Pesquisar neste blog

Mostrando postagens com marcador Informativos Radio Filispim. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Informativos Radio Filispim. Mostrar todas as postagens

08 julho, 2026

Informativo semanal Rádio FilispiM, 8/07/2026

Sumario:

          Comunicado da ‘Plataforma Transporte Público Digno Ferrol e Comarca’ por un aparcadoiro gratuito no Hospital Arquitecto Marcide e mellores servizos e frecuencias nas comunicacións.

          Entrevista a Mariola Morado, traballadora do Campus de Esteiro e unha das organizadoras das concentracións (e minutos de silenzo) de cada mércores, ás 12.30h na universidade, en solidariedade co pobo palestino.

          Un novo capítulo de “Noticias Dialogadas”, onde Inácio e Lupe comentam a utilizaçom do Teatro Jofre, por parte do governo municipal, de xeito partidista.

          Diego Ponce convídanos a asistir ao Festival solidario ‘ROCK POR LEO’, no que se recadarán fondos para a Asociación Niemann Pick Fuenlabrada. O vindeiro domingo 12 de xullo, ás 13h, no Centro Cívico de Canido. Con música de Jess and The Transfusions, BJ Jaiber, Polisong e Window Pane.

          Feche musical: Window Pane “Cigarette”

 

Condución/edición: Ana Lucecú.

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!



11 junho, 2025

Xan Lopez e Inacio Martinez, compañeiros da FilispiM, deixan unhas verbas antes de partir #marchtogaza.

 
Xan e Inacio, compañeiros  da redación dos informativos de Rádio FilispiM, emisora libre de Ferrol (Galiza), falaron para nós horas antes de partir cara O Cairo (Exipto), como integrantes da Marcha Global a Gaza, xunto a outras moitas delegacións. Desde aquela, Xan e Inacio e resto da delegación galego-portuguesa, están a vivir vicisitudes que podes seguir nos nosos boletíns informativos. 

Agardámovos de volta á casa, coa semente de humanidade ben espallada!
#marchtogaza #palestina #radioslibres

17 abril, 2025

Informativos da Rádio FilispiM, 17/04/2025

Sumario:

- A A.C. Memoria Histórica Democrática anuncía a exposiçom de gravados “Fardel da Guerra” na Casa da Cultura de Pontedeume.

- Ana Lucecú convida á conferencia dentro da campaña informativa e de debate a prol da conexión ferroviaria das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Esta conferencia terá lugar o día 24 de abril no local do antigo hospicio de Ferrol ás 19:30 horas e estará a cargo de Miguel Pazos Otón.

-Menores migrantes e o PP de G”, por Edu Comochoconto da Radio Raposeira.

-Noticias Dialogadas con Lupe e Inacio: Anúncio de proposta da estrutura de custos do servizo de limpeza viaria e de recollida de resíduos polo concello de Ferrol.~

-Co gallo do 20 aniversario da Radio Filispim, André PequenoMonstro embárcanos na máquina do tempo filispiniana até o VI Festival Conspirando por unha radio libre, que se fixo en 2009.

- Lupe Cés comenta a publicaçom do libro “ As ben faladas” de María Xosé Porteiro.

-Reportaxe de André PequenoMonstro sobre o festival musical Mocidade coa Lingua que se realizou o pasado día 11 de abril no Auditorio de Ferrol.

-Rutas Xeoparque Cabo Ortegal para esta semana de feiras. Informa Ana Faba Loba. 

-Inácio Caranza informa sobre o certame de Poesía Salvaxe deste ano que se realizará os días 24, 25 e 26 de abril.

-No Centro Social Artábria no día 20 de abril váise celebrar o Domingo de Insurreiçom cos concertos de Manu Kasoaparte e de Fran Zélop. Informa Jorge Mirancos.

-Condución: Silvia Bogo.  

-Edición: Jorge Mirancos. 

-Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Revoluciónate! Comparte! 

19 março, 2025

Informativos da Rádio FilispiM, 20/03/2025


Informativos semanais da Rádio FilispiM, 20/03/2025

Sumario:

  • Edu Comochoconto da Radio Raposeira envíanos un audio intitulado “Cre o ladrom que todos som da sua condiçom”.

  • A fanzine Gulpiyuri envíanos un audio coas actividades deste fin de semana.

  • Eva Guerrero informanos das actividades deste fin de semana no Centro Social Artabria.

  • Noticias dialogadas con Lupe e Inacio. O tema desta semana é a situaçom da celulosa Altri, uma verdadeira bomba contra o meio ambiente no coraçom da Galiza.

  • Inácio Caranza envíanos o audio coa intervençom de Maribel e Ana Lucecú da plataforma BDS e a Rede em Solidariedade com Povo Palestino.

  • Inácio Caranza envíanos outro audio coa intervençom do Encontro Galego contra a OTAN.

  • Vicente Irisarri envíanos un audio promovendo o programa mais recente do “Faladoiro da Filispim”. Neste programa faise unha analise e debate sobre o estado da Ría de Ferrol.

  • Ao noso correio chegou un chamamento á concentraçom polo servizo de axuda no fogar. A concentraçom está marcada para a quinta feira 27 de marzo as 12 horas diante do Concello de Narón. Correio enviado polo Colectivo de Persoas Xubiladas e Pensionistas da CIG.

  • Da CIG cheganos tamém información sobre a Xornada de debate sobre o fundo de compensación para as vítimas do Amianto. Será a sexta feira 21 de marzo entre as 11 e as 14 horas no CC Carvalho Calero.

Condución/edición: Jorge Mirancos

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

27 fevereiro, 2025

Informativo Rádio FilispiM 26/02/25


Sumario:

A Avenida do Mar de Caranza (Ferrol) xa leva o nome de Rafael Pillado (Audio: Lupe / Loc. Antonio).

Rolda de Prensa S.O.S. Sanidade Pública (Audio: Inácio Caranza / Loc. Antonio).

*audio completo aquí


Francisco Gil, portavoz comarcal de Queremos Galego no “Faladoiro de FilispiM” (Pequeno Monstro).


Apresentaçom do livro “Passa-montanhas” de Sechu Sende e improvisaçom reguefeira. Associaçom Cultural Artábria (Silvia Bogo).


Concentración Antifascista na Praza do Concello xoves 27 ás 19:00h. Convoca AVANTE LGBT+ Ferrolterra.


Xornadas de portas abertas no Conservatorio profesional de música Xan Viaño de Ferrol (Ana Fabaloba).


Buscam-se urgente novos inimigos de Ocidente!! (Edu Comochoconto).


Diálogo de Novas, Vivir en soidade. (Inácio Caranza / Lupe).


“O PATRONATO DE PROTECCIÓN Á MULLER (1941-1985)”

Espazo de control e represión das mulleres. Asociación Cultural Fuco Buxán.

Despedimos con música. Fermín Muguruza prepara un Akelarre Antifeixista para o vindeiro 15 de marzo en Compostela.

26 fevereiro, 2025

Rolda de prensa S.O.S. Sanidade Pública (25/2/2025, Compostela)

S.O.S. Sanidade Pública
 

Audio tirado da rolda de prensa ofrecida por S.O.S. Sanidade Pública o martes 25 de febreiro de 2025 en Compostela.

Toma de son: Inacio / Edición: Informativos Rádio FilispiM.

19 fevereiro, 2025

Informativos da Rádio FilispiM 20/02/2025

Informativos da Rádio FilispiM 20/02/2025. - 

Sumario:

  • Celia Fernández fai un chamamento á participación no ciclo de cultura democrática “Cóntamo ti” coa temática “Defende a galega” que se realizará o próximo venres 21 de febreiro ás 19:30 h. no Centro Cívico de Canido. Esta palestra contará coa presenza dos xornalistas Raquel Lema e Alfonso Hermida.

  • A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática informa do acto institucional de descubrimento da placa de denominación da Avenida do mar Rafael Pillado o próximo venres 21 de febreiro ás 17:30 h.

  • Edu Comochoconto, da Radio Raposeira, envíanos un resumo da rolda de imprensa sobre o julgado das detidas no Burger King o 6 de outubro de 2024 en Compostela, durante a manifestación de apoio a Palestina.

  • Noticias dialogadas con Lupe e Inacio: dialogan sobre a apresentaçom do livro “Memorial e monumento ás vítimas do franquismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal”. 

  • Inácio Caranza envíanos o audio coa intervención de Pepe Cunha, o voceiro da plataforma “Queremos Galego” lido na ruada en Ferrol do pasado sábado 15 de febreiro.

  • A plataforma “Queremos galego” de Narón convida á ruada pola lingua marcada para o sábado 22 de febreiro ás 17:30 h. na praza da Gándara en Narón.

  • Axenda cultural:

  • A Sociedade Cultural Medulio organiza un espectáculo musical baseado na obra de Rosalía de Castro o vindeiro 22 de febreiro ás 18:00 h. na capela do Torrente Ballester. Música a cargo de Emma López Laudenbach, Nélida Santiago Sánchez e Xoam Padím. Informa Xoam Padím.

  • Joaquin Enriquez promove a terceira edición do certame “O Talentiño 2025”. 

  • Lupe Cés convídanos ao cozido caranceiro o domingo día 2 de marzo. 

  • André PequenoMonstro recomenda a festa de Entroido organizada polo Concello de San Sadurniño o venres 28 de febreiro.

  • No Centro Social Artábria o día 21 de febreiro chega Peter Punk co espectáculo “Con lingua própia”; o día 22 a partir das 13 h. hai festa rachada na sesón vermute do colectivo Pogo de Senhoras. Nesta festa haberá caldo da Glória , a música estará a cargo de Atómica DJ e ainda se fará costumización de camisolas. O domingo 23 iremos todas á manifestación pelo galego en Santiago de Compostela. Informa Silvia Bogo.

Condución/edición: Jorge Mirancos

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

06 fevereiro, 2025

Informativo, 6/2/2025

Boletín informativo da FilispiM, 6/2/2025

SUMARIO:

- Noticias Dialogadas. Lupe e Inacio fálannos da nova axuda fake da Xunta de Galiza, un capítulo máis do servizo de propaganda do Partido Popular.

- Comunicado Galiza Anti-OTAN. O noso compañeiro Comochoconto, da Radio Raposeira, fáise eco dunha convocatoria co gallo do famoso referendum da OTAN en 1996. Unha Xornada Galega contra a OTAN e pola paz mundial prevista para o 12 de marzo en toda Galiza.

- Nace "O Faladoiro", un novo programa realizado polas persoas integrantes e colaboradoras do Colectivo Opaíí-Rádio FilispiM. O noso compañeiro Vicente cóntanos os detalles desta iniciativa, informativa, comunitaria e participativa.

- Presentación do xogo "Feminismos no Tempo". Sexta feira 7 de febreiro as 7:30 pm no local da Asociación Artábria en Esteiro, nolo conta Xorxe Mirancos.

- Ciclo de Cultura Democrática, "Cóntamo ti", organizado pola Asociación de Veciñanza de Canido e Colectivo Muiño do Vento. Venres 21 de febreiro ás 7:30 pm no CC de Canido. Abrirán esta nova edición xornalistas da CRTVG que sofren a intromisión política do seu traballo informativo. Nolo conta Celia Fernández.

- A Escola Universitaria de Enxeñaría de Ferrol xunta o venres 7 de febreiro a máis de 20 firmas no seu I Encontro con Empresas. A xornada inclúe dúas mesas redondas: "Retos para as Enxeñarías 2030" e "Hai vida máis aló das grandes empresas".

- O autor ferrolán Marcos Mella convídanos a acudir á presentación da reedición de 300 Meses. Hotel La Torre do Lago (Valdoviño), venres 7 de febreiro ás 7:00 pm. Haberá música e sinatura de exemplares do CD.

