UNHA TARDE NO MUÍÑO
Programa Nº 3. luns 23 de outubro de 2017
Abriuse esta emisión escoitando o 1º
movemento da Sinfonía nº 2 Nas
montañas de Galicia do compositor
Andrés Gaos.
Música que, unha vez presentados
os convidados Roberto Taboada, Camilo Casal e Paulino Gasalla, serviu para
abrir os novos obradoiros de medio ambiente e historia.
Roberto Taboada
falou das novas da Asociación Veciñal de Canido,
Pasouse logo a debater entre os
presentes a situación pasada a semana anterior, cando o lume arrasou 35.000 hectáreas
dos montes galegos.
Camilo Casal continúa o obradoiro
medioambiental. Respostas a moitas preguntas sobre un tema tan actual como é o
cambio climático, causas e consecuencias.
Paulino Gasalla dende o Obradoiro de historia, achegounos a
figura de Alejandro Porto Leis e todo o laborioso proceso de investigación
arredor do que foi último Alcalde Democrático do Concello de Serantes. Traballo
de investigación que deu como resultado un documental, O segredo da Frouxeira, e
un libro Alejandro Porto Leis. Un Alcalde
para o pobo en tempos escuros, editado pola ASC Muíño do Vento.
Remate da emisión escoitando o
poema Ergueremos a Espranza de Celso
E. Ferreiro na voz de Suso Vaamonde.