Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador cunhas. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador cunhas. Mostrar todas as postagens

04 abril, 2017

IX Conspirando por umha Rádio Livre - Cunha Promo

Este Joves 13 de Abril, ven celebrar com nós a novena ediçom do Conspirando por umha Rádio Livre.
Participa na autogestiom da livre e comunitária da Terra de Trasancos e do Ateneo Ferrolán, vindo á Sessiom Vermú que celebraremos no Ateneo a partir das 12 do meiodia, com a actuaçom de Eugenia Sanmartín.
Já à noite, a isso das 10h., na sala Super8, disfrutaremos do clássico concerto "Conspirando por umha Rádio Livre" com as actruaçons do grupo de "música Surf" KANALOAS e o de "Rap&Roll" SOKRAM.
Lembra, este Joves 13 de Abril, toca conspirar por umha rádio livre, Rádio FilispiM.

10 março, 2017

"Cuarta Mostra de Documentais en Galego" do Ateneo Ferrolán

Cunha PROMO da "Cuarta Mostra de Documentais en Galego" do Ateneo Ferrolán.


Unha vez máis, o ATENEO FERROLÁN na súa aposta polo audiovisual organiza a IV MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO. Mostra que naceu no 2011 como plataforma para impulsar e difundir os documentais en galego.

Neste ano os documentais seleccionados son os seguintes:
  1. 15 anos da Fundaçom Artábria. O documentário. [37']
    Gravado no ano 2014 e editado no 2016. Este documental é un proxecto colectivo e amósanos a historia da Fundaçom Artábria durante os seus primeiros quince anos de vida.

  2. O Moredo. A resistencia do Entroido Ribeirao. [28']
    Gravado no ano 2016 e dirixido por David Vázquez. O documental lévanos ao Entroido Ribeirao, unha festa ancestral que se celebra na parroquia de Santiago de Arriba en Chantada (Lugo). O documental trata da súa resistencia no tempo, xa que primeiro tivo que loitar contra a opresión da ditadura e a igrexa e na actualidade contra o despoboamento que sofre o rural no interior de Galicia. Antes celebrábase en moitas parroquias das ribeiras chantadinas pero na actualidade só resiste no Moredo.

  3. Rádio Filispim. 10 anos de rádio libre e comunitaria. [34']
    Gravado no ano 2016 baixo a dirección de Óscar Quant e coa colaboración de Xende López na producción e de Juanpa Ameneiros na gravación e na edición. O documental recolle os dez primeiros anos de historia da Rádio Filispim, a Radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite no 93.9 da FM.
Esta IV MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO DO ATENEO FERROLÁN decorrerá o vindeiro xoves 23 de marzo de 2017 ás 19 horas no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán e a entrada será de balde.


13 fevereiro, 2017

FilispiM Vai á Libreria Rosetta o Venres 17 de Febreiro de 2017

Este venres 17 de febreiro ás 18:00 h. terá lugar unha nova edición do "FilispIm Vai", unha iniciativa do colectivo Opaíí-Rádio FilispiM para achegar esta emisora libre e comunitaria da comarca de Trasancos a distintos centros educativos, entidades sociais e puntos culturais da súa contorna.

Desta vez gravarase o programa ao vivo na Librería Rosetta, sita no número 69 da Rúa Magdalena, coa participación de xente de editoras, librarías, historiadores, coleccionistas ... e a música ao vivo dos Weather Undergrund.

A emisión do programa será ao día seguinte, ás 19h., a través do 93.9 do dial da FM e vía streaming en: http://opaii.blogspot.com

Grazas pola difusión,

A asemblea do Colectivo Opaíí-Rádio FilispiM.



17 janeiro, 2017

Concentración unitaria en Ferrolterra na Acción Internacional contra o CETA - 21-01-2017


CUNHA PARA A CONCENTRACIÓN UNITARIA EN FERROLTERRA NA ACCIÓN INTERNACIONAL CONTRA O CETA.
SÁBADO 21 DE XANEIRO

NO CANTÓN DE FERROL (NAS INMEDIACIÓNS DO PALCO DA MÚSICA)
ÁS 12 DO MEDIODÍA

#STOPCETA
NON Á DITADURA DAS CORPORACIÓNS TRANSNACIONAIS
NA DEFENSA DOS POBOS E DO MEDIO AMBIENTE!




Co obxectivo de participar na convocatoria internacional contra o tratado de comercio e investimentos entre a Unión Europea e Canadá (CETA - Tratado Económico e Comercial entre a Unión Europea e Canadá) que está convocada para o sábado 21 de xaneiro de 2017. Tratado que está previsto que se debata no Parlamento Europeo a principios de febreiro e que no caso de que se aprobe, repetirían-se os debates nos diferentes parlamentos estatais, mesmo sería bon que se levara na Galiza aos diferentes concellos e ao Parlamento Galego, para crear un debate popular máis xeneralizado, mais iso depende dos partidos políticos e dos seus intereses.

