Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador barrio. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador barrio. Mostrar todas as postagens

14 outubro, 2018

UNHA TARDE NO MUÍÑO PROGRAMA Nº 23


LUNS 8 OUTUBRO 2018.
Sintonía e presentación da nova sección, Polo correo do Vento, que estará dedicada a información e suxestións arredor do Muíño do Vento.
Noticias do Barrio Alto , sección na que Roberto Taboada informou do premio recibido pola Asociación Veciñal. Premio outorgado polo Concello ao programa de actividades desenvoltas en Cidade Alegre.
Antonio, Rubén e Manuel, compoñentes de Ferrolterra Antiga, continuando as súas investigacións sobre a historia de Ferrol, presentando a Francisco Suárez García.
Chus Prieto adianta a programación e actividade teatrais que se van desenvolver na Comarca durante esta quincena. E reflexiona sobre o valor da palabra, cerne do teatro. E logo a palabra en mestura coa música , reforzando o valor desta. Recitado de poema de Rosalía e logo a música e a palabra na voz de Adriano Correia.
Outro Mundo é posible, nova sección que presenta Rafa Rodríguez .Ocasión para louvar ao mestre Dº Luís Rodríguez Calvo, que tivo  destino durante moitos anos no Colexio de Canido. Estiveron como convidados Dani e María, fillo e nora de Dº Luís.
Despedida e a Bela Muiñeira.

09 dezembro, 2017

UNHA TARDE NO MUÍÑO

Programa Nº 6. Luns 4 de decembro de 2017

Escoitando Barrio Alto, interpretado por Carlos do Carmo, comeza a emisión do programa, para dar paso a Roberto Taboada, presidente da Asociación Veciñal que informa sobre as novas que estes días están pasando en Canido. Salientar as referencias ao pasamento do antigo presidente da Asociación de Veciños, Sr. Prego e tamén o resumo do emotivo acto, homenaxe a Antón Varela con motivo da inauguración do monumento e nomeamento do parque que agora leva o seu nome. 

Libros, creadores e lectores foi o cerne do faladoiro da segunda parte do programa. Como invitados participaron Antón Cortizas, Henrique Dacosta e Rafa Aguirrebengoa.
Debate de Antón e Henrique arredor do proceso de creación dunha obra literaria. O autor diante da folla en branco , os motivos que levan á dedicación de escribir, os premios, o sentimento íntimo diante da obra rematada, os autores e as influencias externas… Voaron palabras de dous recoñecidos autores de Canido con obras universais.

E logo a recreación que da obra do creador fai o lector. Rafa achegounos ao amor que sempre sentiu polos libros e as súas lecturas, dende o Julio Verne da súa infancia ata os miles de libros que hoxe le e coida con agarimo. Tamén informa Rafa da biblioteca que  están formando en Muíño do Vento. Biblioteca feita con doazóns e coa especificidade de ter preto de dous mil libros en galego ou con temática relativa a Galicia. Esta Biblioteca pasará a formar parte, xunto cos fondos que aporte a Asociación Veciñal, dunha única  Biblioteca de Canido.
George Moustaqui despediu o programa nº 6.

UNHA TARDE NO MUÍÑO

Programa Nº 2. Luns 9 de outubro de 2017

Programación arredor do Urbanismo que contou coa presencia de Roberto Taboada, presidente da Asociación Veciñal de Canido, María Fernández Lemos, Concelleira de Urbanismo en Ferrol, Juan Ares Gondell, enxeñeiro Industrial de Urbanismo no Concello de Ferrol e Andrés Santalla, profesor do IES Canido e coñecedor e divulgador da figura de Tonucci. Presenta Roberto Taboada as novas actividades que se están a realizar na Asociación Veciñal e pásase ao debate sobre Urbanismo.

Dende unha visión das novas tendencias no urbanismo universal, pasando polo urbanismo en Galicia e Ferrol, ata chegarmos ao debate arredor do urbanismo no barrio de Canido. Da necesidade de achegar o urbanismo as novas tendencias internacionais, de aplicar en Galicia as medidas necesarias para a corrección de desfeitas urbanísticas, das apostas sobre un urbanismo ferrolán que sen esmorecer no pasado teime por un urbanismo do noso século, ata as propostas para o barrio de Canido (comunicación que permita mobilidade e encontro do barrio co Centro, posibles aparcadoiros, Casa Chalé, Antiga Residencia, Centro Cívico, Rúa Celso Emilio, Novo Parque Antón Varela…). Necesidades dun Barrio que necesita dun novo Plan Urbanístico continuador do Urban.

Presentación do Camiños Escolares e a necesidade de incluír esta proposta nunha nova visión urbanística centrada nunha Cidade para os Nenos.

Na Rúa do Silenzo, Alalá das Mariñas, Os meninos de Huambo (con recitado de Magdalena, alumna do IES Canido) formaron o acompañamento musical deste programa.



07 maio, 2017

FilispiM Vai a Canido o 5 de Maio de 2017


Escoita o programa de radio ao vivo no que contamos con asociacións e persoas que viven e teñen o seu centro de actividades neste barrio mítico da cidade de Ferrol, Canido.


O Venres 5 de Maio ás 18:00h no vestíbulo do Centro Cívico de Canido, falamos con representantes da A.V.V., da Asoc. Muiño do Vento, con persoas que levan toda a súa vida no Barrio e persoas que chegaron doutras partes e quedaron en Canido por amor ou por negocios, con o Clube de Montaña de Ferrol, con a SGHN, e muitas outras persoas, falamos da Festa dos maios, das meninas e novos proxectos, non o perdas.



Related Posts with Thumbnails