Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador 8 de marzo. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador 8 de marzo. Mostrar todas as postagens

06 março, 2025

Boletín informativo semanal Rádio FilispiM (6/03/2025)

 

 Sumario, semana do 6 de marzo de 2025.

  • 8 de Marzo, Día da Muller e da Loita Feminista, nun 2025 no que a organización Marcha Mundial das Mulleres cumpre 25 anos, na Galiza e no mundo. Recuperamos do arquivo sonoro de Rádio FilispiM unha conversa con Noelia (MMM Ferrolterra) en outubro de 2008, co gallo do primeiro encontro na Europa, que se levou a cabo en Vigo.

    Entroido en Ferrolterra. Revolta en Trasancos! A nosa compañeira Lupe Ces estivo no festival de comparsas do pasado luns en Ferrol realizando unha sonora reportaxe.

    C.S. Artábria, actividades para esta fin de semana:

    - Sexta feira 7 de marzo. Exposición fotográfica “A Musica Galega ten nome de Muller” (Mario Martinho).

    - Sábado 8 de Marzo, Día da Muller. Manifestación ás 20:00 pm, Praza Amada García. Convoca: Marcha Mundial das Mulleres. Ás 22:00 pm, concerto.

    - Domigo 9 de marzo. Sesión Vermú co grupo folc Mediarea. Despois, foliada.

    Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán. Actos polo 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega:

    - Luns 10 de marzo, 19:00 pm, no Ateneo Ferrolán, recital poético “Poemas como disparos de luz contra o esquecemento”.

    - Xoves 13 de marzo, no CC Torrente Ballester. Mesa redonda: “Ferrol e os seus lugares de Memoria. O Monumento ao 10 de Marzo”.

    Atrasar a idade de xubilación, crime de Estado. Reflexión amplificada por Comochoconto (Rádio Raposeira).

    Concentración anti-OTAN. Domingo 16 de Marzo ás 13:00 pm, diante da porta do Arsenal (Ferrol).

    Fermín Muguruza celebra o 15 de marzo ás 21:00 pm, un akelarre antifeixista en Compostela (Multiusos do Sar). Escoitaremos unha mensaxe de Muguruza para as ouvintes da FilispiM.

    Despedimos co ambientazo do Entroido ferrolán e a comparsa “Revolta de Trasancos”.

    Redación Infomativos de Rádio FilispiM.-

    Conduce: p.m.


08 março, 2019







Resumen do programa  nº 21.-  (7-3-2019)
    A Xanela das FUCAS o día antes da gran manifestación   decide    que e importante  asomarse a xanela   e dar a coñecer os eventos do día seguinte   e falar de porque e importante este día  e  os motivos  da  manifestación.
    Falamos sobre a manifestación  do día  3 en Lugo   (Unitaria   en  Galicia)  e os eventos realizados no  día  de hoxe  a si   coma  as xornadas  de prostitución organizada polo noso colectivo celebrada no Campus Universitario de Ferrol, a entrega do  XI Galardónen 8 de Marzo a Rebecca Atencia, o tributo ás mulleres que protagonizarón a Revolta das Pedras e todo o traballo que Gallegas 8 M Ferrolterra desenvolveu estes meses,  anteriores a 8 M.
   Convidamos a  Mercedes Lomba Lamas participante  no  8M e promotora da Plataforma de Ferrolterra na defensa das pensións públicas. Ela díxonos sobre a dobre situación de discriminación sufrida por as pensionistas galegas. Galicia é a segunda comunidade en España onde son as máis baixas. Animo Mercedes, eres  moi necesaria.
      Damos  conta    dos eventos que se celebrarán o día 8 e  seguintes.
 Convidada:  Mercedes Lomba   Lamas
Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa,   Laura  Couto  Vilches,   Sonia Fernández Bellas,  Ana Belén López Verez,   
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;
  Vai ti,   vou  eu,  vai  ela,   (Mariel Norat Deza);   Hemisferios (8 mulleres, 8 voces,  8 marzo);    cuña   de Radio Filispim  convocando a    manifestación  e a folga


02 dezembro, 2018

A A Xanela das Fucas Nº 5



A Xanela  das Fucas  Nº 5 (19-4-2018)
As Fucas   regresan     o estudio despois  de realizarse o traslado o Centro Cívico de  Canido.
Abordamos o tema do tempo e o espazo como un continuo onde as mulleres observamos que estamos moi presentes pero á vez empéñanse en invisibilizarnos, sobre todo á hora dos postos de responsabilidade. 
De que aspectos   dos coidados  e  de que espazos  se responsabiliza cada membro da parella.
Tamén comentamos distintos feitos ocorridos desde o último programa sobre todo a manifestación do 8 de marzo e como a vivimos as distintas participantes no programa. 
Reseña  das  películas:  Un sol interior, 2017 (Claire Denis);  La casa junto al mar, 2107 ( Robert Guediguian);  Una razón brillante, 2017  ( Yvan Attal);  Tres anuncios en las afueras, 2017  Martin McDonagh


Fucas que participan:   Monserat  Cendan Verez ,   Chelo Carballal Balsa,  Eva Tizon Bouza ,  Paula  Urones  Cuesta,   Lucia   Vizoso  Amado.
Como Padriño  Vicente Irisarri  Castro.
A música que escoitamos:  A sintonía do programa La vida es bella (La Vita E Bella) de Nicola Piova ; De que hablas habanera  de Maria Rossel  e Carlos Cano;  Mil pasos de   Soha;   Readmirando a condición  de Ses.


Related Posts with Thumbnails
Envia umha mensagem de voz!