UNHA TARDE NO MUÍÑO
Programa Nº 2. Luns 9 de outubro de 2017
Programación arredor do Urbanismo
que contou coa presencia de Roberto Taboada, presidente da Asociación Veciñal
de Canido, María Fernández Lemos, Concelleira de Urbanismo en Ferrol, Juan Ares
Gondell, enxeñeiro Industrial de Urbanismo no Concello de Ferrol e Andrés
Santalla, profesor do IES Canido e coñecedor e divulgador da figura de Tonucci. Presenta Roberto Taboada as novas
actividades que se están a realizar na Asociación Veciñal e pásase ao debate
sobre Urbanismo.
Dende unha visión das novas
tendencias no urbanismo universal, pasando polo urbanismo en Galicia e Ferrol,
ata chegarmos ao debate arredor do urbanismo no barrio de Canido. Da necesidade
de achegar o urbanismo as novas tendencias internacionais, de aplicar en
Galicia as medidas necesarias para a corrección de desfeitas urbanísticas, das
apostas sobre un urbanismo ferrolán que sen esmorecer no pasado teime por un
urbanismo do noso século, ata as propostas para o barrio de Canido (comunicación
que permita mobilidade e encontro do barrio co Centro, posibles aparcadoiros,
Casa Chalé, Antiga Residencia, Centro Cívico, Rúa Celso Emilio, Novo Parque
Antón Varela…). Necesidades dun Barrio que necesita dun novo Plan Urbanístico
continuador do Urban.
Presentación do Camiños Escolares
e a necesidade de incluír esta proposta nunha nova visión urbanística centrada
nunha Cidade para os Nenos.
Na Rúa do Silenzo, Alalá das Mariñas, Os meninos de Huambo (con
recitado de Magdalena, alumna do IES Canido) formaron o acompañamento musical
deste programa.
Nenhum comentário:
Postar um comentário