UNHA TARDE NO MUÍÑO
Programa nº 1. luns 25 de setembro de 2017
Primeiro programa que tiña como obxectivo fundamental a presentación da ASC. MUÍÑO DO VENTO e explicar as razóns desta nosa presencia en Radio Filispím.
Contamos para elo coa asistencia no estudio da presidenta, Carmen Cuesta e dos vogais Rafael Rodríguez e Roberto Taboada. Presentou César Pita e na parte técnica estiveron Pepa Evia, María Xosé Ballesteros, e supervisión e apadriñamento de Fran.
Pequena introdución musical, O barco vai de saída, e pasouse ao debate entre os asistentes sobre a necesidade de lograr outra información que vaia máis aló da que acotío nos dan os medios convencionais. Chégase a conclusión da necesidade de estar sempre naqueles medios informativos libres, colaborando e prestando canta axuda sexa necesaria. Outra información é posible e agora mesmo imprescindible.
Preséntanse as programacións de Muíño do Vento e coas raíces na Terra, inxírense estas programacións no barrio de Canido.
ASC MUÍÑO DO VENTO agradece a Radio Filispín esta posibilidade de espallar as súas programacións dende o seu dial (93.9) e expresa os seus desexos de longa vida á Radio Libre e Comunitaria da Terra de Trasancos.
Pechamos debate, pechamos portas e xanelas do Muíño e despedímonos con Fausto e a súa proposta de.... Navegar, navegar