Pesquisar neste blog

Mostrando postagens com marcador Tren. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Tren. Mostrar todas as postagens

01 dezembro, 2025

Informativo semanal da FilispiM, 1/12/2025


SUMARIO, 1/12/2025

  • Milleiros de persoas das Comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal marcharon unidas "Polo Dereito ao Tren" o pasado domingo 30 de novembro. Informa pequenomonstro.
  • Cadrando co Día Internacional en Solidariedade con Palestina, do pasado 29 de novembro, o Colectivo Sanidade Galega con Palestina vén de asinar un manifesto. Informa Edu Comochoconto.
  • Noticias Dialogadas. Lupe e Inacio contan como determinados programas de radio normalizan nas súas tertulias o militarismo, o armamentismo, as políticas de guerra, mesmo a volta do servizo militar obrigatorio no Estado español. 
  • Minarias que assasinan. Unha realidade do noso tempo. Edu Comochoconto.
  • Na máquina do tempo filispiniana ao Día Mundial da SIDA de hai 17 anos, cando nas ondas da FilispiM conversábamos con Carlos Varela, activista a prol dos dereitos das persoas con VIH e, na altura, compañeiro da FilispiM co seu espazo DIAGNOSTICO POSITIVO. Carlos deixounos en outubro de 2017 aos 44 anos de idade. Hoxe lembraremos del. Documenta: André pequenomonstro.

AXENDA.

"As Invisibles", obra de teatro protagonizada por 10 mulleres e producida na Casa da Muller de Ferrol, preséntase o 21 de decembro no Centro Cívico de Caranza. Nolo conta Anita Kpasa.

Falaremos do Ciclo de Cinema "Non Deixemos de Mirar a Palestina", no Ateneo Ferrolán.

Tamén das 36 Xornadas de Teatro Afeccionado, organizadas pola Sociedade Amigas da Paisaxe de O Seixo en Mugardos.

Despediremos cunha peza. Familia Caamagno presenta "De paseo en Portugal", primeiro single do Lp que abrirá o ano 2026 da banda que fai 15 anos sobre os cenarios.

Condución /edición: André pequenomonstro.-

Equipa redación filispiniana.


24 novembro, 2025

Informativo semanal da FilispiM, 24/11/2025

Informativo semanal Rádio FilispiM, 24 /11/2025 

Sumario: 

  • “O negocio das innecesarias mascarillas”. Edu Comochoconto, opinión. 
  • Novas da A.C. Memoria Histórica Democrática. Informa Fer Ocampo. 
  • O Foro Cidadán Polo Ferrocarril. Ferroterra, Eume e Ortegal, convócanos a todas á manifestación do 30 de novembro, ás 12:00 h, na Estación de Tren de Ferrol. 
  •  Noticias Dialogadas. Vai de Libros! “A Guerra a Leste. Oito meses no Donbass” (Bruno Amaral de Carvalho). Por Lupe e Inacio. 
  •  O programa producido en Rádio FilispiM "Universo Nosso" do Colectivo Brincarmos, acada o primeiro premio ao "Mellor Podcast" na 1ª Edición do Festival de Podcast de EMUGA. Informa Pequenomonstro. 
  • 25 de Novembro: Día Internacional Contra a Violencia Machista. Concentración na praza da Gándara de Narón, ás 19:00 h. Convoca a Marcha Mundial de Mulleres. Informa Chelo Carballal. 
  • Estrea de "As invisibles", obra de teatro protagonizada dez mulleres e unha colaboración especial, producida na Casa da Muller de Ferrol. Informa Anita Kpasa. 
  •  O cine Dúplex de Ferrol, en colaboración co colectivo “Ferrol con Palestina”, organiza un pase especial da película “A Voz de Hind Rajab”. Domingo 30 de novembro, ás 19.30 h. Haberá presentación e coloquio co médico palestino Amir Ismail. Informa Ana Lucecú. 
  • Apresentaçom da “Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina", de Ilan Pappé. Conversa con Carlos Aymerich. O 28 de novembro, ás 20:00 h, no CS Artábria. Informa Silvia Bogo 
  •  Chamada á participación na manifestación: “Por un trem para a nossa comarca do século XXI”. 30 nov. ás 12:00 h na estaçom de trem de Ferrol. Por Silvia Bogo. 
  • Peza musical de CHEKAN. Banda de Latin Rock 70s que actuará o vindeiro 28 de novembro, ás 23.30h, na sala Urania de Ferrol. Entrada. 10€ 

Condución/edición: Ana Lucecú / Redación filispina de informativos.- Participa! 

informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

30 abril, 2025

Un tren do século XXI para Ferrol (24/04/2025, Ferrol)


Un tren do século XXI para Ferrol.

O Foro cidadán polo ferrocarril, constituido por entidades e asociacións de Ferrol, Eume e Ortegal, no marco das actividades a prol da modernización do ferrocarril, e das liñas Ferrol-Coruña e Ferrol-Ribadeo, organizou o pasado xoves 24 de abril de 2025, no Salón de Actos do antigo Hospicio de Ferrol, a palestra titulada: "UN TREN DO SÉCULO XXI PARA FERROL" 

Presenta: Alexandre Carrodeguas.
Intervén: Miguel Pazón Otón, profesor titular da Universidade de Santiago.

Toma de son: Rádio FilispiM, 93.9 FM, libre e comunitaria de Ferrol (Galiza)

02 abril, 2025

O Ferrocarril (que está por vir e non chega) - Parte I

 Palestra de Xoán Vásquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico, no Ateneo Ferrolán o día 01 de abril de 2025.  Organizada polo "Foro Cidadán polo Tren"






Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]