Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Unha tarde no muiño. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Unha tarde no muiño. Mostrar todas as postagens

28 outubro, 2018

Unha tarde no Muiño. Programa nº25

Luns 22 outubro 2018.

Información de Roberto Taboada sobre o desenvolvemento de Destapa Canido. Xornada exitosa coa presenza de artistas que encheron de vida e animación as rúas. Tamén información sobre contactos co Concello que deron como resultado o compromiso da próxima colocación do biombo no espazo dedicado á Radio .

Información do Muíño en Polo correo do Vento.

A sección A nosa Historia foi dedicada a lembrar a figura de Vicente Peña Terrasa. Emotivo recordo do avó feito por Pin Patiño, neta de Vicente. Logo análise histórico feito polos compoñentes de Ferrolterra Antiga.

Chus Prieto, Teatro do Muíño, presentou e entrevistou a Paula Morado.

Rafa Rodríguez en Outro mundo é posible, fai unha defensa da Sanidade pública e presenta as medidas necesarias para a mellora desta Sanidade.

Das wander….

14 outubro, 2018

UNHA TARDE NO MUÍÑO PROGRAMA Nº 23


LUNS 8 OUTUBRO 2018.
Sintonía e presentación da nova sección, Polo correo do Vento, que estará dedicada a información e suxestións arredor do Muíño do Vento.
Noticias do Barrio Alto , sección na que Roberto Taboada informou do premio recibido pola Asociación Veciñal. Premio outorgado polo Concello ao programa de actividades desenvoltas en Cidade Alegre.
Antonio, Rubén e Manuel, compoñentes de Ferrolterra Antiga, continuando as súas investigacións sobre a historia de Ferrol, presentando a Francisco Suárez García.
Chus Prieto adianta a programación e actividade teatrais que se van desenvolver na Comarca durante esta quincena. E reflexiona sobre o valor da palabra, cerne do teatro. E logo a palabra en mestura coa música , reforzando o valor desta. Recitado de poema de Rosalía e logo a música e a palabra na voz de Adriano Correia.
Outro Mundo é posible, nova sección que presenta Rafa Rodríguez .Ocasión para louvar ao mestre Dº Luís Rodríguez Calvo, que tivo  destino durante moitos anos no Colexio de Canido. Estiveron como convidados Dani e María, fillo e nora de Dº Luís.
Despedida e a Bela Muiñeira.

Related Posts with Thumbnails