Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador sanidade pública. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador sanidade pública. Mostrar todas as postagens

26 abril, 2015

As constantes vitais da Sanidade Pública en Ferrolterra, a análise.

Esta semana as constantes vitais da Sanidade Pública, na nosa comarca, foron analisadas en Escarnio.

O pasado xoves, no tempo do programa Escarnio, que emite Rádio FilispiM, falou Francisco Xavier Igleisas, delegado da CIG – Saúde en Ferrol. Durante boa parte do programa contou os atrancos que deben sortear as traballadoras da sanidade pública da Comarca de Ferrol, no día a día do seu traballo, facendo fronte a falta de persoal e de recursos imprescindíbeis para prestar un servizo público de calidade, fundamental, como é o da saúde pública.

O delegado sindical puxo de manifestó a vangarda, canto a defensa de dereitos, na que está a Comarca de Ferrol, que conta cunha Plataforma en Defensa da Sanidade Pública moi activa. Ademáis, falou de como sectores máis sensíbeis da poboazón están a sofrer de maneira especial os recortes sanitarios, mesmo na atención primaria, como é o caso do colectivo de inmigrantes, e mesmo da represión sindical que exerce a Consellaría de Sanidade diante das mobilizacións das traballadoras e delegad@s sindicais. Así, lembrou o acontecido en febrero de 2014 cando dous delegados da CIG foron trasladados a Comisaría Ferrolá para a súa identificación e posteriormente sancionados. Acontecía trala visita da Conselleira ao Hospital Arquitecto Marcide, previo desaloxo das traballadoras do seu propio centro de traballo, por uns 15 antidistubios, todo esto dentro das instalación do hospital público ferrolán. A día de hoxe os dous sindicalistas seguen pendentes de xuizo.

Escoitamos ao delegado de CIG Saúde Francisco Xavier Iglesias, no programa Escarnio de Rádio FilispiM, o pasado xoves.

Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria de Ferrol.

24 outubro, 2014

O doutor Antonio García Jimenez fala da Sanidade Pública e do évola.

Extracto da entrevista realizada ao Doutor Antonio García Jiménez, ao respeito da Sanidade Pública, universal e gratuita, así como das infeccións polo virus évola. Audio tirado do programa O Recuncho do mércores 15 de outono de 2014.



Redacción informativos locais de Rádio FilispiM.

15 outubro, 2014

O Recuncho nº 202


Mércores, 15 de outubro de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
O Recuncho” nº 202 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitado: Dr. Antonio García Jiménez: A Sanidade Pública, universal e gratuita.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: Asemblea no Ateneo Ferrolán.
A reelección de Evo Morales en Bolivia.
Na “Sección Poética” : Manuel Altolaguirre
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música: compositores vinculados a la Generación del 27 (Falla, Granados, Halffter, Bacarisse...)
Na equipa técnica: Xurxo Gago
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

12 dezembro, 2013

Estupenda resposta na Folga de 48 h. contra o desmantelamento da Sanidade Pública en Galiza.


Mlleiros de persoas nas rúas de Ferrol como colofón aos dous días de folga na Sanidade Pública Galega.

Entre as reivindicacións da folga de 48 horas, do pasado 9 e 10 de decembro, están as de carácter laboral mais tamén as que tocan de perto á cidadanía en xeral, coma a xa máis ca evidente perda do dereito á sanidad pública, gratuita, universal e de calidade no SERGAS, organismo que xestiona a sanidade pública na Comunidade Autónoma de Galicia.

A implantación do "re-pago" de medicamentos, a eliminación de postos de trabalho debido ás taxas de reposición das vacantes de tan só o 10%,  a privatización da sanidad pública, os contratos precarios, o incremento das listas de espera, os recortes salariais e a pérdida de dereitos laborais dos profesionais da sanidade, foron outras das razóns da folga.

En Ferrolterra, a folga tivo o maior seguimiento de toda Galiza. Na manifestación de Ferrol, coreáronse consignas coma: "Por riba de enfermar fannos repagar", “Sanidade pública e de calidade” ou "Feijóo, entende, a saúde non se vende!!!".

A convocatoria que contou co apoio de case todos os sindicatos e moitos colectivos sociais e do sector, non contou co apoio da UGT e, como non podía ser doutro xeito, foi avaliada coma de baixa incidencia e cualificada de "folga política",  polo dereitista Goberno da Xunta e o conxunto da reacción no noso pais.


Redacción Informativos de Rádio FilispiM.

25 fevereiro, 2013

NOVAS LOCAIS - A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol convoca unha manifestación para o 3 de marzo.


A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol convoca unnha manifestación en Ferrol  este 3 de marzo.

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol convoca unha unha manifestación en defensa da Sanidade Pública, contra as privatizacións, os recortes e o repago, o domingo día 3 de Marzo ás 12:00 h, dende Porta Nova (Praza de España).

A Plataforma reclama: 
• Por unha Sanidade Pública, gratuíta e universal para todos por igual.
• Pola posta en funcionamento do Hospital Naval ao 100%.
• Para que non pechen o Hospital Novoa Santos, ningún PAC e ningún consultorio (lembremos que a Xunta xa pechou o da Graña en Ferrol e o do Seixo en Mugardos).
• Construción dos novos Centros de Saúde en Narón, A Capela, Cedeira e Ares e ampliación do Fontenla Maristany.
• Construcción dun Centro de Referencia de Enfermidades Profesionais, nunca comarca en que o amianto está a causar estragos.
• Poñer a andar o Plano de Mellora da Atención Primaria.
• Poñer a andar o Plano de Saúde Mental e Drogodependencia. Na nosa comarca entidades coma Asfedro e Lazos-Comité Antisida, están a sofrer os recortes; como resultado as prestación foron diminuindo peses ao incremento da demanda nestes tempos de crise.
• Pola redución das listas de espera.
• Derrogación do Decreto de Transporte Sanitario non Urxente.
• Asistencia sanitaria a inmigrantes sen papeis e maiores de 26 anos que nunca cotizaron.

O pasado domingo 17 de Febreiro, na Praza de Galicia de Narón, se realizou unha concentración baixo o nome de "Marea Branca" (non confundir coa explosión de solidariedade polo desastre ecolóxico do Prestige). Daquela, organizacións políticas, sindicatos, Colectivos e SOS Sanidade pública respaldaron a mobilización en defensa da sanidade pública, en rexeitamento da privatización sistemática que se ven realizando e que se pretende seguir, secundando unha mobilización xeral en todo o Estado. Escoitamos un fragmento do comunicado que se leu ese domingo 17 de febreiro, na Praza de Galiza de Narón. 


Audio: nova + cunha
Ir a descargar

Audio: Cunha
Ir a descargar

Redacción informativos RFM
Related Posts with Thumbnails