou nos últimos anos.

Grazas amig@s polo esforzo, e boa sorte.

03 outubro, 2013

Novas Locais. Os informativos de Rádio FilispiM, fundamentais.


"Opaíí! - Rádio FilispiM, pretende ser un colectivo de carácter local, é dicir, debe incidir no que ocorre no seu entorno máis inmediato...". É unha dos moitos sinais de identidade da Rádio FilispiM, recollidas no seu Quen Somos?,  unha serie de varores que todos as propostas deberan asumir e cumprir para ser aceitadas. Dende a grelha pasada funciona no Colectivo e na radio un grupo de traballo de Informativos Locais, co fin de materializar parte dese ideario nalgo concreto e "tanxible". Trátase dun grupo de traballo aberto, cuns mínimos de consenso de acordo ao Quen Somos?. Calquer persoa integrante do Colectivo pode ser parte del, participando na produzón das novas, na locución das mesmas ou no que quixer... Un traballo fundamental para unha radio que se di libre, comunitaria, de carácter local, cooperativa (no seu traballo interno), trasformadora, de denuncia e independente... 


O tempo de Informativos Locais de Rádio FilispiM, se sumá aos dos boletíns Cerna (ecoloxía), Más Voces (URCM-ReMC) e Democracy Now (Amy Goodman). Pódense escoitar en Rádio FilispiM todos os días en bloques de unha hora, nas seguintes franxas horarias:
  • De 24:00 á 01:00 da madrugada.
  • De 08:00 á 09:00 da mañá.
  • De 13:00 á 14:00 da tarde.
No seguinte audio, tirado da pasada XIV Sesión Vermú, presentación da nova grelha da radio, escoitamos a Susana Alaniz quen conversa con Miguel Castro e André "Pequeno Monstro", ao respeito de todas estás cuestións...

Cunha-promo Informativos en Rádio FilispiM:


Redacción Informativos de Rádio FilispiM.
Related Posts with Thumbnails