UNHA TARDE NO MUÍÑO
Programa Nº 4. Luns 6 de novembro de 2017
Programa que tiña como finalidade
escoitar novas ideas e novas propostas
aportadas por novos realizadores do audiovisual de Galicia e tamén
escoitar novas ideas e novas propostas dende a mocidade que hoxe está nos nosos
Institutos.
A canción Carteiro em Bicicleta de Joao Afonso foi motivadora para a
presentación dos participantes.
Para falarnos do mundo do Audiovisual galego
contamos con Brais Romero e Antón Rodríguez, realizadores e recoñecidos novos
valores do mundo audiovisual galego. O mundo da mocidade estudantil estivo
representado por Carla Mosquera, Cristina Vidal e Verónica Vázquez.
Expuxeron Brais e Antón as súas
apreciacións sobre a definición, situación,
produción,… do audiovisual no noso País. Asemade propostas sobre encontros e
festivais, a distribución, uso da Lingua e a implicación das Administracións …
Carla, Cristina e Verónica,
alumnas do IES Canido, nunha linguaxe clara e directa aportáronnos a visión
dunha xuventude vital e lonxe de estereotipos.