Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

17 janeiro, 2017

Concentración unitaria en Ferrolterra na Acción Internacional contra o CETA - 21-01-2017


CUNHA PARA A CONCENTRACIÓN UNITARIA EN FERROLTERRA NA ACCIÓN INTERNACIONAL CONTRA O CETA.
SÁBADO 21 DE XANEIRO

NO CANTÓN DE FERROL (NAS INMEDIACIÓNS DO PALCO DA MÚSICA)
ÁS 12 DO MEDIODÍA

#STOPCETA
NON Á DITADURA DAS CORPORACIÓNS TRANSNACIONAIS
NA DEFENSA DOS POBOS E DO MEDIO AMBIENTE!




Co obxectivo de participar na convocatoria internacional contra o tratado de comercio e investimentos entre a Unión Europea e Canadá (CETA - Tratado Económico e Comercial entre a Unión Europea e Canadá) que está convocada para o sábado 21 de xaneiro de 2017. Tratado que está previsto que se debata no Parlamento Europeo a principios de febreiro e que no caso de que se aprobe, repetirían-se os debates nos diferentes parlamentos estatais, mesmo sería bon que se levara na Galiza aos diferentes concellos e ao Parlamento Galego, para crear un debate popular máis xeneralizado, mais iso depende dos partidos políticos e dos seus intereses.

O CETA é un tratado, no cal a modo de exemplo, de estar en vigor afectaría de cheo na nosa economía e ao noso poder de decisión. Todos lembramos o asunto da Mina de Corcoesto (Cabana de Bergantiños) onde a empresa Edgewater (que aínda non renunciou definitivamente), de capital canadense quería explotar unha mina de ouro destruíndo montes enteiros e enchendo as nosa augas e ríos de cianuro mercurio. Pois ao rexeitar o proxecto a compañía mineira podería esixir unha indenización multimillonaria e sen someterse aos tribunais ordinarios de xustiza (neste momento ten que lixitar no Tribunal Internacional da Haya onde pide sobre 20 millóns). O CETA prevee un sistema de resolución de conflitos inversor-estado (ICS) de acceso exclusivo aos inversores estranxeiros.

O CETA, como o TTIP e o TISA, non son tratados beneficiosos para as clase traballadora e o resto das clases populares, tanto de Europa, como de USAmérica ou Canada, só benefician a grandes corporacións transnacionais que impoñen os seus criterios para que os estados lexislen no seu beneficio, a cambio de transsacións comerciais ou investimentos que na maioría dos casos son moi prexudiciais para os pobos e o medio ambiente.





COMUNICADO

O Tratado Económico e Comercial entre a Unión Europea e Canadá, (CETA polas súas siglas en inglés), e tamén coñecido como o "TTIP canadiense", polos súas similitudes con ese acordo, atópase na fase final do seu proceso de ratificación.

O CETA estivo a piques de quedar bloqueado no Consello Europeo pola negativa do Parlamento da rexión belga de Valonia a dar o visto bo á súa aprobación, pero finalmente as numerosas presións internacionais forzaron aos belgas a aceptar o tratado.

O próximo 24 de xaneiro o CETA será votado na Comisión de Comercio Internacional (INTA) do Parlamento Europeo; a Campaña NON ao TTIP, CETA, TiSA, así como moitas outras campañas europeas, convoca mobilizacións en todo o territorio o día 21 de xaneiro para incidir sobre a votación do Tratado en febreiro.

Na seguinte fase do proceso, a última antes da súa aplicación provisional, o acordo na súa totalidade (sen posibilidade de engadir enmendas) será votado no pleno do Parlamento Europeo, nos primeiros días de febreiro. En caso de ser ratificado, amplas seccións do tratado comezarían a aplicarse provisionalmente, de forma previa á ratificación final por parte dos distintos parlamentos estatais.

