Programa
nº 38 - (13-8--2020)
Na Xanela dás Fucas convidamos a Ana Jesús López por varios
motivos: por ser proposta polo Consello dá Muller de Ferrol para a medalla
Emilio Pardo Bazán, por ser unha das autoras do informe que presenta os
resultados obtidos dunha enquisa promovida por AMIT sobre o Sexenio de
Transferencia da universidade e tamén porque é a nosa amiga coa que
participamos nos últimos anos en distintos proxectos e sempre aprendemos coa
súa compañía.
Como é habitual nela,
fai unha valoración do proceso de concesión do sexenio de transferencia , desde
unha perspectiva de xénero. Reflexiona sobre o rumbo mercantilista de maneira
que non se recoñece o que non xera relacións entre empresas ou con institucións
públicas e tampouco se recoñece o que non está cuantificado en ingresos
"novos" para as universidades ou para os investigadores. –
O resultado reflicte
unha desigualdade estrutural que vén de lonxe, pregúntase cal é o período de
avaliación solicitado, seguramente toda a carreira no caso de moitas persoas.
As mulleres estiveron excluídas dese mercado de conectividade academia-mundo
real, moitos homes venderon o seu coñecemento e agora recoñécenllo. Fixan as
regras do xogo a metade da partida.
Comenta distintos
exemplos de traballos de investigación de gran proxección social, pero non
foron valorados `por non ter proxección económica.
Despois de moito
insistir, conseguimos que nos falase dos seus traballos como profesora
investigadora: Aplicación do técnica
láser á restauración e conservación do patrimonio. Sorprendentemente foron
moi pouco valorados en canto ao sexenio de transferencia aínda que se este moi
valorados como investigación punteira a nivel internacional.
Moitas grazas polo
teu traballo de
anos …..de facilitar o encontró con moitas mulleres.
Convidada: Ana Jesús Lopez Díaz
Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa, Laura
Couto Vilches, Eva Tizón
Bouza.
A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova) ; Voy en coche ( Cristina y los Subterraneos ) Girls
Just Want to Haven
Fun ( Cyndi
Lauper