O CETA é un tratado, no cal a modo de exemplo, de estar en vigor afectaría de cheo na nosa economía e ao noso poder de decisión. Todos lembramos o asunto da Mina de Corcoesto (Cabana de Bergantiños) onde a empresa Edgewater (que aínda non renunciou definitivamente), de capital canadense quería explotar unha mina de ouro destruíndo montes enteiros e enchendo as nosa augas e ríos de cianuro mercurio. Pois ao rexeitar o proxecto a compañía mineira podería esixir unha indenización multimillonaria e sen someterse aos tribunais ordinarios de xustiza (neste momento ten que lixitar no Tribunal Internacional da Haya onde pide sobre 20 millóns). O CETA prevee un sistema de resolución de conflitos inversor-estado (ICS) de acceso exclusivo aos inversores estranxeiros.

O CETA, como o TTIP e o TISA, non son tratados beneficiosos para as clase traballadora e o resto das clases populares, tanto de Europa, como de USAmérica ou Canada, só benefician a grandes corporacións transnacionais que impoñen os seus criterios para que os estados lexislen no seu beneficio, a cambio de transsacións comerciais ou investimentos que na maioría dos casos son moi prexudiciais para os pobos e o medio ambiente.

15 dezembro, 2016

Cunha #aPobrezaEnerxeticaMata

Cunha chamando á manifestación do 21 de decembro de 2016 en Ferrol para denunciar que a Pobreza Enerxética Mata. Con saída ás 7 da tarde da Praza Amada García (diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia).
  • Temos dereito a LUZ, AUGA e GAS!
  • Ferrolterra polo dereito á suministración básica á poboación!
  • Por unha auditoría pública e cidadán ao sector enerxético!
  • Non aos cortes!
Mobilización contra a pobreza enerxética e a denuncia do oligopolio electrico.

12 abril, 2016

IV Xornada sobre o maltrato á infancia e á adolescencia de AGAMME


AGAMME, A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores en colaboración com o Concello de Ferrol e o Ateneo Ferrolán, organiza este Venres 15 de Abril, a partir das cinco da tarde no Ateneo Ferrolán as súas IV Xornadas sobre o maltrato á infancia e á adolescencia.

Analizarán o impacto sobre os dereitos das vítimas menores de idade que supón o novo marco normativo de infancia.

INTERVIRÁN:
  • A Psicóloga Sonia Vaccaro, experta en vitimoloxía e avaliación do testemuño infantil.
  • O profesor de dereito Penal da Universidade da Coruña José Antonio Ramos, investigador das modificacións do Código Penal en materia de violencia sexual contra menores de idade.
  • A Psicóloga Clínica Felisa Balboa que nos falará da súa experiencia como traballadora no Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller do Concello de Vigo, especialmente no relativo aos dereitos da infancia en casos de violencia de xénero.

22 junho, 2013

XIII Sesión Vermú do Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM, fin de grelha 2012/2013.


XIII Sessiom Vermú do Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM coa que, como vem sendo habitual, finalizaremos a tempada radiofónica filispiniana 2012/2013. Haverá música, petiscos, rádio ao vivo e bom ambiente... nom sabemos se haverá neve, mais podes vir investigar na traseira do Mercado de Caranza. Vai ser o sábado 22 de junho de 2013 a partir das 12:00 h

Actuarán:
· Rubén Artabe (https://www.facebook.com/RubenArtabe)
· Carancereteir@s
· Miriam, directamente do certame A Mocidade coa Lingua 2013.

Vem a neve e tráete umha amig@, ficará flashead@!!!


11 fevereiro, 2013

Stop-Desafiuzamentos de Ferrol Terra, da Rede de Apoio Mutuo, convoca unha manifestación en Ferrol

  Ás 12 do mediodía, do Sábado 16 de Febreiro, desde a Praza Amada Garcíoa (Diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia).

Polo dereito á vivenda. Contra o xenocidio financeiro, sinalamos aos responsábeis e esiximos dación en pago retroactiva, aluguer social e stop desahucios xa!

Hoxe continuamos camiñando para defender e esixir o dereito á vivenda, un dereito fundamental sistemáticamente vulnerado no noso país. As Plataformas de Afectados pola Hipoteca denunciamos a situación dramática á que se condena a vivir a miles de familias que non poden pagar a hipoteca ou o aluguer, que se ven desafiuzadas ou ameazadas de desafiuzamento, vítimas dunha estafa hipotecaria, da vulneración extrema do dereito á vivenda por parte das entidades financeiras, avaladas polos diferentes gobernos que polo de agora, se alternan na Moncloa.

16 junho, 2012

XII Sesión Vermú do Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM, fin de grelha 2011/2012

XII SESIÓN VERMÚ do Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM.

O vindeiro sábado 16 de xuño o Colectivo Opaií! – Rádio FilispiM, levará a cabo a súa XII Sesión Vermúdende as 12:00 até as 15:00h, na traseira do Mercado de Caranza en Ferrol.