- Despedimos con tralla. Ghorxa, unha banda ferrolá, entre a sicodélia, o grunge e outras herbas, que acaba de lanzar un novo traballo resultado dunha sesión de directos. Ferror Records, que vén de cumprir 10 anos, publica o artefacto.

Condución/edición: equipa informativos


30 janeiro, 2025

Informativo, 30/01/25


Informativos de Rádio FilispiM, 30/01/2025

Sumario:
  • Decreto Ómnibus AntiOkupa, por Edu Comochoconto.
  • Celia Fernández infórmanos sobre a nova edición do ciclo de cultura democrática Contamo Ti!, no CC de Canido. 

  • Ana Lucecú lémbranos a charla coloquio O Colapso 50 anos dos limites do decrecemento no Ateneo Ferrolán. 
  • Lupe e Inacio dialogan ao respecto da saída recente dos buques da armada dende Ferrol.

    Políticas de Paz ou Guerra?

  • Concentración, salarios e pensións dignas este sábado 1 ás 12 no Cantón, convoca Traballadorxs Pensionistas.
  • Queremos Galego lanza unha nova manifestación para o día 23 de Febreiro baixo o lema Lingua Vital Xa!

  • Gala youtubeiras+ no Pazo da Cultura de Narón o Sabado 1.
  • Sr Salvaje na Sala Room o venres 7 de Febreiro.

22 janeiro, 2025

Informativos da Rádio FilispiM 23/01/2025

Informativos da Rádio FilispiM 23/01/2025

Sumario:

- A A.C. Memoria Histórica Democrática anuncia os atos a celebrar en Narón o día 27 de xaneiro (Día Mundial das víctimas do Holocausto).

- A A.C. Memoria Histórica Democrática organiza un ato de lembranza e oferta floral a Amada Garcia, os seus sete compañeiros e a todas as víctimas da ditaduta tamém no día 27 de xaneiro no Castelo de San Felipe

- André PequenoMonstro convídanos a participar no Obradoiro de Educación Sexual para Familias. Este obradoiro será impartido por Susana Iglesias (Matrona) no Polideportivo Municipal de Cedeira o sábado 25 de xaneiro.

- “Maus tempos para a información libre”, con Edu Comochoconto da Radio Raposeira.

- Ana Lucecú convídanos a participar na charla/coloquio co xeólogo e investigador Oscar Pazos no Ateneu Ferrolán o día 31 de xaneiro baixo o título “O colapso – 50 anos dos límites do crecemento”. Organiza a Rede Decrecemento Eo-Navia/Galiza/O Berzo.

- A Asociación para a Custodia do Bosque Atlantico Bétula organiza un roteiro nas Fragas do Eume o sábado 25 de xaneiro.

- Inácio Caranza envíanos o audio co comunicado lido na concentración en solidariedade co povo palestino no pasado luns 20 de xaneiro.

- Inácio Caranza envíanos unha curta reportaxe gravada na concentración do pasado día 22 de xaneiro contra a convalidación do Decreto que regula a Xubilación Parcial.Un novo recorte no Sistema Público de Pensións.

- Axenda:

- No Centro Social Artábria o día 23 de xaneiro temos unha nova sesión do clube de leitura co libro “Galaicofobia” de Alexandre Peres Vigo e o día 24 temos unha nova sesión do Obradoiro de construción de Xigantes e Cabezudos.

-  Concerto da fadista portuguesa Lina no Auditorio Cine Alovi n' As Pontes o día 31 de xaneiro.

-  A Agrupación Instrutiva de Caamouco (en Ares) organiza a festa de San Vicente, o patrón daquela parróquia, con rock, callos e propostas infantís. O sábado 25 celébrase o Callos&Rock coa banda Cranio e o domingo 26 terá lugar o baile infantil, con xogos e distintas actividades.

Condución/edición: Jorge Mirancos

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]