Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador saúde. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador saúde. Mostrar todas as postagens

20 junho, 2020

A Xanela das Fucas programa nº 36





Programa  nº 36 -  (18- 6--2020)
Despois dos  meses   do aillamento    a   Xanela    das Fucas regresa para compartir    algún evento  sucedido .
Cada ano, o 28 de maio lémbrase como o Día Mundial de Acción pola Saúde das Mujeres, para, difundir e reivindicar o dereito de toda muller a gozar dunha saúde (sexual, mental, reprodutiva...) de calidade e gratuíta. Este ano non tubo unha celebración ou evento público tan especial  coma outros anos,  debido á pandemia que azouta a toda a humanidade
Esta crise afecta as mulleres de maneira moi relevante en varias dimensións: os coidados (esenciais para abordar a pandemia) recaen maioritariamente nas mulleres, que asumen maior carga nas tarefas domésticas e o coidado de menores, en particular co peche dos colexios; nun contexto de eventual destrución de emprego, as mulleres parten dunha situación de desigualdade no mercado de traballo e a violencia de xénero vese agravada en contextos de confinamento como o actual, nos que as mulleres ven obrigadas a convivir co seu agresor.
Desde o noso programa queremos facer recoñecemento a tantas e tantas mulleres que estiveron e están a traballar en primeira liña de batalla nesta crise sanitaria.
 Tampouco queremos esquecer as últimas palabras de George Floyd, un home de 46 anos que morreu despois de que un oficial de policía de EE. UU. inmobilizáseo, presionando o xeonllo contra o seu pescozo durante case nove minutos. Por iso poñemos de manifesto na voz de Desiré 5 exemplos de Microracismo no noso país .

Fucas que participan:  Chelo Carballal Balsa,   Laura  Couto  Vilches,   Sonia Fernández Bellas,   Eva   Tizón    Bouza.
Audios:    5 ejemplos de Microracismos (Desiré), 28  de Mayo día internacional por la salud de las mujeres,   Arresto  e norte      de George  Floyd, Racismo.  
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;      Respect (Aretha   Franklin) .

12 julho, 2019

A Xanela das Fucas programa Nº 25



Programa  nº 25-  (11-7-2019)
A Xanela dás Fucas recibe as  profesionais   que puxeron    en marcha  a  Biblioterapia  ( lecturas   saludables)  na Area Sanitaria de  Ferrol. 
Consiste no uso da lectura cun obxectivo terapéutico (libros de autoaxuda) ou de desenvolvemento (novelas). Recórrese a ela principalmente para apoiar o tratamento de trastornos mentais e problemas emocionais e para promover a saúde mental.

 Ter acceso aos libros recomendados pode axudar a usuarios  e familiares a entender mellor e afrontar os problemas de saúde, así como a mellorar o seu benestar.

E  un proxecto galego  promovido pola Axencia de Coñecemento en Saúde e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, coa colaboración da Rede Galega de Bibliotecas, colexios profesionais e sociedades científicas, asociacións de pacientes e expertos en saúde e literatura.

Esta  baseado na evidencia científica e cocreado con    doentes  e expertos. Consta de 142 libros recomendados ,  de  distintas temáticas,  e  distinto  contido ,  dende a autoaxuda,  a   novela  ou os  comics.

  Eva   Tizon   Bouza  na   sua  doble condición de  integrante  da Xanela das Fucas e profesional activadora  na   Area Sanitaria de Ferrol  deste proxecto,   foi quen fixo  posible  esta participa neste programa.

  Convidadas:  Bea Casal, de Avalia-t,   cocreadora   de  biblioterapia. Uxía Gutiérrez Couto, bibliotecaria do Hospital Arq. Marcide, responsabel  do  proxecto   na área de Ferrol, Elena Quintela Varela, enfermeira   do  Centro de saude  de Narón, especialista en Enf. Familiar e Comunitaria,

Fucas que participan:   Ana  Amigo  Ventueira, Chelo Carballal Balsa,     Sonia Fernández Bellas,  Ana Belén López Verez, Eva   Tizón    Bouza.
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;
Girasoles  ( Rozalen ) ;  Abriendo puestas  ( Gloria Estefan)   


Related Posts with Thumbnails