CONSPIRANDO POR UNHA RADIO LIBRE, este xoves en Canido.
Este xoves 29 de marzo, o Colectivo Opaii! – Rádio FilispiM celebrará a X edición do “Conspirando por unha radio libre” coa actuación de Oscar Fojo, compositor e letrista de “El Viejo Caracol” , “Blah!” e integrante das míticas bandas locais: Zinza, Morecegos, Retobato e Os Derradeiros. Actualmente, ultima a gravación do seu primeiro disco en solitario, “De ventos e lúas”.
Dende as 12:00 do mediodía, a radio libre e comunitaria de Trasancos apresentará a toda a comunidade o seu novo estudio no Centro Cívico do bairro alto de Ferrol, Canido. Ademáis, no transcurso do festival haberá radio ao vivo con entrevistas, photocol, sorteo de camisolas de Rádio FilispiM e riquísimos petiscos...
Se ben o “Conspirando” se emitirá no 93.9 da FM, o Colectivo Opaii! convida a todas a sumarse á festa da radio libre no Centro Cívico de Canido.
Rádio FilispiM, nacida libre.
--
Audio promo X Conspirando:
Evento en facebook: https://www.facebook.com/events/283659278838270/
Colabora na autoxestión de Rádio FilispiM: Triodos Bank, ES06-1491-0001-2120-2936-2023. Titular: Colectivo OPAíí!! [Ondas Para Activación Información Independente - Rádio Filispim].
Nenhum comentário:
Postar um comentário