Como xa é tradicional, durante a XII Sesión Vermú deste sábado, se emitirá un programa de radio especial, coas voces de todos os programas desta grella  e a actuación do grupo folc da comarca Alén de Ancos, que participará na vindeira edición do Festival de Ortigueira. Non faltarán os clásicos petiscos filispinianos para acompañar o delicioso vermú, e mesmo a  presentación das novas camisolas de Rádio FilispiM.

Durante o programa especial, os 22 programas de produzón propia que se emitiron na grella 2011/2012, avaliarán como ten sido o curso radiofónico, que agora remata.

Outros 15 programas de produzón allea, [podcast independentes ou mesmo doutras radios libres de Galiza, do Estado e do mundo, ademáis dos contrainformativos  Más Voces e Democracy Now]completaron a programación da radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Caranza. Así, máis de 37 espazos radiofónicos diferentes se emitiron semalmente na grella 2011/2012 de Rádio FilispiM.

Canto a produzón propia, a programas xa consolidados coma "Diagnóstico Positivo", "O Recuncho", "Divertimento para pequenos monstros", "Atenta!", "Sin Fronteras", "O Souto", "Chocolate por la noticia",  "Leña Dura DF", "Caleidoscopio", "Aquilo que vibra", ou "O Programa do Colectivo Opaíí!", sumáronse outros novos, até completar un total de 22 programas de produzón propia: "Música, surf y medioambiente", "En Tránsito", "Ferrolterrap", "A Fábrica da Luz", "La Hora de la Almádena", "O Pinchacarneiro", "Sonido Emergente" ou "Harmónicos nas Ondas".

As temáticas dos programas de produzón propia foron ben diversas: medio ambiente, surf, músicas alternativas, saúde, SIDA, contrainformación, literatura xuveníl, permacultura, inmigración, feminismo... A implicación coa Rádio FilispiM,  dos colectivos da comarca e persoas radio-apaixoadas da comunicación libre e comunitaria, ten crecido exponencialmente nesta grella. 

Por outra banda, o Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, contou esta grella coas súas primeiras e propias Aulas de Formación en Técnicas de Rádio-difusión básicas, co fin de mellorar a cualidade dos espazos radiofónicos que se emiten.

Rádio FilispiM, é unha radio do Terceiro Sector da Comunicación autoxestionada, sen ánimo de lucro e que non emite ningún tipo de publicidade, e que transmite dende agosto de 2005 para a nosa Comarca no 93.9 FM e para todo o mundo vía streamingen: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg
Grazas pola difusión; ficades convidadas a un Vermú!                      
Evento no facebook, comparte!          

14 maio, 2012

Áulas de formación sobre técnicas de radio-difusión básicas, en Rádio FilispiM.


Áulas de formación sobre técnicas de radio-difusión básicas, en Rádio FilispiM. 

Unha das demandas da Asemblea do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM é a de formarnos en técnicas de radio-difusión básicas que nos permitan mellorar, canto a realización das nosas propostas radiofónicas. Por outra banda, está o feito, non menos importante, de contarmos cun Manual de estilo e forma propio.
  
Esta formación non pretende a “profesionalización” de Rádio FilispiM,  se trata de unificar criterios e correxir aquelas éivas que arrastramos programación tras programación, ademáis de rachar cos prexuizos que das emisoras libres e comunitarias poidan derivarse.
  
Esta formación será sempre aberta a posibilidade de revisión ou ampliación, sen renunciar a súa natureza: o fomento da radiodifusión libre e comunitaria, a reivindicación da liberdade de expresión e o dereito a comunicación, coma un dereito humano fundamental. 

Participa das actividades formativas do Colectivo Opaii!. Fai parte das áulas de formación sobre técnicas de radio-difusión básicas, en Rádio FilispiM. Infórmate en: filispina@gmail.com

Cunha promo: elaborada polas persoas asistentes ao Curso de Técnicas de radio-difusión básicas de Rádio FilispiM.

29 março, 2012

Programa Especial Filispiniano cubrindo a Folga Xeral do 29M


Programa Especial Filispiniano cubrindo a Folga Xeral o Xoves 29 de Marzo a partir das 8:30h. no 93.9 da FM trasanqueira.

Podes seguir-nos também no Twitter @filispina939 ou também polo Facebook e vía STREAMING, para todo o mundo en: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg


Audio CUNHA do programa especial Rádio Filispim, Folga Xeral, 29M [2012]

Ir a descargar

1ª Parte do AUDIO resumo ESPECIAL FOLGA XERAL 29M, donde ouvimos MILHEIROS de VOZES da comarca e pulsamos o que acontecía noutras vilas do país e do estado, ao través de dúplex radiofónicos con Rádio Klara de Valencia, Radio ELA de Madrid e Cuac FM de Corunha.

Ir a descargar

2º Parte do AUDIO resumo ESPECIAL FOLGA XERAL 29M,

Ir a descargar
Related Posts with Thumbnails