O CETA foi cuestionado por amplos sectores da sociedade civil, tanto na Unión Europea como en Canadá por non ofrecer garantías respecto da protección do medio ambiente e os dereitos fundamentais das persoas. Na Unión Europea, máis de 3,5 millóns de persoas asinaron unha petición en contra do CETA e o seu tratado gemelo, o TTIP, que negocian Estados Unidos e a Unión Europea.

Malia que varios anexos e "declaracións interpretativas" foron engadidas ao CETA a posteriori para tratar de sumar apoios, estes textos non modifican sustancialmente o acordo, que continúa presentando numerosos problemas:

O CETA autorizaría a miles de corporacións a demandar aos gobernos por adoptar medidas lexítimas e non discriminatorias para a protección da poboación e do planeta a través dun sistema de resolución de conflitos inversor-estado (ICS) de acceso exclusivo aos inversores estranxeiros. Un auténtico sistema legal paralelo ao que as corporacións poden acudir para defender os seus dereitos eludindo os tribunais existentes, e ao que nin as organizacións da sociedade civil nin as empresas nacionais teñen acceso.

Nun neto contraste cos dereitos das corporacións, as provisiovisión do CETA en canto a dereitos laborais e desenvolvemento sostíbel non poden ser efectivamente reforzadas mediante sancións e quedan-se en declaracións ocas que non equilibran outros capítulos do tratado que afectan aos dereitos das traballadoras e traballadores, ou á protección do medio ambiente.

O CETA limita seriamente a capacidade dos gobernos para crear, expandir e regular os servizos públicos, para revertir liberalizacións e privatizacións fracasadas.

O CETA fai que Canadá e a Unión Europea sexan máis vulnerábeis ás crises financeiras posto que se producirá unha maior liberalización dos mercados financeiros.

Un estudo independente dos impactos económicos do CETA predice que se perderán postos de traballo tanto na Unión Europea como en Canadá, e que os pequenos beneficios do tratado seran fundamentalmente para os donos do capital, co consiguiente aumento da desigualdade.

O CETA podería aumentar o custo das prescripcións de medicamentos e impactaría negativamente en dereitos fundamentais como o dereito á privacidade e á protección de datos. Tamén limitaría a capacidade tanto da Unión Europea como de Canadá de actuar contra patentes excesivas.

As normas do CETA en canto a cooperación reguladora e ás regulacións nacionais poñerán obstáculos adicionais ás regulacións e reforzarán o papel dos lobbistas corporativos nos procesos de elaboración das políticas, socavando potencialmente a adopción de políticas de interese publico.

En ambos lados do Atlántico, o CETA expoñería ás agricultoras a unha presións competitivas que minarían o seu modo de vida, obstruiría as políticas de compra pública de alimentos locais, e ameazaría os estándares de produción e procesamiento de alimentos, facendo imposíbel o desenvolvemento dunha agricultura sostíbel.

As medidas de precaución para protexer aos consumidores, á saúde pública e ao medio ambiente poden ser postas en cuestión polo CETA, xa que nin no texto nin nas declaracións anexas se protexe explícitamente o do principio de precaución na política regulatoria europea.

STOP CETA !
NA DEFENSA DOS POBOS E DO MEDIO AMBIENTE !

Colectivos que polo de agora convocan:
(Aberto á incorporación de máis colectivos)
Actualizada 16.01.2016 23:58

- A REVOLTA DE TRASANCOS COLECTIVO SOCIOCULTURAL.
- ASOCIACIÓN GALEGA CONTRA O MALTRATO A MENORES - AGAMME.
- BLOQUE NACIONALISTA GALEGO -BNG.
- DECIDE EN COMÚN.
- ESQUERDA UNIDA -EU.
- FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN.
- FUCO BUXÁN A.C.
- FUNDAÇOM ARTÁBRIA.
- GRUPO DE CONSUMO FONTE DA UZ.
- LIGANDO.
- MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES.
- MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA.
- MUIÑO DO VENTO ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL.
- STOP DESAFIUZAMENTOS DA REDE DE APOIO MUTUO DE FERROLTERRA.

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails